domingo, 16 de septiembre de 2012

Renovación e adquisición da equipación deportiva

Todos aqueles socios que necesiten algún material deportivo poden pasarse o vindeiro Sábado 22 de Setembro as 10:30 horas polo local do club, sito na rúa Rosalía de Castro nº 47 baixo, no Milladoiro  (en frente da farmacia).

sábado, 15 de septiembre de 2012

Moi boas noticias para Milla Raio

Dende o Club de atletismo Milla-Raio queremos agradecer a Centro Dental Macía a renovación como PATROCINADOR PRINCIPAL  do club, aportandonos material deportivo, pagando parte das pistas de Atletismo,  e desplazamento de adestradores as competicions en parecida  cantidade a do ano pasado, bastante importante.

viernes, 14 de septiembre de 2012

Empresas patrocinadoras e colaboradoras


* Librerías e papelerías

     O TINTEIRO, libros de texto, material escolar, regalos.  
                         Milladoiro

* Cristalería de automoción

       GLASSDRIVE -  GRUPO AUTO VIDRIO
                         Milladoiro, Ribeira, Cee

* Restaurantes, cafeterías, cervecerías

 WWW.RESTAURANTECENTRAL.ES  Comida online        

   VAGALUME   Cafés a 0,85 €   

  BAR JOY
                                           Milladoiro 

* Cortinas e edredóns

          MAYZU. O Milladoiro

* Mascotas, animais

          CENTRO MASCOTA. O Milladoiro 

Queremos agradecer a todos os patrocinadores e colaboradores o seu apoio. Como xa sabedes, todos son importantes, pois cada un na súa media axuda a consolidar este proxecto deportivo. 

jueves, 13 de septiembre de 2012

Dúbidas e Esclarecementos - Adestramentos de Setembro

Hola a todos!

Dende a dirección técnica queremos facer algunhas consideracións con respecto a estructura que iremos ter para a vindeira tempada.

En primeiro lugar, deixar claro que a partir de outubro pretendemos que a estructura de horarios e lugares de adestramento sexa o mais estable posible e que se axuste ao máximo para dar aos nosos atletas as mellores condicións materiais e físicas de traballo.

Por outra banda está a formación de grupos onde dependemos da información do número de  dias de adestramento de cada atleta e das novas inscripcións, que ainda estamos recibindo en algunhas categorias. Ata o final de setembro teremos os grupos pechados e poderemos finalizar o proceso de axuste de adestramentos e horas, pois barallamos diferentes posibilidades.

Durante o mes de Setembro, teremos o seguinte calendario:


PRIMEIRO DÍA- SÁBADO 15/09- PABELLÓN MILLADOIRO:

Para o vindeiro sábado teremos unha sesión inicial de recoñecimento, onde os atletas farán un primeiro contacto despois das vacacións. Como os sábados xuntamos a TODOS  os atletas do clube, convén que fagamos unha separación para mellor atender a todos. Optouse por facer a separación por categorias referentes ao ano pasado ou o que ven a ser o mismo : Nados en 2002 e anteriores veñene a primeira hora as 11:00 e os nados en 2003,04,05 na segunda hora as 12:30. Para ese día entendemos pola experiencia que 1h30' de adestramento poderia ser demasiado para os segundo grupo, principalmente para os que comenzan ese ano no clube e por eso o de acabar as 13:30 esa primeira sesión.

DÍAS DE SEMANA- LÚNS E MÉRCORES - 18:30- 19:30  -PABELLÓN MILLADOIRO

Os atletas Cadetes e Xuveniles, así como os Infantiles e Alevíns que veñen 3 días a semana, xa o farán, de 18:30 a 19:30 no Pabellón de Milladoiro.

Os atletas que veñen 2 días deben vir o día que lles toca que será informado individualmente por correo eletrónico ou o día do 1º adestramento, respectando en primeiro lugar a critérios técnicos  e logo á secuencia do grupo do ano pasado e as preferencias individuais.

SÁBADOS 22 E 29/09. PABELLÓN MILLADOIRO:

- Infantíl - Cadete- Xuvenil   -  11:00 a 12:30
- Alevín - 12:00 a 13:30
- Benxamín - 12:30 a 13:30

* É moi probale que sexa este o horario definitivo de adestramentos para o curso a partir de outubro, quedando pendente apenas o lugar de adestramento dos benxamíns.


Esperamos solucionar as dúbidas e ter todos os temas pechados ata o final da vindeira semana!

Un saúdo,

Juan Pablo. Director Deportivo.

martes, 11 de septiembre de 2012

Comezamos!!!

 
Recordade que o próximo sábado 15 comenzamos os adestramentos de esta nova tempada!

Verémonos no Pabillón Municipal do Milladoiro, a carón da piscina.



Os rapaces dos anos 2002 e anteriores entrenarán de 11:00 a 12:30;

Os rapaces de 2003-2004 e 2005 de 12:30 a 13:30


É moi importante, que non esquezades de levar (se aínda non o fixestes) toda a documentación para facer efectiva a inscripción. Podedes descargar os modelos no lado dereito do noso blog.


*Ficha federativa cuberta e firmada;

*Ficha do clube cuberta e firmada;

*Autorización domiciliación bancaria cuberta e firmada;

*1 foto tamaño carnet.


Por favor non esquezades traer esta documentación pois sen ela non podemos darlle de alta no seguro e inscribir ós rapaces nas competicións.


Vémonos o sábado!!!

martes, 4 de septiembre de 2012

ACLARACIÓN ADESTRAMENTOS SETEMBRO

Para os adestramentos de Setembro, consideraremos as categorias da actual tempada ( a nova tempada ten inicio oficialmente en Novembro) por un tema de espacio e división de grupos. Polo tanto, os atletas nados en 2002 (incluído) e anteriores (2001-2000-1999....) deben vir os sábados as 11:00 e os nados en 2003-04-05 as 12:30.

No mes de outubro, unha vez teñamos os espacios das pistas e do colexio de Ventín, xa atenderemos às categorias da nova tempada e se publicarán as listas dos grupos e locales.

É moi importante que os atletas de categoria benxamín e Infantil, que teñen opción no número de días, comuniquen canto antes polo correo millaraio@gmail.com  se adestrarán 1, 2 ou 3 días, para poder axustar o número de atletas en cada grupo. Se tedes dúbidas, mirar os horarios e locales postados mais abaixo.

Un saúdo!

Material Deportivo

Unha das ventaxas que teñen os sócios do Clube é a adquisición de material deportivo específico a precios especiais e coa utilización de puntos acumulados durante a tempada (se darán a coñecer os puntos que ten cada atleta mais adiante). Dende o clube, queremos recordar que temos zapatillas de adestramento, chandales, camisetas e zapatillas de clavos no stock, polo que podedes prenguntar ao club antes de comprar calquera material.

No caso des zapatillas de clavos, dáse a facilidade de poder entregar as antigas (em bo estado) e pagar a mitade nunhas novas!  Por outra banda a nosa adestradora Paula Campanero, que está pasando unha etápa de intercambio en Australia, deixou un par de clavos ao Club, que serán entregados a algún dos nosos atletas según a talla e logo polo mérito de presencia en adestramentos e competicións!

Os que queiran facer algun pedido de material deportivo, deben dirixirse directamente ao presidente Miguel Buela por correo eletrónico:  miguelbuela@gmail.com

Un saúdo e en 10 dias comenzamos cos adestramentos!