O pasado sábado 11 de setembro, comezamos a tempada 2010 - 2011.
O horario do adestramento, o longo do mes de Setembro, é as 13:00 nas pistas a caron do Casa da Cultura do Milladoiro.
De tódolos xeitos, estade atentos o blog e o correo, xa que a partir do mes de Outubro poderá variar o lugar e a hora dos adestramentos.
Con respecto á xente que quera darse de alta no club, nesta páxina ten acceso os formularios de inscricións. Recordar que a inscrición non será válida senon se entregan debidamente cumplimentados os dous formularios.
Para calquera dúbida, pódense poñer en contacto có Club a través da conta de correo millaraio@yahoo.es.
2 comentarios:
para facerme nova no club xa me vale con cubrir os formularios que tedes na paxina ou teño que facer algo mais???
Para formalizala inscrición é preciso entregar os documentos debidamente cumplimentados ós membros da Directiva nos adestramentos.
Ademáis, no caso no que o socio sexa menor de idade, este terá que ir acompañado dun adulto (pai/nai/titor/a) para formalizala inscrición.
Publicar un comentario