martes, 22 de marzo de 2011

Convocatoria Adestramento Prebenxamíns

O vindeiro sábado día 26 de marzo de 2011, os prebenxamíns están convocados para adestrar ás 13:00 h. na nave do Polígono do Milladoiro.

Non faltedes, contamos con todos.

jueves, 17 de marzo de 2011

Campionato Galego Infantil, Alevin e Benxamin en pista cuberta

A Federación Galega de Atletismo publicou hoxe, mércores 16 de marzo, os horarios das probas e as listaxes dos atletas incritos para o Campionato Galego Infantil, Alevín e Benxamín en Pista Cuberta.

Podedes consultalos na sequinte ligazón:


Aproveitamos para recordavos que tódolos/as atletas, clube de atletismo Millaraio, teñen de prazo ata o vindeiro Venres día 18 de marzo ás 14:00 h para anular a súa inscrición. Para que sexa efectiva é necesario o envio dun escrito, firmado polo respresentante do atleta, xustificando a anulación da inscrición a conta de inscricions.millaraio@gmail.com 

Un saúdo
Directiva Millaraio

martes, 15 de marzo de 2011

CARREIRA/ANDAINA SOLIDARIA "CORREMOS POLOS DEMAIS, E TI?"

A Carreira/Andaina Solidaria "Corremos polos demáis, e tí?" - CÁRITAS Milladoiro, organizada por MillaRaio, celebrarase o 3  de abril no Milladorio. MillaRaio conta coa colaboración do Concello de Ames e co control técnico da Delegación de Atletismo de Santiago (Federación Galega de Atletismo) para o correcto desenvolvemento deste acto de solidariedade. 

A Directiva de MillaRaio está a concretar os detalles finais da carreira e o seu regulamento que publicaremos nos próximos días. Tamén traballan para conseguir patrocinadores para a carreira e animan aos socios/as do club que desexen votar unha man a poñerse en contacto coa Dirección. 

PARABÉNS A HUGO RODRÍGUEZ ABEL

O pasado Sábado 12 de marzo, celebrouse en Pereiro de Aguiar (Ourense) o Campionato Galego de Cross en idade escolar. O Clube de Atletismo Millaraio estivo representado por Hugo Rodríguez Abel que acadou a 34º posición na categoría Alevín masculino.

¡¡¡Parabéns Hugo!!!

sábado, 5 de marzo de 2011

AXENDA DO CLUBE PARA O MES DE MARZO

A Dirección Deportiva do Club de Atletismo Millaraio elaborou unha axenda de adestramentos e calendario de competicións para o mes de Marzo. A continuación amósase o calendario:

-          Mércores 9 de Marzo de 2011: Pola festividade do Entroido a nave do Polígono estará pechada e non haberá adestramento.
-          Sábado 12 de Marzo de 2011: Adestramento conxunto do Grupo 1 e Grupo 2 nas pistas de Atletismo da USC as 11:30 para categoria infantil e Cadete e ás 12:00 para os demais. A Dirección Deportiva fará una xornada de competición interna, incluíndo diversas probas de atletismo con previsión de término as 13:30.
-          Domingo 13 de Marzo de 2011: Campionato Galego Absoluto, Junior e Promesa  de 10.000 metros en Pista. Dito Campionato celebrarase nas pistas de Atletismo de Noia. Conxúntamente realizarase un control de marcas onde participarán os atletas de categoria cadete.
-          Mércores 16 de Marzo de 2011: Adestramento do Grupo 2 na nave do Polígono do Milladoiro.
-          Sábado 19 de Marzo de 2011: Campionato Galego Benxamín, Alevín, Infantil de pista Cuberta. Terá lugar no Pazo de Deportes de Riazor na Coruña en xornada de mañá e tarde.
Prégase confirmar asistencia, por parte dos socios,  a dito campionato como moi tarde o xoves  10 de marzo na seguinte dirección de correo inscricions.millaraio@gmail.com
-          Mércores 23 de Marzo de 2011: Adestramento do Grupo 2 na nave do Polígono do Milladoiro.
-          Sábado 26 de marzo de 2011: Fase zonal de Atletismo Escolar en Pista (Xogade) en Santiago de Compostela. Os pre-benxamins terán adestramento nas pistas de atletismo de 12:00 a 13:00.
-          Mércores 30 de Marzo de 2011: Adestramento do Grupo 2 na nave do Polígono do Milladoiro.
Nas seguintes ligazóns podese consultar os horarios e as probas dos campionatos mencionados na axenda agás o da Fase zonal do 26 de marzo, do cal todavía non dispoñemos d información.
Un saúdo,
A Dirección Deportiva

viernes, 4 de marzo de 2011

ADESTRAMENTO MÉRCORES 9 DE MARZO


Aviso para tódolos socios/as de que o vindeiro Mércores, día 9 de Marzo, non haberá adestramento. Polo tanto quedan tódolos/as socios/as convocados para o adestramento do vindeiro Sábado 12 de Marzo ás  12:00 nas Pistas do Campus Universitario de Santiago de Compostela.

RECORDATORIO AXENDA SÁBADO 5 DE MARZO

Aviso a tódolos/as socios/as de que o vindeiro sábado día 5 de marzo non haberá adestramento. En vez do adestramento indicarvos de que estades todos/as convocados (tódolos/as atletas están inscritos polo clube) para a IX Carreira Popular Concello de Padrón.

A carreira comezará ás 16:00, do sábado 5 de marzo, no Paseo do Espolón en Padrón. Na seguinte ligazón pódese consultar os horarios das carreiras.


Unha aperta
A Xunta Directiva