lunes, 22 de abril de 2013

Nova páxina web do club


Alegranos comunicaros que o noso Club dispón dunha nova páxina web coa que esperamos proporcionar un mellor servizo a todos os socios.

Por este motivo este blog deixará de ser o medio de comunicación oficial do Club e dende agora toda a información pasa a estar no novo enderezo:



Esperamos que a nova páxina sexa do agrado de todos e que cumpra eficazmente co obxectivo para o que foi deseñada.

AVISOS VARIOS ENTRENOS E COMPETICIONS

Comunicamos que a presente semana será de adestramento normal no pabellón de Milladoiro nos mesmos horarios de sempre, para todos aqueles que durante o curso teñen alí seu sitio de adestramento.

De cara ao mes de maio faremos xestións con a idea de facer os adestramentos de semana, de todos os atletas do clube, nas pistas da USC ata o final do curso. Intentaremos facer que a renuncia pontual do espazo non repercuta na súa perda de cara ao curso que ven.

LUNS, OS ATLETAS CADETES/XUVENIL TERÁN 15’ MAIS DE ADESTRAMENTO: CHEGARÁN AS 18:15 PARA FACER O QUECEMENTO, ACABANDO AS 19:30- (Os que non Poidan, chegan as 18:30 e marchan as 19:45)

Tamén aprobeitamos para recordar que o vindeiro 04/05 será o campionato provincial de atletismo onde competirán os 16 mellores atletas en cada proba e categoría, entre as marcas conseguidas nas xornadas previas de toda a provincia. Unha vez teñamos as listas de clasificados procederemos a facer as invitacións e consultas nos adestramentos con cada atleta.

RECORADE QUE O CALENDARIO DO CLUBE ESTÁ OPERATIVO E UNHA VEZ TEÑAMOS AS INFORMACIÓNS XA SE VAN INCORPORANDO AO MESMO!

Un saúdo!

viernes, 12 de abril de 2013

CAMBIOS NOS ENTRENOS DA SEMANA QUE VEN


Avaliando as posibilidades e demandas, a dirección técnica propuxo algunhas mudanzas relacionadas ao adestramento na semana que ven:
 
-        *  AS SESIÓNS SE FARÁN NAS PISTAS DA USC PARA TODOS OS ATLETAS (incluídos os do que adestran no pavillón).


-       *   LUNS, OS ATLETAS CADETES/XUVENIL TERÁN 15’ MAIS DE ADESTRAMENTO:  CHEGARÁN AS 18:15 PARA FACER O QUECEMENTO, ACABANDO AS 19:30- (Os que non Poidan, chegan as 18:30 e marchan as 19:45)


-        *  O VENRES TEREMOS UN ADESTRAMENTO ESPECIAL PARA OS XUVENILES E CADETES QUE NON ACUDAN Á COMPETICIÓN DO SÁBADO, NAS PISTAS DA USC DAS 18:00 AS 19:30. (pendente de confirmar a dispoñibilidade dos atletas)


Con vistas as próximas semanas, estamos estudiando a mellor forma de xestionar os espacioes e estructura que temos e mais adiante confirmaremos a estructura definitiva das actividades de cara as vindeiras semanas.

Un saúdo!

jueves, 11 de abril de 2013

CAMBIO HORARIO A POBRA E PROTOCOLO DE INSCRIPCIÓNS DO CLUBE: 5 PASOS IMPORTANTES

En primeiro lugar e antes de nada, felicitar a todos os participantes na primeira etapa clasificatoria disputada en Riveira o pasado sábado onde se viviu un bonito día de deporte e de convivencia entre os nosos deportista ao que se suman os bos resultados acadados por todos os participantes, moitos deles practicamente garantindo a praza para o campionato Provincial. O sistema de clasificación e os detalles serán informados nunha próxima circular que estamos preparando!

Por outra parte, xa queda pouco para  a próxima cita na Pobra do Caramiñal, nunha xornada similar a anterior pero con a diferenza que para os atletas cadetes se suprimen as probas de pista, para buscar mellorar a organización dos tempos e evitar retrasos. Polo tanto non se celebrarán a as probas de 100m, 300m, 600m, 1000m, 3000m , 100m vallas, 300m Vallas, 1500m obstáculos e marcha para a categoría CADETE.  unha vez eliminadas ditas probas axustouse o horario (acabará antes a competición) facendo algúns cambios que podedes ver a continuación:  


NOVO HORARIO A POBRA                                      

Queremos explicarvos neste post , para unha  correcta organización en relación aos preparativos das competicións e tamén co axuste das probas as demandas dos atletas (deportivas e familiares), o protocolo que temos no clube para realizar as inscripcións que ten un orde lóxico e que se explica a continuación:
1º -ENVIO DE INVITACIÓN -  Con tempo de antelación suficiente (sempre que as organizacións das competicións faciliten as informacións en prazo), enviarase unha invitación onde estarán todas as informacións relacionadas ao evento, os prazos para confirmación e particularidades de cada proba. A Invitación debe ser CONFIRMADA E OS DATOS REQUERIDOS CONTESTADOS para que podamos prepararnos (pedidos de prazas de autobús, numero de adestradores que acompañarán, programación de adestramentos alternativos ás competicións se son moitos os que non acudan, etc)
2º CONSULTA CON ATLETAS – Tratamos de buscar as preferencias dos atletas falando individualmente e propoñendo algunhas probas nas que cremos que deben apuntarse para alcanzar algunha clasificación ou mínima. (na circular sobre competicións trataremos de explicar os criterios)
3º ADXUDICACIÓN DE PROBAS – O adestrador responsable de cada grupo xunto co director deportivo avaliarán a dispoñibilidade do atleta (contestación dos pais), e as probas mais interesantes segundo criterios de desenvolvemento deportivo, motivación, preparación para seguintes probas e con toda esa información, se fai a escolla da proba. Aquí tamén entran aspectos regulamentarios como o limite de 6 atletas por proba que temos no escolar en pista, por exemplo.
4º ENVIO DE LISTA DE INSCRITOS DEFINITIVA – Se envían as listas definitivas cos inscritos. Este proceso busca solucionar erros no proceso, pero NUNCA, coa intención de acoller peticións fora de prazo ou acatar cambios de pareceres sen xustificativa.
5º CONFIRMACIÓN DE ÚLTIMOS DETALLES – Nos días anteriores a proba se fai a confirmación dos últimos detalles (horarios de autobús, posibles cambios de horarios da competición, lista definitiva de probas e de atletas que pediron praza en autobús, etc).
Recordamos que facer as confirmacións por Email é a ÚNICA maneira de garantir o rexistro da información para o correcto proceso! Son 80 atletas e moitas persoas (adestradores, directiva, dirección técnica) involucradas na tarefa e de non facerse así, teremos mais posibilidades de cometer erros!

Gracias a todos!

miércoles, 10 de abril de 2013

CITIUS,ALTIUS,FORTIUS- I Trofeo Fontes do Sar

Deixamosvos o enlace do programa da Televisión de Galicia adicado ao atletismo. No programa número 95,a  partir do minuto 18 poderedes ver a vosa participación no Trofeo Fontes do Sar e como o noso director deportivo Joao Fernandez, da conta  do esforzo de todos para que este evento e o Trofeo Millaraio fosen un éxito.

Trofeo Fontes do Sar  

noraboa Millaraio!!

lunes, 8 de abril de 2013

jueves, 4 de abril de 2013

Campionato Escolar Atletismo en pista - Comarcal Santiago e Noia

Este sábado día 6 vaise a celebrar en Riveira o Campeonato Escolar de Atletismo en pista. Esta é a  primeira das duas competicións clasificatorias para o provincial (a outra será o 20/04 en a Pobra, co mesmo horario)  e o Millaraio conta con 56 atletas inscritos en todas categorías. 


A continuación compartimos o enlace para as probas e os horarios:


probas e horarios Riveira                                                   

Avisos  importantes:

* O Autobús no que nos desprazaremos ata Riveira é o número 2, e fará a súa saída de rotonda que da ao Parque Eugenio Granell (a carón do Corte Inglés) as 09:00 da mañá. Levaranos ata o estadio de atletismo de A Fieiteira en Riveira.

*Os que non van en autobús recordade que de non estar media hora antes da proba podedes quedar sen participar na mesma.

* Os rapaces que ides a pasar o día tedes que levar a comida pois non haberá este servicio neste día.

* Levar a camiseta oficial do clube (branca) e no caso de non tela, a azul. Todos os que teñen zapatillas de clavos deben levalas!


Por outro lado os que non vaiades, ese día non haberá adestramento 

Sorte a todos e ánimo Millaraio!!










miércoles, 3 de abril de 2013

CITIUS ALTIUS FORTIUS-Campeonato Galego Cadete en Pista Cuberta

Deixamosvos o enlace do programa número 92 Citius,Altius,Fortius da TVG  no que podedes ver un resumo do Campeonato Galego de Pista Cuberta celebrado o día 2 de marzo en A Coruña ,e no que participaron atletas do noso clube.Poderedes ver tamén no minuto 24.23 ao noso membro Martín Fernandez, no podio de salto de lonxitude no que acadou unha marca de 5.32 mts

Campeonato Galego Cadete Pista Cuberta


Noraboa a todos!!