lunes, 30 de mayo de 2011

REMATE DO PRAZO DE RENOVACIÓN DE SOCIOS/AS

Informar a tódolos/as socios/as do Club Atletismo Millaraio de que o prazo de renovacións remata o día 31 de maio de 2011. A partir de dita data, todo socio/a que non fixera a renovación pederá dita condición e non  disporá dos dereitos outorgados.

Ánimo, todos/as aqueles/as que todavía non renováchedes facedeo para seguir disfrutando do atletismo co Clube de Atletismo Millaraio.

Unha aperta da Xunta Directiva. 

viernes, 27 de mayo de 2011

CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA AIRE LIBRE

O sábado dia 28 maio, nas pistas da Malata en Ferrol terá lugar o Campionato Galego Cadete en pista. A cita ofrece a oportunidade dos atletas de gañarse unha praza para asistir coa Selección Galega de tomará parte no próximo Campionato de España de Federacións na localidade de Valladolid do 10 ao 12 de Xuño.

O Clube de Atletismo Millaraio estará representado nesta ocasión polos irmáns Antón e Francisco López Bermúdez, os cales participarán nas seguintes probas:

- 100 metros lisos.
- 100 metros valados.
- Triple salto.





lunes, 23 de mayo de 2011

"CITIUS, ALTIUS, FORTIUS"

Dende o pasado día  9 de abril de 2011, a Federación Galega de Atletismo está a retransmitir un programa semanal nas canles TVG2 e VTelevision. O nome do programa é "Citius, Altius, Fortius" e está dedicado única e exclusivamente o atletismo.

Adxúntase a ligazón a un dos capítulos do programa.


Podese encontrar máis información na web da Federación Galega de Atletismo


MOI BOS RESULTADOS NO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR INDIVIDUAL E PROBAS COMBINADAS INFANTIL

O Sábado día 21 de maio de 2011 tivo lugar nas pistas de atletismo de Monterrei (Ourense) o Campionato Galego Individual e Probas Combinadas Infantil, onde os nosos/as atletas obtiveron uns excelentes resultados nas súas probas.

O igual que no pasado Campionato de Pista cuberta, volveuse a conseguir dous novos podiums dos nosos atletas. Os postos acadados por cada un dos nosos/atletas foron:

- Andrea González García: 3º posto en Tetratlon Feminino
- Irene Ibáñez Cocera: 6º posto en Tetratlon Feminino
- Martín Fernández Hermida: 4º posto en Tetratlon Masculino
- Nicolas Rodrgíguez Cadarso De La Peña: 5º posto en Tetratlon Masculino
- Brandán Candal Blanco: 7º posto en Tetratlon Masculino
- Samuel Huesca Briceño: 3º en 80 metros lisos e 11º en Salto de Altura
- Bruno Barrio Nieves: 10º posto en 3.000 metros lisos

Na seguinte ligazón pódense consultalos resultados do campionato:


¡¡¡PARABÉNS A TODOS/AS POLA VOSA PARTIPACIÓN NO CAMPIONATO E POLOS RESULTADOS ACADADOS!!!

martes, 17 de mayo de 2011

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR INDIVIDUAL E PROBAS COMBINADAS INFANTIL

O vindeiro Sábado día 21 de maio de 2011 terá lugar nas pistas de atletismo de Monterrei (Ourense) o Campionato Galego Individual e Probas Combinadas Infantil.

O Club de Atletismo Millaraio contará coa presencia dos seguintes atletas:

- Andrea González García
- Irene Ibáñez Cocera
- Nicolas Rodrgíguez Cadarso De La Peña
- Brandán Candal Blanco
- Samuel Huesca Briceño
- Martín Fernández Hermida

Todos ele competirán no Campionato de Probas Combinadas a excepción de Samuel que competirá en Salto de Altura e en 80 m. lisos.

Tamén está preinscrito, a espera da respesca por tempos, Bruno Barrio Nieves na carreira de 3000 metros lisos.

O longo da semana xa vos iremos dando máis información dos horarios das probas.