jueves, 27 de enero de 2011

PARABÉNS A TODOLOS/AS NOSOS/AS ATLETAS

O pasado sábado día 22, celebrouse no Parque Eugenio Granell (xunto o Hipercor) o Campionato de Campo a Través: Fase Intercomarcal Santiago. A participación foi boa a pesar da soleada pero algo fría mañá.

O Clube de Atletismo Millaraio estivo representado en tódalas categorías, dende Benxamín ata Cadete, obtendo os/as nosos/as atletas moi bos resultados nas súas categorías correspondentes. Parabéns a todolos/as atletas pola súa participación. Adxúntase o listado coa clasificación.

Esta proba era clasificatoria para o Campionato Provincial de Campo a Través en idade escolar, obtendo a clasificación para o mesmo o equipo de Infantis Nenos que acadou o primeiro posto, Andrea en Infantis Nenas e Cristina en Cadete Nenas que acadaron a 5ª posición nas súas categorías.


Resultados

1 comentario:

Unknown dijo...

Queda o enlace de algunhas fotos de la competición:

http://picasaweb.google.com/115526424386761356142/CampeonatoIntercomarcalDeCrossDeSantiago?authkey=Gv1sRgCL_LnYvUverytQE#


Obra de Ramon Varela, padre de Vanessa. Gracias!