viernes, 2 de diciembre de 2011

COMIDA DE FIN DE ANO!


Está chegando o día da Comida de Nadal e, así como nas últimas carreiras, esperamos un record de participación unha vez que xa son 78 atletas nas filas do clube (ano pasado eran 49). Este dato déixanos moi orgullosos e fai de Millaraio un dos clubes con mais representación de todo o concello de Ames.

Por outra parte, organizar os eventos con tanta xente supón un novo reto, ainda mais, nas datas en que estamos. A directiva do clube xa está traballando para ter todo preparado para o primeiro evento: A Comida de Nadal. Para que todo poida estar preparado necesitamos a colaboración de todos, facendo chegar, sin falta, atá o Xoves día 8/12 a confirmación de asistencia ao correo eletronico do presidente do clube.

miguelbuela@gmail.com

Débese informar o número de rapazes e o número de adultos que acudirán á cita, ben como se preferen Carne ou Pescado plano de segundo. O pago se fará ata o sábado día 10/12, onde teremos adestramento conxunto nas pistas de Atletismo. A falta de saber o precio definitivo (Depende do número de confirmacións) se traballa con un menú con coste de 10 euros para os Adultos e 7 euros para os Rapazes que terán un menú especial con Pasta de primeiro, carne ou pescado de segundo, pan bebida e postre.

Por motivo de organización y definición do espacio, non se aceptarán confirmacións fora do prazo establecido.

Esperamos a todos no día 17 de decembro, primeiro animando os equipos de Cross do Clube e despois na comida de confraternización onde se entregarán agasallos e se fará sorteo de Cestas navideñas!

Un saúdo,
A Directiva.

No hay comentarios: