martes, 17 de mayo de 2011

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR INDIVIDUAL E PROBAS COMBINADAS INFANTIL

O vindeiro Sábado día 21 de maio de 2011 terá lugar nas pistas de atletismo de Monterrei (Ourense) o Campionato Galego Individual e Probas Combinadas Infantil.

O Club de Atletismo Millaraio contará coa presencia dos seguintes atletas:

- Andrea González García
- Irene Ibáñez Cocera
- Nicolas Rodrgíguez Cadarso De La Peña
- Brandán Candal Blanco
- Samuel Huesca Briceño
- Martín Fernández Hermida

Todos ele competirán no Campionato de Probas Combinadas a excepción de Samuel que competirá en Salto de Altura e en 80 m. lisos.

Tamén está preinscrito, a espera da respesca por tempos, Bruno Barrio Nieves na carreira de 3000 metros lisos.

O longo da semana xa vos iremos dando máis información dos horarios das probas.

lunes, 4 de abril de 2011

Campionato Escolar Atletismo en Pista - Zonal Santiago - Noia (2)

O Sábado 9 de abril de 2011 terá lugar nas pistas da Pobra do Caramiñal o Campionato Escolar de Atletismo en Pista - Aonal Santiago - Noia (2), en xornada de mañá e de tarde.

Para dito campionato están convocados os/as atletas das categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Recordarvos de que debedes confirmar co adestrador (Juan Pablo) as probas nas que desexades participar no adestramento do vindeiro mércores 6 de abril.

Adxúntase o horario das probas.

Clasificacións da II Carreira Solidaria Axuda a Cáritas - Milladoiro

Xa podedes consultar a clasificación da Carreira n a seguinte ligazón

Resultados Carreira Solidaria

jueves, 24 de marzo de 2011

Percorrido da Carreira Solidaria Axuda a Cáritas - Milladoiro


O percorrido da Carreira Solidaria Axuda a Cáritas - Milladoiro é o mesmo que o do ano pasado.
distancia das probas para cada categoría e os horarios son:
11:00 h. Prebenxamín e anteriores/ 300 m (1 volta ao párking) 
11:15 h. Benxamín e Alevín/ 1000 m (2 voltas A) 
11:30 h. Infantil e Cadete/ 1400 m (volta A+B)
12:00 h. Xuvenil-Junior, Promesa-Senior e Veteráns/ 5000 m (2 voltas C)
12:00 h. Andaina/ 1500 m (1 volta D) 

Presentación Oficial da II CARREIRA SOLIDARIA AXUDA A CÁRITAS - Milladoiro “Corremos polos demais, e ti?”

O vindeiro Venres 25 de marzo de 2011 ás 20:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura do Milladoiro, terá lugar a presentación oficial da Carreira - Andaina Solidaria Axuda a CÁRITAS - Milladoiro.

Ademáis haberá unha charla informativa baixo o título "A acción de Cáritas no Milladoiro" a cargo dos responsables de Cáritas.


miércoles, 23 de marzo de 2011

Primeiro Campionato en Pista Cuberta para o Clube de Atletismo Millaraio

O pasado Domingo día 20 de marzo, houbo unha festa do atletismo no Palacio dos Deportes da Coruña onde se deron cita as categorias benxamin,alevin e infantil. A cantidade de nenos congregados na dobre xornada asi como adestradores e familiares deron unha cor especial ao evento.

Para moitos dos participantes era a primera vez que competian en pista cuberta e gozaron do atletismo, ademáis foi a primeira participación do Clube de Atletismo Millaraio nun Campionato de Pista Cuberta.

O Clube de Atletismo Millaraio estivo respresentado por un total de 23 atletas repartidos nas diferentes probas e categorías. Dende aquí, felicitalos/as a todos/as pola súa participación no Campionato. A lista dos nenos que representarón ó clube foron:

ANTON NOGUEIRA GONZALEZ  50 metros lisos
BRANDAN CANDAL BLANCO  Salto de altura
HUGO GONZALEZ OLIVEIRA  50 metros lisos e 500 metros lisos
HUGO RODRIGUEZ ABEL  500 metros lisos e Salto de Lonxitude
IAGO FUENTES GARCIA   1000 metros lisos 
JACOBO NOGUEIRA COLMEIRO 500 metros lisos
JAIME FERRO VILAS  500 metros lisos
MARTIN FERNANDEZ HERMIDA  50 metros lisos
MATEO GARCIA ANEIROS  50 metros lisos
MATEO MUÑOZ OREIRO  Salto de altura
MATEO RAINDO VAZQUEZ  500 metros lisos
NICOLAS RODRIGUEZ CADARSO DE LA P  Salto de altura
PABLO FERNANDEZ HERMIDA  Salto de lonxitude
PABLO NOGUEIRA GONZALEZ   Peso 3 Kg
PABLO SOUTO GARCIA    Salto de lonxitude
SAMUEL HUESCA BRICEÑO  50 metros lisos
AIDA RAINDO VAZQUEZ  50 metros lisos
ANDREA GONZALEZ GARCIA Salto de lonxitude
FATIMA DELL BLANCO  500 metros lisos e Salto de Lonxitude
IRENE IBAÑEZ COCERA  50 metros lisos e 50 metros valados
LAURA CUESTA PEREIRO 500 metros lisos e Salto de Lonxitude
LAURA PAIS MOSQUERA  50 metros lisos e Salto de lonxitude
NATALIA SANCHEZ PARDO  50 metros lisos


Además da moi boa actuación de todolos/as nosos/as atletas, hai que destacar que na primeira participación nun Campionato dous dos nosos atletas acadaron unha posición no podium das súas probas. Ditos atletas foron:

- Samuel Huesca Briceño, 3º Clasificado na proba de 50 m. lisos categoría Infantil.
- Jaime Ferro Vilas, 3º Clasificado na proba de 500 m. lisos categoría Benxamín.

¡¡¡PARABÉNS A TODOS/AS POLA VOSA PARTIPACIÓN NO CAMPIONATO!!!

martes, 22 de marzo de 2011

Campionato Escolar Atletismo en Pista - Zonal Santiago - Noia (1)

O Sábado 26 de marzo de 2011 terá lugar nas pistas da Universidade de Santiago de Compostela o Campionato Escolar de Atletismo en Pista, en xornada de mañá e de tarde.

Para dito campionato están convocados os/as atletas das categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Recordarvos de que debedes confirmar co adestrador (Juan Pablo) as probas nas que desexades participar no adestramento do vindeiro mércores 23 de marzo.

Adxúntase o horario das probas.

Horarios Probas