miércoles, 29 de septiembre de 2010

REMATE DO PRAZO DE RENOVACIÓN DE SOCIOS/AS

Informar a tódolos/as socios/as do Club Atletismo Millaraio de que o prazo de renovacións remata hoxe día 30 de setembro de 2010. A partir de dita data, todo socio/a que non fixera a renovación pederá dita condición e non  disporá dos dereitos outorgados.

Ánimo, todos/as aqueles/as que todavía non renováchedes facedeo para seguir disfrutando do atletismo co Clube de Atletismo Millaraio.

Unha aperta da Xunta Directiva. 

CARREIRAS VINDEIRO FIN DE SEMANA

Quero pedir desculpas os/as socios/as xa que non enviei o listaxe das carreiras do mes de outubro. O longo desta semana o o terdes cada un no voso correo.

Para este fin de semana, imos publicar ás carreiras no blog e estará activo o formulario de inscricións.  Dito formulario estará operativo ata dúas horas antes do peche da inscrición por parte da organización da carreira.

Esta fin de semana hai tres citas, pero debido o meu retraso os socios/as soamente poden facela inscrición na carreira "XXVIII Carreira Pedestre da Amaia", en Brión.

A proba celebraráse o vindeiro domingo 3 de outubro e o plazo de inscrición remata o venres 1 de outubro ás 14:00 h.

Categorías
A - Mixta de 7 a 9 anos
B - Mixta de 10 a 12 anos
C - Homes de 13 a 15 anos
J - Mulleres de 13 a 15 anos
Trofeos para os 3 primeiros de cada categoría e para o primeiro home e primeira muller empadroados no Concello de Brión.

Daranse camisetas a todos os participantes que cheguen a meta dentro do control. Dito control pecharase aos 40 minutos dende que se dea a saída.

Os dorsais recolleranse no posto que a organización vai colocar a tal efecto na Carballeira de Santa Minia o mesmo día da carreira antes das 10 horas. Para a súa recollida será necesario presentar o D.N.I., pasaporte ou documento que acredite a identidade do participante.

Máis Información

Inscricións Millaraio

viernes, 24 de septiembre de 2010

"CORRE CON NÓS" o sábado 25 de setembro no Milladoiro

O vindeiro sábado 25 celébrase a Festa da Mocidade no Milladoiro, onde tódolos/as mozos/as do Concello de Ames poderán gozar da música, das atraccións e das diversas actividades dentro das cales se atopa o Atletismo.

O Club de Atletismo Millaraio foi invitado polo Concello de Ames, grazas o bo traballo da Dirección Deportiva e da Directiva, para achegar a práctica do atletismo os/as mozos/as do noso concello. 

A actividade comezará ás 16:30 h no Pavillón de Deportes do Milladoiro, coa supervisión do Director Deportivo e adestradores do club, que achegarán os/as mozos/as a descubrir o atletismo. Ademáis de excplicarlle as diversas modalidades deste deporte, os/as mozos/as poderán levar a cabo a práctica de probas de velocidade, saltos, lanzamentos, etc.

Dende o Club de Atletismo Millaraio convócase a tódolos/as mozos/as a probar co atletismo e si lles gusta invitámolos a "Corre con Nós" e forma parte do club.

Unha aperta da Xunta Directiva.

domingo, 19 de septiembre de 2010

COMENZA A TEMPADA 2010/2011 NO CLUB ATLETISMO MILLARAIO

O pasado  sábado 11 de setembro, comezamos a tempada 2010 - 2011.

O horario do adestramento, o longo do mes de Setembro, é as 13:00 nas pistas a caron do Casa da Cultura do Milladoiro.

De tódolos xeitos, estade atentos o blog  e o correo, xa que a partir do mes de Outubro poderá variar o lugar  e a hora dos adestramentos.

Con respecto á xente que quera darse de alta no club, nesta páxina ten acceso os formularios de inscricións. Recordar que a inscrición non será válida senon se entregan debidamente cumplimentados os dous formularios.

Para calquera dúbida, pódense poñer en contacto có Club a través da conta de correo millaraio@yahoo.es.

Unha aperta da Xunta Directiva.

martes, 29 de junio de 2010

¡Marchamos de vacacións!


Chegou o final da tempada 2009-2010 en MillaRaio. Parecía tan lonxe aló por outubro, cando esta páxina naceu, e xa están aquí o verán e as vacacións.

Despedímonos ata setembro, mes no que comenzará a próxima tempada. Voltaremos con máis socios, novos proxectos e con forzas renovadas despois das vacacións que tan merecidas temos todos, pequenos e grandes.

Quero dar as grazas á directiva actual de MillaRaio pola confianza depositada en mín para botar a andar, durante a presente tempada, este blog. Manifestar, unha vez máis, a absoluta liberdade que me concederon tanto para escoller os temas publicados como no tratamento dos mesmos e o seu respaldo incondicional ao longo de todo o ano. Algo para mín impagable.

Agradecer tamén aos lectores e seguidores deste espazo, socios do club ou non, que fixeron posible as 18.947 visitas en nove meses de funcionamento da páxina. Grazas pola vosa confianza porque nos motiva a seguir traballando máis e mellor.

Só me queda desexarvos que pasedes un verán estupendo e non esquezades que nos vemos en setembro.

martes, 22 de junio de 2010

Carreira Popular Torre de Hércules

O domingo, 27 de xuño, celebrarase o I Trofeo conmemorativo da Declaración como Patrimonio da Humanidade, a partir das 11:30 h nas proximidades do Parque da Torre de Hércules.
Inscrición ata o mércores 23 de xuño ás 20:00.

Categorías menores 
Benxamín/2001-02/500 m/12:15 h
Alevín/1999-2000/500 m/12:20 h
Infantil e Cadete feminina/1995-1998/1000 m/12:25 h
Infantil e Cadete masculina/1995-1998/1000 m/12:35 h
Prebenxamín/posterior ó 2002/100 m/12:45 h

Entrega de dorsais e chips na zona de saída da carreira de 8:30 a 10:00 horas.
A entrega de premios realizarase na zona próxima á Torre de Hércules a partir das 13:00 horas.

domingo, 20 de junio de 2010

Carreiras na Coruña, Celanova e A Estrada

III Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma (A Coruña)
O sábado, 26 de xuño, en San Pedro de Visma (A Coruña), a partir das 18:00 h
Saída e meta nas inmediacións do Centro Cívico de San Pedro de Visma.
Recollida de dorsais o día da carreira, na zona habilitada coma secretaría no Parque de Bens.

Categorías, horarios e distancias
Biberóns/2002 e posteriores/11:55 h/100 m
Benxamíns/2000-01/11:45 h/ 300 m
Alevíns/1998-99/11:45 h/ 300 m
Infantil/1996-97/11:45 h./600 m
Resto de categorías/11:00 h/ 5.500 m 
Cadete (1994-95), Xuvenil (1992-93), Junior (1990-91), Senior, (1989 ata veteráns), Veteráns A (1969-51), Veteráns B (1950 e anteriores)

Premios: trofeo ao 1º clasificado/a e medalla ao 2º e 3º, trofeo ao corredor máis novo, ao máis veterán e á entidade que aporte máis corredores. Os participantes que crucen a liña de meta, recibirán unha camiseta conmemorativa da carreira, ata esgotar existencias. As categorías de menores tamén recibirán outros agasallos ó rematar a carreira.

VII Carreira Nocturna de Celanova
O sábado, 26 de xuño, en Celanova (Ourense).
Inscrición ata o 24 de xuño, gratuíta. 
Retirada de dorsais o sabado 26, na oficina de turismo e na saída dende as 18:00 h.
Trofeos aos primeiros clasificados nenos/as das seguintes categorías: prebenxamíns, benxamíns, alevín, cadete e xuvenil e recibirán medalla tódolos pitufiños que consigan cruzar a liña de meta.

Percorridos e categorías
Pitufos/2005-2007/100 m
Prebenxamín/2003-2004/500 m
Benxamín/2001-2002/500 m
Alevín/1999-2000/1600 m
Infantil/1997,1998/1600 m
Cadete/1995-1996/1600 m

A saída das carreiras escolares darase na Praza Maior ás 21:00 h.

I Carreira Popular Concello da Estrada
O domingo, 27 de xuño, a partir das 10:00 h na Estrada.
Saída e chegada na praza do concello. 
Inscripcións ata o 23 de Xuño. A inscripción e gratuíta.
Os dorsais poderanse recorrer ata media hora antes do comenzo da proba.

Categorías e distancias
Pitufos/3 a 5 anos/100 m
Benxamíns/6 a 8 anos/300 m
Infantís/9 a 12 anos/1 km
Cadetes/13 a 15 anos/2.5 km
Xuvenís/16 a 19 anos/6.5 km
Promesas/20 a 29 anos/6.5 km
Senior/30 a 36 anos/6.5 km
Veteráns/36 anos en diante/6.5 km

O perfíl do percorrido é casi na súa totalidade chan.
Entregaránse medallas conmemorativas a tódolos participantes nas categorías pitufos, benxamíns e infantís (non haberá trofeos para estas categorías).
Trofeo os tres primeiros por categorías e sexo.