miércoles, 29 de septiembre de 2010

CARREIRAS VINDEIRO FIN DE SEMANA

Quero pedir desculpas os/as socios/as xa que non enviei o listaxe das carreiras do mes de outubro. O longo desta semana o o terdes cada un no voso correo.

Para este fin de semana, imos publicar ás carreiras no blog e estará activo o formulario de inscricións.  Dito formulario estará operativo ata dúas horas antes do peche da inscrición por parte da organización da carreira.

Esta fin de semana hai tres citas, pero debido o meu retraso os socios/as soamente poden facela inscrición na carreira "XXVIII Carreira Pedestre da Amaia", en Brión.

A proba celebraráse o vindeiro domingo 3 de outubro e o plazo de inscrición remata o venres 1 de outubro ás 14:00 h.

Categorías
A - Mixta de 7 a 9 anos
B - Mixta de 10 a 12 anos
C - Homes de 13 a 15 anos
J - Mulleres de 13 a 15 anos
Trofeos para os 3 primeiros de cada categoría e para o primeiro home e primeira muller empadroados no Concello de Brión.

Daranse camisetas a todos os participantes que cheguen a meta dentro do control. Dito control pecharase aos 40 minutos dende que se dea a saída.

Os dorsais recolleranse no posto que a organización vai colocar a tal efecto na Carballeira de Santa Minia o mesmo día da carreira antes das 10 horas. Para a súa recollida será necesario presentar o D.N.I., pasaporte ou documento que acredite a identidade do participante.

Máis Información

Inscricións Millaraio

No hay comentarios: