miércoles, 29 de septiembre de 2010

REMATE DO PRAZO DE RENOVACIÓN DE SOCIOS/AS

Informar a tódolos/as socios/as do Club Atletismo Millaraio de que o prazo de renovacións remata hoxe día 30 de setembro de 2010. A partir de dita data, todo socio/a que non fixera a renovación pederá dita condición e non  disporá dos dereitos outorgados.

Ánimo, todos/as aqueles/as que todavía non renováchedes facedeo para seguir disfrutando do atletismo co Clube de Atletismo Millaraio.

Unha aperta da Xunta Directiva. 

CARREIRAS VINDEIRO FIN DE SEMANA

Quero pedir desculpas os/as socios/as xa que non enviei o listaxe das carreiras do mes de outubro. O longo desta semana o o terdes cada un no voso correo.

Para este fin de semana, imos publicar ás carreiras no blog e estará activo o formulario de inscricións.  Dito formulario estará operativo ata dúas horas antes do peche da inscrición por parte da organización da carreira.

Esta fin de semana hai tres citas, pero debido o meu retraso os socios/as soamente poden facela inscrición na carreira "XXVIII Carreira Pedestre da Amaia", en Brión.

A proba celebraráse o vindeiro domingo 3 de outubro e o plazo de inscrición remata o venres 1 de outubro ás 14:00 h.

Categorías
A - Mixta de 7 a 9 anos
B - Mixta de 10 a 12 anos
C - Homes de 13 a 15 anos
J - Mulleres de 13 a 15 anos
Trofeos para os 3 primeiros de cada categoría e para o primeiro home e primeira muller empadroados no Concello de Brión.

Daranse camisetas a todos os participantes que cheguen a meta dentro do control. Dito control pecharase aos 40 minutos dende que se dea a saída.

Os dorsais recolleranse no posto que a organización vai colocar a tal efecto na Carballeira de Santa Minia o mesmo día da carreira antes das 10 horas. Para a súa recollida será necesario presentar o D.N.I., pasaporte ou documento que acredite a identidade do participante.

Máis Información

Inscricións Millaraio

viernes, 24 de septiembre de 2010

"CORRE CON NÓS" o sábado 25 de setembro no Milladoiro

O vindeiro sábado 25 celébrase a Festa da Mocidade no Milladoiro, onde tódolos/as mozos/as do Concello de Ames poderán gozar da música, das atraccións e das diversas actividades dentro das cales se atopa o Atletismo.

O Club de Atletismo Millaraio foi invitado polo Concello de Ames, grazas o bo traballo da Dirección Deportiva e da Directiva, para achegar a práctica do atletismo os/as mozos/as do noso concello. 

A actividade comezará ás 16:30 h no Pavillón de Deportes do Milladoiro, coa supervisión do Director Deportivo e adestradores do club, que achegarán os/as mozos/as a descubrir o atletismo. Ademáis de excplicarlle as diversas modalidades deste deporte, os/as mozos/as poderán levar a cabo a práctica de probas de velocidade, saltos, lanzamentos, etc.

Dende o Club de Atletismo Millaraio convócase a tódolos/as mozos/as a probar co atletismo e si lles gusta invitámolos a "Corre con Nós" e forma parte do club.

Unha aperta da Xunta Directiva.

domingo, 19 de septiembre de 2010

COMENZA A TEMPADA 2010/2011 NO CLUB ATLETISMO MILLARAIO

O pasado  sábado 11 de setembro, comezamos a tempada 2010 - 2011.

O horario do adestramento, o longo do mes de Setembro, é as 13:00 nas pistas a caron do Casa da Cultura do Milladoiro.

De tódolos xeitos, estade atentos o blog  e o correo, xa que a partir do mes de Outubro poderá variar o lugar  e a hora dos adestramentos.

Con respecto á xente que quera darse de alta no club, nesta páxina ten acceso os formularios de inscricións. Recordar que a inscrición non será válida senon se entregan debidamente cumplimentados os dous formularios.

Para calquera dúbida, pódense poñer en contacto có Club a través da conta de correo millaraio@yahoo.es.

Unha aperta da Xunta Directiva.