martes, 29 de junio de 2010

¡Marchamos de vacacións!


Chegou o final da tempada 2009-2010 en MillaRaio. Parecía tan lonxe aló por outubro, cando esta páxina naceu, e xa están aquí o verán e as vacacións.

Despedímonos ata setembro, mes no que comenzará a próxima tempada. Voltaremos con máis socios, novos proxectos e con forzas renovadas despois das vacacións que tan merecidas temos todos, pequenos e grandes.

Quero dar as grazas á directiva actual de MillaRaio pola confianza depositada en mín para botar a andar, durante a presente tempada, este blog. Manifestar, unha vez máis, a absoluta liberdade que me concederon tanto para escoller os temas publicados como no tratamento dos mesmos e o seu respaldo incondicional ao longo de todo o ano. Algo para mín impagable.

Agradecer tamén aos lectores e seguidores deste espazo, socios do club ou non, que fixeron posible as 18.947 visitas en nove meses de funcionamento da páxina. Grazas pola vosa confianza porque nos motiva a seguir traballando máis e mellor.

Só me queda desexarvos que pasedes un verán estupendo e non esquezades que nos vemos en setembro.

1 comentario:

JAIME FERNANDEZ dijo...

DESDE SANTIAGO, AGRADEZCO A DIOS Y PIDO A SANTIAGO QUE CONTINUE INTERCEDIENDO POR ESTE CLUBE, QUE ESTÁ HACIENDO ALGO MUY IMPORTANTE POR LA FAMILIA, NIÑOS, NIÑAS, PAPAS, MAMAS, TIOS, TIAS , ABUELOS Y ABUELAS, PUEDE SER QUE HASTA BISABUELOS.
LA SALUD DE TODOS QUE CORREN SIEMPRE SERÁ MEJOR DE LOS QUE SON SEDENTÀRIOS, Y ADEMAS CON ESO LOS PRATICANTES DEL ATLETISMO, VIVEN MEJOR, TANTO FISICAMENTE COMO PSICOLOGICAMANTE.

QUEDEN TODOS CON DIOS Y

BUENAS VACACIONES.

JAIME FERNANDEZ