lunes, 7 de junio de 2010

I Trofeo de Atletismo en pista en Noia e Milla Urbana en Milladoiro

I trofeo de atletismo en pista Vila de Noia 
Celebrarase o sábado 12 de xuño, no estadio de atletismo de Noia, de 11 a 13:20 h. Os atletas das categorías benxamín, alevín e infantil que o desexen asistirán,  baixo a supervisión de Juan Pablo,  á competición de Noia, que substituirá ao adestramento do sábado.

Os nenos/as de MillaRaio participarán nas probas de velocidade: 
11:00 h/ 60 ml/benxamín e alevín masculino e feminino
11:15 h/80 ml/infantil masculino e feminino 
11:45 h/ 500 ml/benxamín, alevín, infantil masculino e feminino

Os atletas prebenxamíns recibirán o seu adestramento como todos os sábados, nesta ocasión impartido pola atleta Paula Campanero, coñecida xa polos pequenos de MillaRaio.

O domingo 13 de xuño celebrarase a Milla urbana en Milladoiro. Esta carreira é de interés especial para MillaRaio por ter lugar no noso concello. Por  este motivo todos os nenos e nenas do club estarán inscritos para participar nela. A proba terá lugar a partir das 11:00 h na Travesía do Porto, en Milladoiro.

No hay comentarios: