lunes, 14 de mayo de 2012

Campionato Galego Cadete

Sábado que ven será a vez dos atletas Cadetes, pero xa nun campionato Galego, onde van a medirse con os especialistas da categoria en cada unha das probas atléticas, nas pistas da Universidade de A Coruña. Para esta competición é necesario ter unha marca mínima realizada nesta tempada. Abaixo deixamos o enlace co regulamento onde se poden consultar as marcas mínimas, os horarios e os detalles a ter e conta:

http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2031-2012.pdf

A confirmación debe ser feitano adestramento do luns ou ata o martes pola mañan, no correo millaraio@gmail.com . O plan de viaxe e os detalles serán tratados una vez se coñezan os participantes.

Millaraio Increible en Riveira!

O Club Atletismo Millaraio foi un dos protagonistas no Campionato Provincial de Atletismo Benxamín, Alevín e Infantil, disputado o pasado Sábado nas pistas de Riveira, onde o clube se presentou con 34 atletas con representantes en prácticamente todas as probas do programa.

Practicamente todos os atletas melloraron suas marcas e moitos provarón as probas combinadas por primeira vez, deixando clara a vocación do noso proxecto, que pretende que cada un poida desenvolver as mais diversas probas do atletismo! Unha proba de que vamos por bo camiño é que logramos 3 primeiros postos (de 4 posibles) e 6 medallas en total e ainda moitos postos entre os 10 primeiros!

O equipo Infantil conseguiu clasificar varios atletas para o Campionato Galego que será disputado día 26/05 en Vigo. A lista definitiva ainda non foi divulgada, pero aqueles que quedaron entre os 3 primeiros no Provincial teñen praza garantida.

O Balance final do clube foi de 13 medallas o que nos deixa moi contentos pois trátade se un campionato Provincial onde competimos con equipos con tradición de toda A Coruña, sendo ainda a segunda vez que o clube participa nos campionatos escolares e a primeira vez para moitos dos atletas.

Resultados Completos:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201112/Santiago/s120512.pdf


Noraboa a todos os atletas por dar o seu mellor e facer que Millaraio sexa cada vez mais coñecido pola calidade dos seus atletas e do seu proxecto!

lunes, 7 de mayo de 2012

Atletas Completos

Este fin de semana tieveron lugar varias competicións coa participación do Millaraio onde o Clube estivo moi ben representado!

Primeiro na Carreira de O Pino, resaltar el premio como clube con mayor participación, revalidado por 3º ano seguido e tamén a grande actuación dos nosos atletas que, mesmo preparando as citas de pista que na maioría das veces teñen pouco relación con as probas de resistencia, lograron grandes resultados! Todos presentarón melloras nas suas prestacións e as medallas ficarón a cargo de Daniel Mato e Degnesh Mato en Benxamín, Rocio Garcia en Infantil, Cristina Sanchez en Cadete y Vanessa Varela en Xuvenil.

Abaixo quedan os enlaces de RESULTADOS ESCOLARES  e CADRO DE HONRA, co resumen de premiados.

http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2012/04/RESULTADOS-ESCOLARES-O-PINO-2012.pdf

http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2012/04/CADRO-DE-HONRA-O-PINO-2012.pdf


Por outra parte, algúns dos nosos atletas se reservaron para a disputa no día seguinte do Campionato Galego de 1000m e Milla en Ruta en Padrón e ainda que non eran moitos, fixerón unha grande representación do Clube! En benxamín Pablo Diaz fichose con o bronce e Antón Gómez co 5º posto en 1000m, Vanessa Varela foi 10ª en Xuveníl e aqui tamén tubimos represantación dos atletas master do clube,  Mario Gonzalez e Joaquin Sanchez foron 5º e 6º en M45 co mesmo tempo e a debutante co club, Mabel Mougan non podía ter mellor comenzo, acadando unha medalla de bronce na categoria W40!

Resultados Completos:
 http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2012/04/Resultados2.pdf

Pero o grande recto protagonizarón dous dos nosos atletas cadetes que aceptarón o reto de facer o Criteriun Galego de Probas combinadas composto por 7 probas a realizarse en 2 dias de competición! A competición era composta por: 100m, 100m vallas, salto altura e lonxitude, lanzamento de peso e de xavalina e para finalizar 1000m.

Martin Fernández Hermida e Antón Lopez Bermudez nos deixanron moi orgullosos por seren os primeiros atletas de millaraio a facer unha proba tan completa e de que maneira!!!

Varias marcas persoais, records do clube, mínimas para campionatos galegos e a convicción de que noso proxecto vai no sentido correcto e comenza a coller os frutos do traballo de directiva, adestradores e da dedicación dos atletas e dos pais!


Noraboa a todos!

jueves, 3 de mayo de 2012

Clasificados Provincial de Pista.

Xa circularón as listas de atletas clasificados para o Campionato provincial de Atletismo en Pista a realizarse en Riveira o vindeiro sábado 12/05. Temos a mais de 50 marcas clasificadas entre as 16 millores da provincia!

 Faremos chegar as listas ao correo eletrónico dos pais dos atletas en dous formatos: Unha lista xeral, con todos os clasificados en todas as probas e outra cos clasificados de millaraio onde xa están contempladas ao final algunhas incidencias de erros que xa identificamos. Pedimos que fagan chegar calquera incidencia para que que poidamos pedir as retificacións canto antes.
Por outra banda, os alevíns e infantiles teñen no mesmo día o Campionato Provincial de Probas combinadas (Velocidade, Lonxitude e Peso para alevíns e Vallas a maiores para Infantiles). A participación nas combinadas imposibilita a participación nas probas individuales polo que temos que evaluar cal é a mellor opción en cada caso.

A prioridade do noso proxecto sempre é que aprendan e experimenten todas as probas, polo que damos preferencia sempre às combindas, pero tamén sabemos que é importante buscar a clasificación para o campionato galego, que será para os 3 primeiros do provincial e as 4 mellores marcas de todas Galicia en probas escolares.

Hai un par de semanas que estamos estudiando caso a caso e falando cos atletas para definir as mellores opcións e como outra parte importante é a dispoñibilidade, deixamos abaixo os horarios da competición para que podades consultar e comunicar posibles axustes unha vez que divulguemos as listas coas probas que fará cada atleta:

http://www.atletismogalego.com/hs120512.pdf

Para este evento teremos o Autobus à disposición e é MOI IMPORTANTE que veñan cantos mais e todos xuntos no autobús. É unha maneira de xerar grupo, de que teñan como contar sùas experiencias, de que sintan que son parte de este grande Clube que estamos construindo! Na parte deportiva, faz unha grande diferencia pois xa se lles orienta dos horarios de probas, están sen a presión de chegar alguns minutos antes da sua proba tendo tempo de facer un quecemento adecuado e tamén observan outras probas, animando aos compañeiros e aprendendo!



Tamén hai previsto para esta competición a entrega a cada deportista de unha bolsa con bocadillo, água e fruta para a comida, por parte da Secretaria de deporte da Xunta de Galicia, polo que poden comer alí e pasar o día todos xuntos nun ambiente deportivo e sano!

Un saludo!

martes, 1 de mayo de 2012

ANIMÁDEVOS CO CAMPEONATO GALEGO DE 1000 METROS E MILLA EN RUTA!

Como xa está recollido na anterior entrada, o próximo domingo pola mañá temos nada menos que un Campeonato Galego moi preto de casa e no que non precisamos mínima de participación nin eliminatorias previas para tomar parte nas finais. É o Campeonato Galego de Milla en ruta (1609 metros), que para os pequenos é Campeonato de 1000 metros en ruta.
É unha carreira que se disputa nun circuito moi axeitado na localidade de Padrón. As distancias, por suposto, están homologadas pola Federación Galega de Atletismo. Polo tanto, ainda que non sexa en pista, temos a seguridade de que a distancia é exactamente a que se anuncia e as marcas feitas serán rexistradas como marcas "oficiais" na respectiva distancia.
Estas carreiras son especialmente bonitas para ver pois podemos seguir a evolución dos atletas ó longo de todo o percorrido da carreira, que ten lugar no entorno do canal de derivación do río Sar.
É de esperar que o nivel sexa alto pois virán gran parte dos mellores atletas de Galicia na distancia en todas as categorías, tanto nenos/as como maiores. Polo tanto non vai ser doado lograr medallas para o club, pero si logramos algunha o merito será moito. De todos os xeitos, a mera participación nun evento de esta importancia xa é gratificante e unha posibilidade para medrar cada un como atleta e de facer cada día máis grande o club MillaRaio.
¡Animádevos pois a participar! Tendes o enlace para a inscrpición na anterior entrada do Blog onde tamén podédesvos inscribir á carreira do sábado pola tarde no Concello do Pino, que é unha das mellores carreiras populares que temos en Galicia... ¡E tamén moi preto de casa!

Fin de Semana de Moitas Actividades!

Agardando a continuidade da tempada de pista que terá lugar en Riveira no próximo 12/05 con o campionato Provincial de Pista (xa se coñecerán mais detalles en algúns días), o próximo fin de semana estará dedicado a eventos relacionado ao atletismo en ruta. Os atletas das categorias Infantil, Cadete e Xuvenil, terán un adestramento técnico de 12:00 a 13:00 horas nas pistas de atletismo unha vez que teñen un numero de probas moi variado sendo necesario facer alguns axutes antes do provincial.

Como xá é tradicional dende a fundación do clube, Millaraio acudirá a Carreira de O Pino con todos os seus equipos, esperando revalidar alguns titulos individuais e tamén ser a entidade que mais atletas aporte à competición. Nosa participación xa foi recoñecida polo Concello de O Pino que dedicou ao clube un premeio especial pola súa participación e o fomento do atletismo!

O evento é considerado "Carreira do Club". Todos os nosos atletas están convocados e estarán inscritos salvo aqueles que confirmen que non poden acudir, ben Rechazando a invitación enviada por email, ben enviando un mail a millaraio@gmail.com .

Pregamos confirmación de no asistencia pois somos moitos atletas e a non participación de inscritos xera costes e complicacións às organizacións!
Reglamento, Horarios e Detalles:
http://www.atletismogalego.com/hs050512.pdf


Por outra banda, no domingo día 06/05, o concello de Padrón organiza o Campionato Galego de Milla e 1000m en ruta. Tamén poden acudir os prebenxamíns que teñen unha carreira para eles.

A participación é voluntaria e aqueles que queiran inscribirse deben Confirmar asistencia na Invitación ou enviar correo a millaraio@gmail.com antes de Mércores as 17:00.

Reglamento, Horarios e Detalles:
http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2029-2012.pdf


Un saúdo!

jueves, 26 de abril de 2012

RESULTADOS COMPETICION A POBRA

Noraboa  a todolos atletas participantes na fase zonal da Pobra, o clube Millaraio acadou un grande éxito tanto en participacion coma en resultados, colocando a un bo numero de atletas no podio que podedes ver a continuación:

PRIMEIROS POSTOS:
  • ANDREA GONZALEZ, 80 m.v. infantil.
  • NICOLAS RODRIGUEZ, 80 m.v. infantil.
  • MARTIN FERNANDEZ, lonxitude cadete.
  • SAMUEL HUESCA, 100 m.l. cadete.
  • ANTON LOPEZ, 300 m.l. cadete.
  • CONSUELO QUINTANS, 3 km. marcha infantil.
SEGUNDOS POSTOS:
  • HUGO RODRIGUEZ, 80 m.v. infantil.
  • PABLO DIAZ, 1000 m.l. benxamin.
  • ANDREA GONZALEZ, lonxitude infantil.
  • NICOLAS RODRIGUEZ, 80 m.l. infantil.
  • CRISTINA SANCHEZ, 100 m.l. cadete e 300 m.v. cadete.
  • MARTIN FERNANDEZ, 100 m.l. cadete.
  •  GABRIEL MARTINEZ, pelota alevin.
  • PABLO FERNANDEZ, peso alevin.
  • HUGO GONZALEZ, altura benxamin.
  • MATEO GARCIA, lonxitude alevin e 60 ml alevin.
TERCEIROS POSTOS:
  • PABLO DIAZ, lonxitude benxamin.
  • LAURA CUESTA, 1000 m.l. alevin.
  • MIGUEL PIÑON, pelota benxamin.
  • SABELA FERRAS, 50 m.l. benxamin.
  • PABLO NOGUEIRA, peso infantil.

O resto dos resultados poderedes atopalos na seguinte dirección:
resultados A POBRA