Comunicamos que a presente semana será de adestramento normal no pabellón de Milladoiro nos mesmos horarios de sempre, para todos aqueles que durante o curso teñen alí seu sitio de adestramento.
De cara ao mes de maio faremos xestións con a idea de facer os adestramentos de semana, de todos os atletas do clube, nas pistas da USC ata o final do curso. Intentaremos facer que a renuncia pontual do espazo non repercuta na súa perda de cara ao curso que ven.
LUNS, OS ATLETAS CADETES/XUVENIL TERÁN 15’ MAIS DE ADESTRAMENTO: CHEGARÁN AS 18:15 PARA FACER O QUECEMENTO, ACABANDO AS 19:30- (Os que non Poidan, chegan as 18:30 e marchan as 19:45)
Tamén aprobeitamos para recordar que o vindeiro 04/05 será o campionato provincial de atletismo onde competirán os 16 mellores atletas en cada proba e categoría, entre as marcas conseguidas nas xornadas previas de toda a provincia. Unha vez teñamos as listas de clasificados procederemos a facer as invitacións e consultas nos adestramentos con cada atleta.
RECORADE QUE O CALENDARIO DO CLUBE ESTÁ OPERATIVO E UNHA VEZ TEÑAMOS AS INFORMACIÓNS XA SE VAN INCORPORANDO AO MESMO!
Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario