Esta tempada encontrámonos coa nova de que
Mario Uzquiaga Escourido deixa o club.
Pensamos que moitos de vós coñecedes tamén aos seus pais
Miguel Uzquiaga e
Ángeles Escourido, pois levaban colaborando no club prácticamente dende o primeiro día en que botou a andar. De feito,
Ángeles foi a que creou este Blog e a que o encheu de contidos durante dous anos.
Miguel tamén colaborou moito co club, tanto dende a directiva como fora dela, sobre todo nos comenzos, que son as épocas mais duras.
É tamén de citar a marca que o blog, creado naqueles momentos de inicio do club, chegase este mes à marca de 30.000 visitas, servindo como medio de comunicación, información e difusión de actividades e novas sobre o atletismo!
Por todo elo MillaRaio lles quere mostrar publicamente o seu agradecemento e lamenta que cese a súa vinculación co club, confiando en que poidan voltar a incorporarse ao proxecto en vindeiras tempadas.