A través do blog de temática infantil peques y más coñecín a campaña que está a realizar Tulipán coa axuda da Sociedad Española de Dietética y Ciencias de la Alimentación para promocionar unha alimentación san entre os nenos/as.
Na páxina oficial de Clara en el país de los alimentos atoparedes vídeos coas aventuras de Clara e os seus amigos e xogos variados, por exemplo coa pirámide dos alimentos, que seguro lles gustarán aos nosos atletas.
En come con Clara podedes crear un vídeo persoal para o voso fillo/a que lle axudará a mellorar as súas costumes á hora de comer.
Todos sabemos que a falta de exercicio físico e unha alimentación incorrecta son as causas principais da cada vez maior obesidade infantil. Por iso ensinar aos nosos nenos e nenas a importancia do deporte e a comer axeitadamente a través de xogos ou con vídeos divertidos coma estes parece moi interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario