domingo, 19 de septiembre de 2010

COMENZA A TEMPADA 2010/2011 NO CLUB ATLETISMO MILLARAIO

O pasado  sábado 11 de setembro, comezamos a tempada 2010 - 2011.

O horario do adestramento, o longo do mes de Setembro, é as 13:00 nas pistas a caron do Casa da Cultura do Milladoiro.

De tódolos xeitos, estade atentos o blog  e o correo, xa que a partir do mes de Outubro poderá variar o lugar  e a hora dos adestramentos.

Con respecto á xente que quera darse de alta no club, nesta páxina ten acceso os formularios de inscricións. Recordar que a inscrición non será válida senon se entregan debidamente cumplimentados os dous formularios.

Para calquera dúbida, pódense poñer en contacto có Club a través da conta de correo millaraio@yahoo.es.

Unha aperta da Xunta Directiva.

2 comentarios:

Unknown dijo...

para facerme nova no club xa me vale con cubrir os formularios que tedes na paxina ou teño que facer algo mais???

Millaraio dijo...

Para formalizala inscrición é preciso entregar os documentos debidamente cumplimentados ós membros da Directiva nos adestramentos.

Ademáis, no caso no que o socio sexa menor de idade, este terá que ir acompañado dun adulto (pai/nai/titor/a) para formalizala inscrición.