lunes, 31 de enero de 2011

CONTROL DE MARCAS O 01/02/2011

No último adestramento, o noso Director Deportivo, informou os/as socios/as da convocatoria para o Control de Marcas válido para acceder o Campionato de Pista Cuberta de cada unha das categorías.

Dito Control terá lugar nas Pistas de Atletismo do Campus Universitario de Santiago de Compostela o vindeiro Martes día 1 de febreiro de 2011. As probas comezarán ás 18:00, polo que se prega a asistencia dos atletas a partir das 17:45.

Na seguinte ligazón podese consultar o horario de cada unhas das probas.

jueves, 27 de enero de 2011

PARABÉNS A TODOLOS/AS NOSOS/AS ATLETAS

O pasado sábado día 22, celebrouse no Parque Eugenio Granell (xunto o Hipercor) o Campionato de Campo a Través: Fase Intercomarcal Santiago. A participación foi boa a pesar da soleada pero algo fría mañá.

O Clube de Atletismo Millaraio estivo representado en tódalas categorías, dende Benxamín ata Cadete, obtendo os/as nosos/as atletas moi bos resultados nas súas categorías correspondentes. Parabéns a todolos/as atletas pola súa participación. Adxúntase o listado coa clasificación.

Esta proba era clasificatoria para o Campionato Provincial de Campo a Través en idade escolar, obtendo a clasificación para o mesmo o equipo de Infantis Nenos que acadou o primeiro posto, Andrea en Infantis Nenas e Cristina en Cadete Nenas que acadaron a 5ª posición nas súas categorías.


Resultados

viernes, 21 de enero de 2011

CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS : FASE INTERCOMARCAL SANTIAGO

O próximo sábado día 22, celebrarase no Parque Eugenio Granell (xunto o Hipercor) o Campionato de Campo a Través: Fase Intercomarcal Santiago.

O Clube de Ateltismo Millaraio, contará con unha boa representación en tódalas probas, no que será a nosa segunda  participación como equipo, no Campionato Escolar de Campo a Través.

Mais información na web da Federación Galega de Atletismo: http://www.atletismogalego.org/