domingo, 2 de octubre de 2011
DIAS, HORAS E LUGARES DE ADESTRAMENTO
Bos dias socios, os que leichedes onte o blog e vedes agora esta entrada co mesmo título e diferente contido, explicarvos que consideramos que era millor non colgar esa cantidade de información no blog, estando o alcance de calqueira cos nomes dos nenos e outra información. Asi xa mandamos os antigos socios un correo con eses datos e os novos pedirvos que mandedos o voso correo electrónico por e-mail o correo de Millaraio, indicando o nome dos atletas. Gracias e perdoade esta confusión que se puido causar e remitirvos o calendario por si tedes alguna dúbida
jueves, 29 de septiembre de 2011
A Competición en Edade Escolar
Texto de Juan Pablo Fernández
Director deportivo de MillaRaio
Director deportivo de MillaRaio
Doctorando en el Dep. Pscicoloxia Evolutiva. U. Vigo.
Aproveitando a ocasión do inicio da tempada e a entrada de novos atletas no clube queria recorar un texto onde farcemos unhas reflexións relacionadas à temática da COMPETICIÓN EN EDADE ESCOLAR.
A competición existe en todos os ámbitos da vida e saber convivir e interactuar con ela é moi importante para grandes e pequenos. No deporte a competición gana aínda máis protagonismo por ser unha das razóns que leva ao adestramento na busca dunha mellora en determinada proba ou tarefa. Esa competición e busca da mellora pode ser feita de diferentes xeitos, dependendo dos obxectivos e tamén do punto de comparación utilizado para medir a mellora.
O primeiro nivel de competición é o que enfronta a un consigo mesmo, buscando mellorar a execución dunha tarefa ou obxectivo de xeito individual. Este tipo de competición non ten porque gardar relación cun deporte específico, pode ser o simple reto de ir camiñar tres veces á semana para alguén que non fai actividade física algunha. Outros exemplos serían facer dez flexións de brazos seguidas, correr a carreira pedestre de Santiago enteira sen parar, ou aprender a camiñar coas máns facendo o pino... É unha competición que depende da meta que queira un acadar. Depende dun mesmo, do seu empeño e dedicación, sempre que os obxectivos propostos sexan realistas.
Noutro nivel está a competición en relación aos demais, onde a comparación dun resultado ou execución dunha tarefa se fai en relación aos resultados doutros. Este tipo de competición situa o éxito no feito de superar ou ganar aos demais. É o exemplo claro dos deportes federados, principalmente dos colectivos, onde aínda que un xogador faga o seu mellor partido e sexa o mellor do mundo no seu cometido, o equipo pode perder. No atletismo, un deporte individual, esto tamén pode pasar. Quedar 1º, 5º ou 50º depende moito de si compito cos meus veciños, cos colegas do traballo ou no campionato mundial!
O perigo está en orientar o deporte infantil na busca do resultado da competición, para ganar aos demais ou facer marcas, especialmente se o facemos cos máis pequenos. Os nenos/as non están no deporte polo resultado competitivo, senón pola diversión, as amizades e o desafío de aprender cousas novas e superarse a sí mesmos (que segue sendo competición). Rapaces e adultos, cando nos dispoñemos a facer algo, queremos facer o mellor e progresar, pero os organismos están en fases diferentes de desenvolvimento e hai que telo en conta na hora de plantexar retos e obxectivos.
No deporte infantil as expectativas e obxectivos están marcados polos adultos, moitas veces sen ter en conta tales características e necesidades dos nenos/as. En ocasións a esixencia, cantidade e frecuencia das competicións van en contra do desenvolvemento físico e psicolóxico adecuado para os nenos/as.
Pais e profesionais do deporte debemos utilizar a competición acertadamente, como un medio máis na motivación e desenvolvemento dos nenos/as. A competición non debe ser o fin específico para o que se preparan.
Rematar deixando claro que non estou en contra da competición en idade escolar. Creo que é necesario competir e que os pequenos/as teñan ganas de mellorar, xa que é unha das contribucións do deporte para a súa vida adulta. Pero os nenos/as non son maiores en versión bolsillo, teñen demandas específicas, e non se valen por si mesmos para decidir o que é mellor para eles. Correspóndenos aos adultos orientalos correctamente na competición. ISO DEPENDE TODOS DE NÓS!
Carreira de Brión
Comunicamos dende a dirección deportiva que teremos un cambio de planes respecto a participación do Clube na carreira de Brión. Tiñamos sempre a intención de que fora unha carreira de interese do Clube, pola sua proximidade e por ter nas nosas filas atletas que residen naquele concello.
A situación cambiou cando hai poucos días, coñecendo o regulamento completo da carreira, vemos que os maiores de 12 anos terían que facer a carreira de 8km cos adultos, o que é totalmente inadecuado segundo a nosa visión e filosofía de traballo.
Dada a situación, seguimos recomendando a carreira aos menores de 12 anos, pero xa sen o caracter de "carreira do clube" e polo tanto, non se apuntarán a todos os nosos atletas para non motivar a participación en unha actividade que pode ter malas repercucións a sua integridade, ainda mais estando a tempada en seu inicio. Os menores de 12 anos que queira apuntarse poden facelo por dous medios:
TELÉFONO: 981 50 99 08
PRESENCIALMENTE: na Casa da Cultura do Concello de Brión
Esperamos a vosa compreensión e que nas vindeiras edicións podamos participar unha vez que se axusten as distancias às recomendadas para cada edade.
Un saúdo e vemonos Sábado.
Juan Pablo Fernandez,
Director Deportivo.
A situación cambiou cando hai poucos días, coñecendo o regulamento completo da carreira, vemos que os maiores de 12 anos terían que facer a carreira de 8km cos adultos, o que é totalmente inadecuado segundo a nosa visión e filosofía de traballo.
Dada a situación, seguimos recomendando a carreira aos menores de 12 anos, pero xa sen o caracter de "carreira do clube" e polo tanto, non se apuntarán a todos os nosos atletas para non motivar a participación en unha actividade que pode ter malas repercucións a sua integridade, ainda mais estando a tempada en seu inicio. Os menores de 12 anos que queira apuntarse poden facelo por dous medios:
TELÉFONO: 981 50 99 08
PRESENCIALMENTE: na Casa da Cultura do Concello de Brión
Esperamos a vosa compreensión e que nas vindeiras edicións podamos participar unha vez que se axusten as distancias às recomendadas para cada edade.
Un saúdo e vemonos Sábado.
Juan Pablo Fernandez,
Director Deportivo.
martes, 27 de septiembre de 2011
ENTRENAMENTOS DO DIA 1 DE OUTUBRO
Os entrenamentos deste sábado realizaránse nas Pistas de Atletismos do Estadio da U.S.C. en todalas categorías e cos siguientes horarios.
de 12 a 13:30 os Infantís, Cadetes e Xuvenis
de 12:00 a 13:00 os Alevins
de 12:30 a 13:30 os Benxamins e Pre-benxamins.
Próximamente daremos conta dos horarios e lugares para o resto do mes de outubro. estade atentos o blog e mais o calendario.
de 12 a 13:30 os Infantís, Cadetes e Xuvenis
de 12:00 a 13:00 os Alevins
de 12:30 a 13:30 os Benxamins e Pre-benxamins.
Próximamente daremos conta dos horarios e lugares para o resto do mes de outubro. estade atentos o blog e mais o calendario.
viernes, 23 de septiembre de 2011
ENTRENAMENTO DO DIA 24
Recordar os novos socios que este dia teñen que estar un pouco antes da hora do entreno para probar as camisetas de entreno ou os chandals. Gracias
jueves, 22 de septiembre de 2011
FESTA DO DEPORTE SABADO!
Un ano mais o Clube de Atletismo Millaraio participa como colaborador da Festa do Deporte organizada polo Concello de Ames, onde daremos aos rapaces e rapazas a posibilidade de experimentar algunhas probas da modalidade deportiva que mais ten crecido no noso Concello!
As actividades serán no Pavillón Deportivo de Milladoiro e nas súas inmediacións e os rapaces que non coñecen poderán probar os salto triplo e tamén o salto en altura e a carreira de velocidade (se o tempo acompaña). Aqueles que se acheguen ás actividades tamén poderán ver o desenvolvemento dos nosos atletas que xa teñen un bo coñecemento destas probas tan técnicas e bonitas do atletismo!
Esperamos todos os que queiran probar e tamén os nosos atletas a partir das 17:00 do Sábado 24/10 para disfrutar e facer do deporte unha grande festa! Os atletas do Clube que participen ganarán o seu primeiro “Punto Milla” da tempada, que logo ponde cambiar por material deportivo.
Vémonos Sábado no Milladoiro!
miércoles, 21 de septiembre de 2011
NOVA ESTRUCTURA DOS ADESTRAMENTOS:
Xa temos practicamente todas as xestións feitas e salvo pequenos cambios puntuais os días e horarios das actividades a partir do 1 de outubro serán:
Luns :
Infantil- Cadete- Xuvenil - Pavillón de Milladoiro de 18:30 a 19:30
Mércores :
Benxamín e Alevín - Pavillón de Milladoiro de 18:30 a 19:30
Infantil- Cadete- Xuvenil – Pistas de atletismo USC de 18:15 a 19:15
Sábados:
Pre-benxamín e Benxamín – Colexio de Ventin de 13:00 a14:00
Alevin – Pistas de atletismo USC de12:00 a 13:00/13:30 (segundo opción)
Infantil- Cadete- Xuvenil – Pistas de atletismo USC de 12:00 a 13:30
Para facilitar a comprensión, deixamos abaixo as categorias por ano de nacemento para a tempada 2011/2012:
Pre-benxamín – 2005-2006
Benxamín - 2003-2004
Alevín – 2001-2002
Infantil – 1999-2000
Cadete – 1997-1998
Xuvenil – 1995-1996
Por último, pedimos que nos fagan chegar canto antes o número de días que pretenden adestrar os atletas das categorías que teñen opción: Benxamín 1 ou 2, Alevín 2h ou 2,5 h e Infantil 2 ou 3 días. Para que completemos os grupos e non quede ninguén sen praza.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)