lunes, 11 de febrero de 2013

Campionato Galego Xuvenil PC

O pasado sábado disputouse o campionato Galego Xuveníl de PC en A Coruña, competición con acceso por mínimas de participación, na que acudiriamos con 2 atletas, aínda que finalmente Cristina Sanchez Pardo causaría baixa nos 50m por unha gripe, sendo Antón Lopez Bermudez o noso único representante.

Antón tiña mínima para os 50m lisos e salto en Lonxitude e aceptou o desafio de facelas dúas probas, coa dificultade que as semifinales dos 50m se disputarían no medio da proba de salto.



Noso único atleta convocado para unha selección galega, fixo un gran papel nas dúas probas! Aínda que a preparación para pista acaba de comenzar e faltan moitos axustes por facer, mellorou súas marcas en Pista Coberta alcanzando os 5m54 en lonxitude onde foi 7º e os 6,72 segundo en 50m para facer o record persoal e do Clube, quedando a tan só 1 decima da final (8º tempo geral).

Resultados:

Resultados Galego Xuvenil PC 2013

Noraboa a Atón e rápida recuperación á Cristina! En 3 semanas lles tocará aos atletas cadetes acudir ao mesmo encenario para disputar o seu campionato Galego.

viernes, 8 de febrero de 2013

SUPERAMOS AS 40.000 VISITAS!!

Esta semana é moi especial para o club porque chegamos ás corenta mil visitas no noso blog!
Esto é motivo de satisfacción pois o noso medio de comunicación cos nosos socios  e seguidores vaise consolidando pouco a pouco. O noso nome xa se está coñecendo...
Nestes últimos anos foi aumentando o número de socios de maneira considerable,despertando no entorno dos nenos o interese polo deporte do atletismo e polas súas diferentes disciplinas.
Como podedes ver na anterior publicación xa somos un club que aparecemos nos medios especializados neste deporte o que comproba que xa está artellandose en diferentes probas e en diferentes categorias.

Isto tamén é posible gracias ao apoio do noso patrocinador principal  e aos nosos colaboradores:

                       CENTRO DENTAL MACIA 

* Librerías e papelerías
O TINTEIRO                   
 
* Cristalería de automoción
GLASSDRIVE -  GRUPO AUTO VIDRIO
                      

* Restaurantes, cafeterías, cervecerías

 WWW.RESTAURANTECENTRAL.ES

  VAGALUME 

  BAR JOY
                                          

* Cortinas e edredóns  
 MAYZU
* Mascotas, animais 
 CENTRO MASCOTA.

jueves, 7 de febrero de 2013

Millaraio na TV

Deixamos o enlace con o reportaxe sobre o Campionato Galego de Pista Cuberta de Menores onde vemos moitas imaxes dos nosos atletas e un resumen bastante completo da competición.



O programa  de TV é producido semanalmente pola Federación Galega de Atletismo e difundido pola TVG2 nos finais de semana.
A través do mesmo procúrase de divulgar e difundir as noticias mais importantes que afectan o noso atletismo Galego, complementándolo con outras seccións como reportaxes, Clubs, historia, concursos, entrevistas, etc...

miércoles, 30 de enero de 2013

ATENCIÓN -CALENDARIO FEBREIRO


Con os cambios do calendario das competicións escolares de campo a través por mor do tempo, anunciamos algúns axustes para as actividades das vindeiras semanas, co fin de axudar a todos a facer unha mellor programación e contar con todos os atletas nas competicións e adestramentos.

Todos os cambios xa están actualizados no calendario, na parte superior Dereita do blog, aínda que faltan por avanzar as informacións de regulamentos e detalles que iremos achegando unha vez se nos comunique.

Adiantamos que as dúas próximas semanas son de adestramento normal unha vez que Provincial de Campo a Través será o 16 de febreiro. Non teremos adestramento o luns de carnaval, pero si o mércores, cando adestran todos nas pistas da USC, aproveitando peche do pavillón do Milladoiro. 

Trofeo Josefina Romero de Marcha


Malia as difíciles condicións atmosféricas encontradas no pasado Domingo en Vilagarcia de Arousa, dúas atletas do Millaraio participaron na primeira etapa do memorial Josefina Romero de marcha atlética, alcanzando bos resultados unha vez que melloraron súas marcas persoais e conseguiron puntos importantes para a clasificación final do circuito!

Vanesa Varela Rivas acabou os 5km Xuvenil en 40’23” , estando cada vez mais preto de baixa os 40 minutos. A nosa outra representante, Natalia Sánchez Pardo competiu nos 3km Infantil e segue a súa imparable progresión (xa mellorou mais de 8 minutos a marca da súa primeira participación), parando no crono en 24’12” o que supón unha mellora de mais de 1 minuto en relación a súa anterior marca.

O circuíto terá a súa segunda etapa en Cangas o Vindeiro 10 de febreiro e todos aqueles atletas interesados en participar deben comunicar ao seu adestrador o interese e pedir que se lle faga a inscrición. Deixamos abaixo  o enlace coa información do circuíto de probas organizado pola Federación Galega e que busca fomentar as probas de marcha, con grande tradición no atletismo de Galicia e España.

domingo, 27 de enero de 2013

Millaraio o grande protagonista do Intercomarcal de Cross en Santiago

As Choivas dos últimos días pararon un instante para que o campo a través pasara pola Alameda Compostelá na mañá do sábado, deixando unha grande competición deportiva onde un total aproximado de 250 cativos de Santiago e rexión, tomaron a saída en algunha das probas.

O Millaraio presentou mais de 50 atletas, con equipos en todas as categorías alcanzando o podio por equipos en todas elas sendo que os 2 primeiros equipos de cada categoría e os 8 mellores atletas individualmente teñen segura a praza para disputar o Campionato Provincial (09 ou 16 de febreiro e non mais o 02. Confirmarémolo proximamente).  

A falta dos resultados oficiais, adiantamos os postos por equipos:
Benxamín Masculino e Feminino: 3º
Cadetes Masculino, Infantil Masculino y Feminino: 2º (Clasificados para o Provincial)
Cadetes Feminino; Alevín Masculino e Feminino: 1º (Clasificados para o Provincial)

Durante a semana esperamos ter a lista cos clasificados para poder comunicar a todos e preparar as próximas citas do Campo a través. Tamén facilitaremos os resultados oficiais aquí no blog unha vez os publique a Delegación de Atletismo.


RESULTADOS COMPLETOS:    http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=1276


Adestramentos da semana:

Luns, 28/02 non abren as pistas de atletismo por día do Patrón da Universidade, pero como é importante manter a actividade e,  diante  da previsión de que non teremos choiva, faremos igualmente o adestramento, nos mesmos horarios de sempre e encontrándonos diante da entrada das pistas. (non traer clavos nin roupa para ducharse)
Sábado 02/02 teremos adestramento normal nas pistas de atletismo nos Horarios habituais.

RENOVACIÓN CAMISETA DE COMPETICIÓN


O vindeiro Sábado 2 de Febreiro,a responsable do material deportivo estará nas pistas para que poidades renovar a camiseta de competición (a branca) se temos a que necesitades. 
A condición é que traiades a que usades nestes momentos. 

IMPORTANTE: SÓ SE RENOVARÁ AOS ATLETAS QUE  TRAIAN A SÚA CAMISETA