miércoles, 16 de febrero de 2011

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS NA POBRA DO CARAMIÑAL

O vindeiro sábado 19 de febreiro celébrase na Pobra do Caramiñal o Campionato Provincial de Cross no circuito da praia de Cabío.

O noso clube estará representado por Andrea González García, Cristina Sánchez Pardo, Vanessa Varela Rivas, Hugo Rodríguez Abel e polo equipo de Infantís Masculino formado por Iago Fuentes García, Bruno Barrio Nieves, Samuel Huesca Briceño, Martín Fernández Hermida, Nicolás Rodríguez Cadarso e Brandán Candal Blanco.

Dende aquí felicitalos atletas por acadar dita fase do campionato, o cal non é doado, e animalos a que disfruten o vindeiro sábado dunha bonita xornada de atletismo.

Na seguinte ligazón podese consultar toda a información da carreira.


Un saúdo,
Xunta Directiva

No hay comentarios: