jueves, 24 de mayo de 2012

Viaxe a Pontevedra e debut no 4x100

Mañán pola tarde teremos a participación dalgúns dos nosos atletas Cadetes e Xuvenís, nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
A expedición que viaxará a Pontevedra estará formada polos seguintes atletas:
Cadetes Masculino: Íñigo, Martín, Antón e Samuel que se estrearán no relevo 4x100 metros! 
Cadete Feminino: Cristina e Irene
Xuvenis: Vanessa e Fuco.

Recordade que os que ides deberedes estar as 18.00 na porta do Estadio da Universidade de Santiago

Desexámos que lles saia o mellor posible e que disfruten dua boa xoranada de atletismo!
Ánimo a todos!!

miércoles, 23 de mayo de 2012

Intensa actividade atlética no Fin de semna- Para todos!!!

Primeiramente recordar que o prazo para a inscripción na andaina remata o Venres e que seria moi importante para o clube ter os nosos atletas e os seus pais disfrutando xuntos neste día e mostrando a representación do clube nun evento coorganizado por nós! Tedes mais abaixo a forma de inscripción.

Antes da Andaina teremos unha serie de eventos que apontamos abaixo na orde cronolóxica:

Venres - Control para Cadetes/Xuveniles en Pontevedra.

Un vez pasados os campionatos galegos destas categorias, nosos atletas seguen en busca de mellorar as marcas e tambén terán a oportunidade de estrenar o relevo 4x100m de Millaraio. As probas se fan en xornada de tarde e non hay transporte colectivo, ainda que aqueles que queiran ir e non teñan como, poden comunicalo aos adestradores para buscar unha maneira.
A participación é voluntaria.

horarios: http://www.atletismogalego.com/hp250512.pdf


Sábado Mañan - Adestramento Todos na Pista.

Outra vez teremos adestramento nas pistas da USC para os maiores 11:00 a 12:30 e para benxamíns e prebenxamíns de 12:30 a 13:30.

Tomóuse esta decisión pola inminente participación dos Benxamíns e Alevins no seu campionato galego día 02/06. Para facilitar a programción dos pais, deixamos aqui o enlace co regulamento e os horarios, ainda que iremos facilitar mais detalles mais adiante (ao ser unha proba da federación, xa sabemos que non hai autobus nen bocadillos).

http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2035-2012.pdf


Para facilitar a comunicación das confirmacións, enviaremos unha invitación para esta cita onde bastará con confirmar ou denegar a invitación para que enviemos as inscripcións ainda que ao final a confirmación depende das marcas. (ver circular)

Sábado Tarde - Campionato Galego Infantil - Pontevedra

Terá lugar nas pistas do CGTD (centro Galego de tecnificación Deportiva) en Pontevedra e reunirá os clasificados nos provinciais individuais e de probas combinadas. Millarario tomará parte con 7 atletas en busca de facer un bo papel e quen sabe conquistar algunha medalla. Non hai autobus da organización, pero aqueles que non teñan como ir poden entrar en contacto co clube para que se lles facilite unha solución. As probas son todas no periodo da tarde e deixamos abaixo o enlace cos horarios:

http://www.atletismogalego.com/hp260512.pdf

É a maior representación do clube en un campionato Galego de Pista e algúns dos nosos parten con boas colocacións no ranking en algúns casos con boas posibilidades de pelexar polas medallas!

Ánimo a todos!!!




Un Millaraio na Seleción Galega

Despois de facerse co campionato galego e a 2ª mellor marca galega do ano na categoria cadete, o ateta Antón López Bermudez foi convocado para a seleción galega que se medirá a outras comunidades autónomas en Zaragoza no primeiro fin de semana de Xuño.


Parabéns ao atleta e aos adestradores pois vai ser a primeira participación de un atleta do Millaraio con unha seleción Galega o que consolida o clube como un proxecto de relevancia con nivel autonómico!

Que sexa a primeira de moitas!

lunes, 21 de mayo de 2012

COMIDA ANUAL DO CLUB

Semella que a tempada e o curso comezaron onte e xa está preto o seu final.
Como outros anos por estas datas o club organiza unha comida de confranternidade para atletas e familia. Este ano elexiuse o día 17 de xuño, domingo, aproveitando que é o día no que se celebra a Milla do Concello de Ames en Milladoiro.
O lugar onde terá lugar a comida é a mesma finca na que se fixo outros anos e que moitos xa coñecedes. Os que non coñezan o lugar poden preguntar a outros pais, así como aos membros da directiva.
O lugar é moi adecuado para poder pasar un bo día de lecer e poder xogar cos rapaces ao aire libre.

O menú previsto é o seguinte:

Menú Nenos:
1º Croquetas e tortilla.
2º Pasta á Boloñesa.
3º Xelados.
Prezo 6€.

Menú Adultos:
1º Ensaladilla ou tortilla.
2º Churrasco de porco, patacas e criollo.
Bebida postre e café.
Prezo 10 €.


Para inscribirse na comida tedes que mandar un correo ao presidente do club miguelbuela@gmail.com co nome do atleta e o número de nenos a de adultos que irán  en total.
Ademais nos próximos días mandarase un correo para comunicar  a conta bancaria na que teredes que facer o ingreso polo importe que corresponda e poñendo no concepto o nome do atleta e o número de nenos e adultos que asistiredes á comida.
data límite para inscibirse e facer o ingreso é o día 4 de xuño e non se aceptarán incricións con posterioridade.
No caso de ter feito o ingreso e finalmente non poder asistir, avisando con polo menos 3 días de antelación á data da comida, se devolveran o cartos ingresados.
Outros anos a experiencia foi moi agradable polo que vos animamos a todos a participar!

domingo, 20 de mayo de 2012

ANDAINA SOLIDARIA

Queremos recordar a todos que o próximo domingo día 27 de Maio temos a andaina solidaria que fora suspendida no seu día por mor da previsión de choiva.
Todo indica que o día para o que está prevista será moi bo, polo que non hai excusa para non apuntarse. Ademáis, como xa sabedes, o que se logre racadar será destinado a Cáritas de Milladoiro e de Bertamirans. Adxuntamos cartel coa información relativa a esa actividade na que o noso club é colaborador.
O DOMINGO TODOS A CAMIÑAR POR UNHA BOA CAUSA!

ÚLTIMA HORA: CAMPIONATO GALEGO CADETE

Onte no Campionato Galego Cadete nas pistas de Elviña en A Coruña os nosos atletas tiveron unha gran actuación! Pese a algunhas ausencias, os atletas que participaron seguen mostrando que son capaces de estar entre os mellores de Galicia nas súas probas.


Cristina Sánchez Pardo estivo a moi pouco de meterse na final da concorrida proba de 100m lisos, quedando coa 8ª marca, baixando unha vez mais a barreira dos 14 segundos. Tamén tomou parte na proba dos 100 m. valados, quedando 6ª na sua serie.







Martin Fernandez Hermida  (cadete de 1º año) aceptou o desafio de lanzar Xavalina, ainda que foran moi poucas as prácticas que tivemos nesta proba. Con 2 nulos non pasou á mellora impedindo que poidera chegar preto da sua marca persoal con outros 3 lanzamentos máis. Por outra parte fixo unha boa competición en lonxitude, manténdose por riba dos 5 metros (5,12m), ás portas das medallas, quedando na 4º posición.





A gran sorpresa da xornada reservóunola Antón López Bermúdez, saltando 5,54 m para facerse coa medalla de ouro na lonxitude, marca persoal e segunda mellor marca galega do ano na proba! Con esa fantástica actuación, abre as portas para ser selecionado para a seleción galega Cadete que vai disputar o Campionato de España da categoría en Zaragoza o próximo fin de semana. Antón aínda foi quen de clasificarse para a final dos 300m valados, onde acadou a 6ª posición.
É a primeira vez que un membro do Millaraio queda campión galego individual en pista o aire libre.

A participación dos nosos cadetes nesta competición déixanos moi orgullosos e con ganas de seguir traballando para que os nosos atletas teñan as mellores condicións, con confianza no noso proxecto e a seguridade de que vamos no bo camiño!

Noraboa a todos!

viernes, 18 de mayo de 2012

Inscritos Campionato Galego Cadete

Esta fin de semana disputarase en Coruña nas Pistas da UDC (Elviña) o Campionato Galego Cadete onde o noso club estará moi ben representado.
En Féminas participarán Cristina Sánchez e Irene Ibañez en 100 m.l e 600 m.l respectivamente.
En rapaces os participantes serán: Antón López en Salto de Lonxitude e 300 m.v e Martín Fernandez tamén en Salto de Lonxitude e en Lanzamento de Xavalina.
Para ver todos os inscritos acudide ó seguinte Link: 
http://www.atletismogalego.com/ISNCADETE.pdf
Para consultar o horario do campionato:
http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2031-2012.pdf
Disfrutade do Campionato e Ánimo para todos!!