A Dirección Deportiva do Club de Atletismo Millaraio elaborou unha axenda de adestramentos e calendario de competicións para o mes de Marzo. A continuación amósase o calendario:
- Mércores 9 de Marzo de 2011: Pola festividade do Entroido a nave do Polígono estará pechada e non haberá adestramento.
- Sábado 12 de Marzo de 2011: Adestramento conxunto do Grupo 1 e Grupo 2 nas pistas de Atletismo da USC as 11:30 para categoria infantil e Cadete e ás 12:00 para os demais. A Dirección Deportiva fará una xornada de competición interna, incluíndo diversas probas de atletismo con previsión de término as 13:30.
- Domingo 13 de Marzo de 2011: Campionato Galego Absoluto, Junior e Promesa de 10.000 metros en Pista. Dito Campionato celebrarase nas pistas de Atletismo de Noia. Conxúntamente realizarase un control de marcas onde participarán os atletas de categoria cadete.
- Mércores 16 de Marzo de 2011: Adestramento do Grupo 2 na nave do Polígono do Milladoiro.
- Sábado 19 de Marzo de 2011: Campionato Galego Benxamín, Alevín, Infantil de pista Cuberta. Terá lugar no Pazo de Deportes de Riazor na Coruña en xornada de mañá e tarde.
Prégase confirmar asistencia, por parte dos socios, a dito campionato como moi tarde o xoves 10 de marzo na seguinte dirección de correo inscricions.millaraio@gmail.com
- Mércores 23 de Marzo de 2011: Adestramento do Grupo 2 na nave do Polígono do Milladoiro.
- Sábado 26 de marzo de 2011: Fase zonal de Atletismo Escolar en Pista (Xogade) en Santiago de Compostela. Os pre-benxamins terán adestramento nas pistas de atletismo de 12:00 a 13:00.
- Mércores 30 de Marzo de 2011: Adestramento do Grupo 2 na nave do Polígono do Milladoiro.
Nas seguintes ligazóns podese consultar os horarios e as probas dos campionatos mencionados na axenda agás o da Fase zonal do 26 de marzo, do cal todavía non dispoñemos d información.
Un saúdo,
No hay comentarios:
Publicar un comentario