miércoles, 28 de diciembre de 2011

AGRADECEMENTO AS EMPRESAS COLABORADORAS

Xa chega o fin do ano, e non queremos pasar de ano sin lembrarnos das empresas, cada una nas suas posibilidades, que nos teñen axudado esta tempada e, en moitos casos, nas tempadas anteriores. Moitas gracias a todas e un felis ano 2012.
Esta é a última actualización das empresas socias colaboradoras.

MACIA
 SALVACOM
LUZETE
ANTIQUA; NOGUEIRA, GONZÁLEZ Y SÁNCHEZ-BRUNETE, ABOGADOS; GRUPO JABE INGENIERIA; V. AUTO; BAR POLÍGONO;

CAFETERIA CENTRAL; CLUB SQUASH SANTIAGO


AMBIOTEC Gabinete de estudios de medio ambiente y urbanismo
BAR JOY; AUTO VIDRIO PLUS; MAYZU; BABIA;  ANIMAL CENTER; FOGAR DE SEIDON; CAFETERIA LA ROTONDA E RESTAURANTE SQUASH; VIAJES VILORIA; BERNARDO NOGUEIRA PELUQUERIA MUJER- HOMBRE ; ESTUDIO 20 ASESORIA ; COMPOSTELA MOTOR; MARUXIA KIOSKO E LIBRERÍA PAPELERIA O TINTEIRO

VALIÑO
VAGALUME; PANADERÍA SAN JOSÉ
NOA
OPTICA VINTE; CALVIÑO; CAFELITO; ILUMINACIONES SANTIAGUESAS, S.L.; CAFÉ BAR EIRADO; CARLOS SEIXAS (diseño de muebles y carpinteria)

martes, 20 de diciembre de 2011

Resultados do Cros Escolar

Estamos moi contetos coa resposta dos nosos atletas que comparecerón en gran maioria para participar da fase zonal de campo através em Santiago no último Sábado. Todos derón o mellor de sí e, mesmo aqueles que non teñen características marcadas para probas de resistencia, fixerón un grande papel deixando Millaraio como o clube con maior participación de toda a competicón.

Deixamos os resultados completos e tamén un resumen da clasificación por equipos:

resultados Completos:

http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2011/12/RESULTADOS-C.A.T.-ESCOLAR-171211-SANTIAGO.pdf

Clasificación por equipos:

http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2011/12/PREMIOS-EQUIPOS-CAT-171211.pdf


Como podemos ver, ainda que o traballo non vai direccionado ao adestramento específico de resistencia, conseguimos un total de 10 puestos de podio e alguns equipos clasifcados para a fase provincial, a espera de confimación oficial.

Día 21/01 é a próxima fase e cando teñamos mais información sobre as condicións de participación e de clasificación, iremos adiantando aqui no Blog.

Un saúdo e noraboa polos resulados!

Regalos de Millaraio

Alguns nenos pidironlle a Papa Noel e os Reis Magos, material de Milla
Raio,plumiferos, zapatillas, chandales, camisetas laranxa.
Si queres facer o mesmo escribelle canto antes para que nos e fagan O
PEDIDO A MILLA RAIO e poderllo ter listo para que o recollan antes do
dia.
Recordarlle aos pais que lle poden dar o vale de desconto dos 20€ para
que recollan a mellor precio os Reis Magos.
Os Reis Magos que se dirixan o correo



Por outra parte, si Papa Noel trae a loteria ao noso número, informaros que o clube xoga o talonrio  Nº85 inteiro e que se toca algun regalo, será usado pelo clube na difusión e conslidación de proxectos de Atletismo.

Un saúdo e felices festas!
 

jueves, 15 de diciembre de 2011

NOTAS PARA SÁBADO 17/12.

Alguns avisos referentes ás actividades de sábado:

CROS:

- A zona de disputa do cros costuma estar mollada e polas previsións así estará, polo que recomendamos levar calzado apropiado e de recambio para os rapaces.

- Hai duchas dispoñibles no pabillón o lado do parque para os nenos que queira ducharse.

- Os dorsales serán repartidos por membros da directiva e do corpo técnico non debendo os pais  recollelos na secretaria. Por norma os atletas deben levar sempre imperdibles.

- Na supeficie onde se disputará o cros NON SE ACONSELLA LEVAR ZAPATILLAS DE CLAVOS e si as zapatillas normais de adestramento.

Entendemos que participarán todos os atletas do clube unha vez que non recibimos ningunha notificación e así seremos mais de 80 atletas nas distintas catergorias e con representación en todas de benxamín a Cadete. O regulamento completo en:

http://www.deporteescolargalego.com/adjuntos/documentacion/2011_2012/1_deportiva/campoatraves.pdf


EQUIPAXE:

- Os atletas deben competir con a camiste blanca de competición e levar, no seu caso a azul ou a naranca de quecemento. O chandal tamén é moi importante para identificar o atleta como membro do clube.

- Aqueles atletas os que lle falta algo de material por recibir ou que desexan faces novos pedidos deben entrar en contacto con o Presidente do clube no mail: miguelbuela@gmail.com e solicitar o que necesitan. (Chandal, Zapatillas de adestrmento, de clavos, Plumiferos...etc)

- Recordar que hai descontos do 20% a membros do clube e unha novidade para os que se incorporarón na presente tempada: XA TEDES DEREITO A CAMBIO DE 20 EUROS EN MATERIAL DEPORTIVO DO CLUBE!


COMIDA:

- A comida, no restaurante Squash Milladoiro, terá lugar a partir das 14:20.

- No se admiten mais confirmacións unha vez que xa hai moitas que chegarón fora de plazo, causando dificultades na organización do evento.

- Na comida terá lugar o sorteo de alguns agasallos por cortesia dos patrocinadores e colabradores e tamén temos previsto un agalallo de recordo para os atletas do clube.


Unha aperta, vémonos Sábado!

miércoles, 14 de diciembre de 2011

IMPORTANTE

1- Os atletas deben estar (como en todas carreiras) un mínimo de 30 minuts antes da saída da sua proba!

2- Os prebenxamins non entran en categoria escolar e non terán carreira própia, pero están convocados para estar xunto aos seus compañeiros de adestramento Benxamíns e facer o quecemento, os exercicios de técnica e tamén acompañar o desenvolvemento das probas pois ano que ven xa lles toca!

3- Estamos configurano os equipos que van participar o sábado no Campionato Escolar de Cros e, como xa foi informado, faremos a inscripción de todos os atletas, pero é immportantísimo que se informe ao club en caso de non comparecencia, pois podia causar a declasificación de alguns dos equipos unha vez que é necesario que entren en meta 4 ou mais atletas en cada equipo para puntuar.

Por outra parte, pediríamos que a práctica de comunicar a non asistencia fágase constante nas probas de inscripción coletiva do clube (Carreiras do Clube, competicións federadas etc.) pois as organizacións deben prepararse con anterioridade e o clube achegar inscripción de aqueles que realmente poidan participar para evitar que o número de asistentes sexa moi inferior ao número de inscritos.

Para confirmar QUE NON SE VAI ACUDIR AO CROS DIA 17/12 enviar un correo a:

jpfernandez@saludyrendimiento.es


Gracias pola colaboración!

martes, 13 de diciembre de 2011

Campionato Escolar de Campo a Través en Santiago

O 17 de Decembro celebraráse o Campionato Escolar de Campo a Través no circuíto do parque Eugenio Granell (xunto a Hipercor).
As categorias serán as seguintes:

  • BENXAMIN: Nados nos anos 2004 e 2003
  • ALEVIN: Nados nos anos 2002 e 2001
  • INFANTIL: Nados nos anos 2000 e 1999
  • CADETE: Nados nos anos 1998 e 1997

En todas as categorias haberá competición masculina e feminina onde se formarán equipos de un máximo de 6 atletas. As inscripcións corren a cargo do Clube.

Os horarios e as distancias aproximadas a percorrer serán as seguintes:

Hora                          Categoría                                        Distancia
---------------------------------------------------------------------          
11                       Benxamin feminino                                  500m.
11,07                  Benxamin masculino                                500m.
11,15                  Alevín feminino                                       600m.
11,25                  Alevin masculino                                     800m.
11,35                  Infantil feminino                                       800m.
11,50                  Infantil masculino                                   1,200m.
12,05                  Cadete feminino                                    1,200m.
12,25                  Cadete masculino                                  2,500m.

Clasificanse para a próxima fase os 3 primeiros equipos mais os 8 primeiros atletas de cada categoría individualmente.

Por outra banda, avisamos a todos que depois do Cross teremos a xa tradicional Comida Navideña do Millaraio onde faremos unha confraternización con agalallos para todos os nenos e sorteo de cestas de nadal etre os presentes. Mais información sobre o evento nos próximos dias aqui no Blog!

viernes, 9 de diciembre de 2011

ADESTRAMENTO SÁBADO E COMIDA DO CLUBE

Mañan sábado, recordar que é dia de TODOS NA PISTA, o que quere decir que o grupo que adestra nas pistas habitualmente comenza as 11:00 e adestra ata as 12:30 e o grupo de benxamínns e prebenxamíns, que adestra en Ventin habitualmente, terán sua sesión as 12:30 nas pistas.

Tamén teremos sesión de lanzamentos con presecia confirmada de Victor Gallego e a confirmación para vindeiras fechas de unha sesión de Javalina e Martelo para os Infantiles e cadetes do clube.
Por último, decir que aqueles que queiran ir à comida do clube dia 17/12 e ainda non confirmarón, poderán facelo mañan no adestramento ou mesmo no correo eletrónico do presidente con plazo ata amañan tamén. O Pago da comida e das loterias tamén debe efetuarse mañan.

Un saúdo!

jueves, 8 de diciembre de 2011

GALA DEL DEPORTE DE AMES

Queridos socios:

Unha boa noticia para o noso clube e directamente para o noso director deportivo. Na GALA DO DEPORTE DE AMES que se celebrará o dia 9 de Nadal na Casa da Cultura de Bertamiráns, nomearase a Juan Pablo Fernandez como MELLOR ATLETA DE AMES no ano 2011. Tamen indicar que o noso clube quedou a un voto de ser elexido como mellor clube. Esta nova, ademais do honor persoa lpara o noso director deportivo, reafírmanos no noso proxecto deportivo, que podemos levar a bo fin gracias a axuda e esforzo dos socios e os atletas.
MOITAS GRACIAS E MOITAS FELICIDADES A TODOS


sábado, 3 de diciembre de 2011

CONFIRMACIÓN DO RESTAURANTE DA COMIDA DE NADAL

A comida de nadal será o 17 DE DECEMBRO despois do cross, e o lugar elixido é o RESTAURANTE SQUASH.

A fecha límite para confirmar asistencia é o xoves dia 8 de decembro, a confirmación farase enviando un correo electrónico ó presidente do clube (Miguel) á seguinte dirección:

miguelbuela@gmail.com

Débese informar o número de rapazes e o número de adultos que acudirán á cita, ben como se preferen Carne ou Pescado de segundo. O pago se fará ata o sábado día 10/12, onde teremos adestramento conxunto nas pistas de Atletismo. O precio definitivo terá un coste de 10 euros para os Adultos e 7 euros para os Rapaces. O menú dos adultos será o seguinte:
Entrantes ( tortilla, empanada e fiambre) carne ou pescado de segundo, pan bebida, postre e café.
O menú infantil constará duns entrantes para os nenos e un plato de pasta como segundo, así como bebida e postre.

Por motivo de organización y definición do espacio, non se aceptarán confirmacións fora do prazo establecido.

Esperamos a todos no día 17 de decembro, primeiro animando os equipos de Cross do Clube e despois na comida de confraternización onde se entregarán agasallos e se fará sorteo de Cestas navideñas!

LOTERÍA DO CLUBE

Recordamos que a data limite para a entrega dos
 
talonarios de lotería do clube e dos cartos

é o vindeiro:

sábado 10 de decembro 
 
 Por favor, non vos esquezades de entregalo todo, gracias.


ADESTRAMENTOS NA SEMANA DO 5 Ó 10

Recordarvos que na semana do 5 ó 10 de decembro os adestramentos serán nas pistas da U.S.C. o luns, mércores e sábado. Podedes ver os horarios accedendo o calendario do blog. Un saudo

viernes, 2 de diciembre de 2011

COMIDA DE FIN DE ANO!


Está chegando o día da Comida de Nadal e, así como nas últimas carreiras, esperamos un record de participación unha vez que xa son 78 atletas nas filas do clube (ano pasado eran 49). Este dato déixanos moi orgullosos e fai de Millaraio un dos clubes con mais representación de todo o concello de Ames.

Por outra parte, organizar os eventos con tanta xente supón un novo reto, ainda mais, nas datas en que estamos. A directiva do clube xa está traballando para ter todo preparado para o primeiro evento: A Comida de Nadal. Para que todo poida estar preparado necesitamos a colaboración de todos, facendo chegar, sin falta, atá o Xoves día 8/12 a confirmación de asistencia ao correo eletronico do presidente do clube.

miguelbuela@gmail.com

Débese informar o número de rapazes e o número de adultos que acudirán á cita, ben como se preferen Carne ou Pescado plano de segundo. O pago se fará ata o sábado día 10/12, onde teremos adestramento conxunto nas pistas de Atletismo. A falta de saber o precio definitivo (Depende do número de confirmacións) se traballa con un menú con coste de 10 euros para os Adultos e 7 euros para os Rapazes que terán un menú especial con Pasta de primeiro, carne ou pescado de segundo, pan bebida e postre.

Por motivo de organización y definición do espacio, non se aceptarán confirmacións fora do prazo establecido.

Esperamos a todos no día 17 de decembro, primeiro animando os equipos de Cross do Clube e despois na comida de confraternización onde se entregarán agasallos e se fará sorteo de Cestas navideñas!

Un saúdo,
A Directiva.