miércoles, 20 de octubre de 2010

ÚLTIMAS NOVAS ADESTRAMENTO


A Dirección Deportiva  do Club de Atletismo Millaraio decidiu modificalo adestramento do Primeiro Grupo (os nados a partir do 2002) do sábado 23 de outubro.

Como premio o bo inicio da tempada 2010/2011, os/as socios/as do Primeiro Grupo levaran a cabo o seu primeiro adestramento na pista de atletismo do Campus Universitario.

Polo tanto, os/as socios/as do Primeiro Grupo e do Segundo Grupo, quedan todos/as convocados/as para adestrar o sábado 23 de outubro ás 12:00 h. na pista de Atletismo do Campus Universitario de Santiago.

Esta convocatoria non modifica as datas, horas e lugares dos adestramanetos habituais. De tódolos xeitos, estade atentos o blog e o correo polas posibles variacións que poidan xurdir cos adestramentos.

Unha aperta.

XI Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

O domingo 24 de outubro celébrase a XI Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, a partir das 11:00h.

A Saída e a Meta estarán situadas no Paseo Fluvial de Bertamiráns.

As categorías, percorrido e hora de saída son:

Prebenxamín / 2003 e posteriores / 500 m. / 11:00 h.
Benxamín / 2001 e 2002 / 500 m. /11:10 h.
Alevín / 1999 e 2000 / 1.500 m. / 11:20 h.
Infantil / 1997 e 1998 / 2.500 m. / 11:35 h.
Cadete / 1995 e 1996 / 2.500 m. / 11:35 h.

Premios: trofeo aos 3 primeiros de cada categoria, masculinos e femininos.

Máis información

Todolos/as socios/as do Club de Atletismo Millaraio están apuntados a dita carreira a ser considera de interese polo club, ademáis dito día farase a foto oficial da tempada 2010/2011.

Unha aperta da Xunta Directiva e esperamos veros a todos/as o día da carreira.

jueves, 7 de octubre de 2010

MODIFICACIÓN ADESTRAMENTO SEGUNDO GRUPO

Indicarlles os/as socios/as do segundo grupo de adestramento que a partir do vindeiro sábado 9 de outubro, dito día incluido, os adestramentos comezarán ás 12:00 e non ás 13:00 nas pistas do Campus Universitario de Santiago de Compostela.

Polo tanto quedades todos/as convocados/as os sábados a partir das 12:00 nas pistas do Campus Universitario de Santiago de Compostela.

Unha aperta da Xunta Directiva  

viernes, 1 de octubre de 2010

ADESTRAMENTOS MES DE OUTUBRO

Comenza o mes de outubro e empeza a normalidade cos adestramentos. Como xa sabedes, agora haberá dous grupos en función da idade, polo tanto a convocatoria para os adestramentos queda da seguinte forma:
 
Primeiro Grupo. Os/as máis pequenos/as ou nados a partir do 2002, están convocados para adestrar os sábados ás 13:00 na nave que ten o concello no Polígono do Milladoiro.
 
Segundo Grupo. Os/as maiores de 9 anos ou nados no 2001 ou anterior, están convocados para adestrar os sábados ás 13:00 nas pistas do campus Universitario de Santiago e os mércores ás 18:00 na nave que ten o concello no Polígono do Milladoiro.
 
Unha aperta da Xunta Directiva