domingo, 26 de febrero de 2012

Millaraio No Campionato Galego de Cros

O pasado Sábado disputouse en Portas (Pontevedra) o Campionato Galego Escolar de cros, pechando a tempada autonómica de cros escolar, que terá o seu campionato de España o vindeiro día 11/03 no circuito da torre de Hércules, onde participan os mellores Cadetes de cada autonomia.

O nosso clube estivo moi ben representado por dous atletas que estreaban este ano con o clube e no atletismo, enchéndonos de orgullo por levar a representación de Millaraio a unha competición entre os mellores de Galicia. Diego Alonso Campo foi o 46º colocado na categoria Alevin e Carla Castaño Garcia foi a 14ª colocada na categoria Cadete.

Parabéns aos dous!

sábado, 25 de febrero de 2012

CAMISETAS TÉRMICAS

Proximamente poranse a disposición dos atletas de Millaraio camisetas térmicas de manga larga que poderán ser canxeadas por 6 PUNTOS MILLARAIO. Tod@s aqueles que estedes interesados nestas camisetas poderedes reservalas enviando un correo electrónico a Miguel Buela á seguinte dirección:

miguelbuela@gmail.com

jueves, 23 de febrero de 2012

Noticias Millaraio

ENTREGA DE BOLSAS

No adestramento de Sábado entregaranse os vales para coller a bolsa de zapatillas. No momento de recollida da bolsa en CENTRO DEPORTIVO, cada un debe recoller un calcetín (regalo da Tenda) e unha pegatina de Millaraio, cedida polo Clube.

Algúns pais que xa recolleron a bolsa, deben falar con o presidente Miguel Buela que os fará chegar  os obsequios. Tamén deben dirixirse ao presidente todos aqueles responsables que non participaron na última reunión en Ventin para aclarar temas relacionados aos puntos Millaraio.

CAMPIONATO GALEGO DE CROS

Por outra parte felicitar a Carla Castaño e  Diego Alonso pola súa clasificación para disputar o Campionato Galego de Cros o vindeiro sábado en Portas (Pontevedra). Eles estará representando o noso Clube en ese campionato competindo con os mellores de Galicia en esa disciplina.

CARREIRA DE PADRÓN DÍA 03/03

Por último, adiantar que Millaraio, como xa é tradición, participará na carreira de Padrón (mais información: http://www.atletismogalego.com/hs030312.pdf )  que será considerada “Carreira do Clube” polo que a inscrición se realiza polo Clube e a participación suma puntos Millaraio. Rogamos aos pais que xa saben que non irán participar, comuniquen no correo do Clube millaraio@gmail.com para evitar inscricións indebidas que entorpecen os preparativos da organización das carreiras populares. Para ese día NON HABERÁ ADESTRAMENTO das categorías  Benxamín e Alevín.

lunes, 20 de febrero de 2012

Adestramento Mércores 22/02 e Sábado 25/02

O próximo Mércores día 22/02 non haverá adestramento no Pabillón do Milladoiro e todos os atletas que fán seu adestramento os mércores están convocados a ir às pistas de Atletismo de 18:15 a 19:15.

Con respecto ao Sábado teremos adestramento "Normal" onde os G1- 2002 e anteriores van às pistas de 12:00 a 13:30 e os G2- 2003/04/05 van a Ventin de 13:00 a 14:00.

Queríamos pedir desculpas por algúns mal entendidos ocasionados polos cambios que estamos introducindo no Calendario e no formato do mesmo. Somos conscientes da que as diferentes competicións, actividades e incorporación de melloras estructurais fan con que a estructura temporal de adestramentos teña pouca estabilidade.

Primeiro decir que todos os cambios atenden a melloras na calidade dos adestramentos o que nos está permitindo chegar a unha excelencia en ratios de grupos, división por categorias e oferta de actividades inovadoras. Por outra parte, algúns outros cambios son obrigados por temas de espacios, competicións ou horarios das insctacións.

Co obxectivo de mellorar a información, adxuntóuse ao calendario mais detalles en cada un dos adestramentos o que fixo con que esa información non poidera estar apenas no título de cada evento (como antes), sendo importante PINCHAR en riba de cada evento para accedera à información completa de cada adestramento ou competición.

Seguimos buscando mellorar a nosa comunicación para poder chegar a unha ferramenta óptima que permita a achega de información de manera eficaz e segura aos nosos socios, para que aproveiten ao máximo todas as oportunidades deportivas que estamos programando para esta tempada!

Un saúdo!

FESTA DO ENTROIDO AMES 2012

Hoxe celébrase no Milladoiro a Festa do Entroido do Concello de Ames. A festa comezará ás 18:00 e remtará ás 22:00 horas. Máis información na web do Concello de Ames.

sábado, 18 de febrero de 2012

BOLSA DE DEPORTES DE MILLLARAIO

Informarvos a todos que para conseguir a bolsa de deportes de Millaraio tedes que solicitar á directiva UN VALE para recollela na tenda de Centro Deportivo situada na calle San Pedro de Mezonzo en Santiago.

O custo da bolsa de deportes será de 5 puntos Millaraio, no caso de que non teñades puntos suficientes, estos serán descontados de futuras participacións en carreiras do clube, colaboración en eventos, venta de carnets de socios, etc...
En ningún caso haberá que abonar nada para retirar os vales.
Haberá 15 días de prazo para recoller a bolsa a partir da fecha de recollida dos vales.
Dentro de cada bolsa atoparedes unha pegatina de Millaraio, pegatinas que posteriormente podedes conseguir cambiando 1 punto Millaraio por 5 pegatinas.

miércoles, 15 de febrero de 2012

EMPRESAS COLABORADORAS

A tempada avanza e os nosos atletas van conseguindo éxitos, froito do traballo desenrolado polo equipo técnico e o seu propio esforzo. queremos dar as gracias a todas as empresas que colaboran co noso clube e nos permiten alcanzar as metas que nos propuxemos o principio da tempada, tendo en conta os tempos difíciles que corren para todos. moitas gracias a todas elas.
Esta é a última actualización das empresas socias colaboradoras.
MACIA
 SALVACOM
LUZETE
ANTIQUA; NOGUEIRA, GONZÁLEZ Y SÁNCHEZ-BRUNETE, ABOGADOS; GRUPO JABE INGENIERIA; V. AUTO; BAR POLÍGONO;

CAFETERIA CENTRAL; CLUB SQUASH SANTIAGO


AMBIOTEC Gabinete de estudios de medio ambiente y urbanismo
BAR JOY; AUTO VIDRIO PLUS; MAYZU; BABIA;  ANIMAL CENTER; FOGAR DE SEIDON; CAFETERIA LA ROTONDA E RESTAURANTE SQUASH; VIAJES VILORIA; BERNARDO NOGUEIRA PELUQUERIA MUJER- HOMBRE ; ESTUDIO 20 ASESORIA ; COMPOSTELA MOTOR; MARUXIA KIOSKO E LIBRERÍA PAPELERIA O TINTEIRO

VALIÑO
VAGALUME; PANADERÍA SAN JOSÉ
NOA
OPTICA VINTE; CALVIÑO; CAFELITO; ILUMINACIONES SANTIAGUESAS, S.L.; CAFÉ BAR EIRADO; CARLOS SEIXAS (diseño de muebles y carpinteria)