jueves, 24 de febrero de 2011

CAMPIONATO PROVINCIAL NA POBRA DO CARAMIÑAL

Como xa sabedes o pasado Sábado, 19 de Febreiro, tivo lugar o Campionato Provincial de Cross na Pobra do Caramiñal. O Clube de Atletismo Millaraio estivo representado por Andrea González García, Cristina Sánchez Pardo, Vanessa Varela Rivas, Hugo Rodríguez Abel , FIago Fuentes García, Bruno Barrio Nieves, Samuel Huesca Briceño, Martín Fernández Hermida, Nicolás Rodríguez Cadarso e Brandán Candal Blanco

Felicitalos pola boa actuación e os resultados obtidos en cada unha das categorías. Tamén felicitar a Hugo Rodríguez Abel por acadar a clasificación para o Campionato Galego de Cross.

Na seguinte ligazón podese consultalos resultados do Campionato.

Resultados

miércoles, 16 de febrero de 2011

ADESTRAMENTO DO 19 DE FEBREIRO



Recordarlle os/as socios/as que o adestramento do vindeiro sábado día 19 de Febreiro terá lugar nas pistas de atletismo da  Universidade de Santiago.

O adestramento comezará ás 12:00 e están convocados tódolos/as atletas do club, é dicir, o Grupo 1 e o Grupo 2.

Recordarlle os/as socios/as que no blog poden acceder o calendario de adestramentos para estar informados das datas, horas e lugares dos mesmos.

Na seguinte ligazón pódese acceder a dito calendario.


CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS NA POBRA DO CARAMIÑAL

O vindeiro sábado 19 de febreiro celébrase na Pobra do Caramiñal o Campionato Provincial de Cross no circuito da praia de Cabío.

O noso clube estará representado por Andrea González García, Cristina Sánchez Pardo, Vanessa Varela Rivas, Hugo Rodríguez Abel e polo equipo de Infantís Masculino formado por Iago Fuentes García, Bruno Barrio Nieves, Samuel Huesca Briceño, Martín Fernández Hermida, Nicolás Rodríguez Cadarso e Brandán Candal Blanco.

Dende aquí felicitalos atletas por acadar dita fase do campionato, o cal non é doado, e animalos a que disfruten o vindeiro sábado dunha bonita xornada de atletismo.

Na seguinte ligazón podese consultar toda a información da carreira.


Un saúdo,
Xunta Directiva

jueves, 3 de febrero de 2011

RESULTADOS DO CONTROL DE PISTA

Velaiquí os resultados das diferentes probas de pista que se celebraron o pasado 1 de febreiro de 2011, nas pistas de atletismo do Campus Universitario de Santiago.

Dende aquí fecilitar a todolos atletas do club que participaron neste control de marcas.

Na seguinte ligazón podese consultar os resultados de todolas probas.