jueves, 29 de septiembre de 2011

A Competición en Edade Escolar

Texto de Juan Pablo Fernández
Director deportivo de MillaRaio 
Doctorando en el Dep. Pscicoloxia Evolutiva. U. Vigo.

Aproveitando a ocasión do inicio da tempada e a entrada de novos atletas no clube queria recorar un texto onde farcemos unhas reflexións relacionadas à temática da COMPETICIÓN EN EDADE ESCOLAR.

A competición existe en todos os ámbitos da vida e saber convivir e interactuar con ela é moi importante para grandes e pequenos. No deporte a competición gana aínda máis protagonismo por ser unha das razóns que leva ao adestramento na busca dunha mellora en determinada proba ou tarefa. Esa competición e busca da mellora pode ser feita de diferentes xeitos, dependendo dos obxectivos e tamén do punto de comparación utilizado para medir a mellora.

O primeiro nivel de competición é o que enfronta a un consigo mesmo, buscando mellorar a execución dunha tarefa ou obxectivo de xeito individual. Este tipo de competición non ten porque gardar relación cun deporte específico, pode ser o simple reto de ir camiñar tres veces á semana para alguén que non fai actividade física algunha. Outros exemplos serían facer dez flexións de brazos seguidas, correr a carreira pedestre de Santiago enteira sen parar, ou aprender a camiñar coas máns facendo o pino... É unha competición que depende da meta que queira un acadar. Depende dun mesmo, do seu empeño e dedicación, sempre que os obxectivos propostos sexan realistas.

Noutro nivel está a competición en relación aos demais, onde a comparación dun resultado ou execución dunha tarefa se fai en relación aos resultados doutros. Este tipo de competición situa o éxito no feito de superar ou ganar aos demais. É o exemplo claro dos deportes federados, principalmente dos colectivos, onde aínda que un xogador faga o seu mellor partido e sexa o mellor do mundo no seu cometido, o equipo pode perder. No atletismo, un deporte individual, esto tamén pode pasar. Quedar 1º, 5º ou 50º depende moito de si compito cos meus veciños, cos colegas do traballo ou no campionato mundial!

O perigo está en orientar o deporte infantil na busca do resultado da competición, para ganar aos demais ou facer marcas, especialmente se o facemos cos máis pequenos. Os nenos/as non están no deporte polo resultado competitivo, senón pola diversión, as amizades e o desafío de aprender cousas novas e superarse a sí mesmos (que segue sendo competición). Rapaces e adultos, cando nos dispoñemos a facer algo, queremos facer o mellor e progresar, pero os organismos están en fases diferentes de desenvolvimento e hai que telo en conta na hora de plantexar retos e obxectivos.

No deporte infantil as expectativas e obxectivos están marcados polos adultos, moitas veces sen ter en conta tales características e necesidades dos nenos/as. En ocasións a esixencia, cantidade e frecuencia das competicións van en contra do desenvolvemento físico e psicolóxico adecuado para os nenos/as.

Pais e profesionais do deporte debemos utilizar a competición acertadamente, como un medio máis na motivación e desenvolvemento dos nenos/as. A competición non debe ser o fin específico para o que se preparan.

Rematar deixando claro que non estou en contra da competición en idade escolar. Creo que é necesario competir e que os pequenos/as teñan ganas de mellorar, xa que é unha das contribucións do deporte para a súa vida adulta. Pero os nenos/as non son maiores en versión bolsillo, teñen demandas específicas, e non se valen por si mesmos para decidir o que é mellor para eles. Correspóndenos aos adultos orientalos correctamente na competición. ISO DEPENDE TODOS DE NÓS!

Carreira de Brión

Comunicamos dende a dirección deportiva que teremos un cambio de planes respecto a participación do Clube na carreira de Brión. Tiñamos sempre a intención de que fora unha carreira de interese do Clube, pola sua proximidade e por ter nas nosas filas atletas que residen naquele concello.

A situación cambiou cando hai poucos días, coñecendo o regulamento completo da carreira, vemos que os maiores de 12 anos terían que facer a carreira de 8km cos adultos, o que é totalmente inadecuado segundo a nosa visión e filosofía de traballo.

Dada a situación, seguimos recomendando a carreira aos menores de 12 anos, pero xa sen o caracter de "carreira do clube" e polo tanto, non se apuntarán a todos os nosos atletas para non motivar a participación en unha actividade que pode ter malas repercucións a sua integridade, ainda mais estando a tempada en seu inicio. Os menores de 12 anos que queira apuntarse poden facelo por dous medios:

TELÉFONO: 981 50 99 08
PRESENCIALMENTE: na Casa da Cultura do Concello de Brión
Esperamos a vosa compreensión e que nas vindeiras edicións podamos participar unha vez que se axusten as distancias às recomendadas para cada edade.

Un saúdo e vemonos Sábado.

Juan Pablo Fernandez,
Director Deportivo.

martes, 27 de septiembre de 2011

ENTRENAMENTOS DO DIA 1 DE OUTUBRO

Os entrenamentos deste sábado realizaránse nas Pistas de Atletismos do Estadio da U.S.C. en todalas categorías e cos siguientes horarios.

             de 12 a 13:30 os Infantís, Cadetes e Xuvenis
             de 12:00 a 13:00 os Alevins
             de 12:30 a 13:30 os Benxamins e Pre-benxamins.

Próximamente daremos conta dos horarios e lugares para o resto do mes de outubro. estade atentos o blog e mais o calendario.

viernes, 23 de septiembre de 2011

ENTRENAMENTO DO DIA 24

Recordar os novos socios que este dia teñen que estar un pouco antes da hora do entreno para probar as camisetas de entreno ou os chandals. Gracias

jueves, 22 de septiembre de 2011

FESTA DO DEPORTE SABADO!

           Un ano mais o Clube de Atletismo Millaraio participa como colaborador da Festa do Deporte organizada polo Concello de Ames, onde daremos aos rapaces e rapazas a posibilidade de experimentar algunhas probas da modalidade deportiva que mais ten crecido no noso Concello!
            As actividades serán no Pavillón Deportivo de Milladoiro e nas súas inmediacións e os rapaces que non coñecen poderán probar os salto triplo e tamén o salto en altura e a carreira de velocidade (se o tempo acompaña). Aqueles que se acheguen ás actividades tamén poderán ver o desenvolvemento dos nosos atletas que xa teñen un bo coñecemento destas probas tan técnicas e bonitas do atletismo!
            Esperamos todos os que queiran probar e tamén os nosos atletas a partir das 17:00 do Sábado 24/10 para disfrutar e facer do deporte unha grande festa! Os atletas do Clube que participen ganarán o seu primeiro “Punto Milla” da tempada, que logo ponde cambiar por material deportivo.

            Vémonos Sábado no Milladoiro!

miércoles, 21 de septiembre de 2011

NOVA ESTRUCTURA DOS ADESTRAMENTOS:

            Xa temos practicamente todas as xestións feitas e salvo pequenos cambios puntuais os días e horarios das actividades a partir do 1 de outubro serán:
Luns :
Infantil- Cadete- Xuvenil - Pavillón de Milladoiro de 18:30 a 19:30
Mércores :
Benxamín e Alevín - Pavillón de Milladoiro de 18:30 a 19:30
Infantil- Cadete- Xuvenil – Pistas de atletismo USC de 18:15 a 19:15
Sábados:
                Pre-benxamín e Benxamín – Colexio de Ventin de 13:00 a14:00
                Alevin – Pistas de atletismo USC de12:00 a 13:00/13:30 (segundo opción)
    Infantil- Cadete- Xuvenil – Pistas de atletismo USC de 12:00 a 13:30

                Para facilitar a comprensión, deixamos abaixo as categorias por ano de nacemento para a tempada 2011/2012:
                Pre-benxamín – 2005-2006
                Benxamín -  2003-2004
                Alevín – 2001-2002
                Infantil – 1999-2000
                Cadete – 1997-1998
                Xuvenil – 1995-1996

Por último, pedimos que nos fagan chegar canto antes o número de días que pretenden adestrar os atletas das categorías que teñen opción: Benxamín 1 ou 2, Alevín 2h ou 2,5 h e Infantil 2 ou 3 días. Para que completemos os grupos e non quede ninguén sen praza.

viernes, 16 de septiembre de 2011

Inicio da Nova Tempada

               O dia 17 de setembro comeza unha nova tempada para Millaraio onde teremos novos desafíos e retos a seren alcanzados tanto polo Clube como por cada uno dos atletas que o representan!
                É importante destacar que os tempos de crise están cambiando algunhas cousas. O  inicio de tempada previsto nas pistas de atletismo foi imposible, xa que estarán pechadas todo o mes de setembro. A nosa antiga sede de adestramentos, o pavillón na nave do Polígono, non abrigará mais actividades deportivas e os adestramentos no medio da semana serán desprazados ao Pavillón de Milladoiro (tamén cedido polo concello), ao lado da Piscina Municipal. En pouco tempo teremos definidos os horarios e os locais definitivos que serán publicados aquí no blog.
                Por outra banda, hai boas novas respecto aos apoios que recibe o Clube de varias entidades. Tanto entes públicas como empresas están a valorar Atletismo Millaraio como un proxecto importante e confían na súa labor e nos resultados deportivos e sociais.  Moitas empresas do noso entorno colaboran e teñen seus nomes publicados abaixo. Cabe destacar tres en especial por ter apoiado o proxecto en forma de patrocinio.
 Agradecemos o esforzo de Salvac@n, que nun momento complicado segue apoiando noso proxecto e, principalmente, o Centro Dental Macía, que merece unha mención especial por estar colaborando dende o principio tanto co clube como cos eventos organizados pola nosa entidade, destacando que aumentaron o seu apoio na medida que nós aumentamos tamén os atletas inseridos no proxecto. Por último agradecer a empresa de decoración e materiales Segundo Rey, pola importante colaboración que prestou ao clube, sendo a que mais colaborou despois das duas principais patrocinadoras.
Nos gustaría citar as entes públicas que recoñecen a nosa importancia na promoción e consolidación do Deporte de Base:
O Concello de Ames concedeunos axudas económicas e ten buscado alternativas sempre que se lle requisaron para facer posibles os nosos proxectos, tanto en medios materiais, como en espazos e actividades, recoñecendo que Millaraio é un dos Clubes que máis fomenta o deporte de Base no noso concello.
A Deputación da Coruña que fixo posible a adquisición de material, subvencionando un 40% do valor das parcas de inverno, tan importantes para abrigar aos nosos rapaces e rapazas nas competicións atléticas ao aire libre no inverno.
A Xunta de Galicia nos apoia con subvencións moi  importantes para o mantemento das actividades do Clube e a adquisición de materiais entre os cales podemos citar o colchón de saltos e os seus accesorios para salto en Altura, moi importante para os adestramentos no Pavillón.
Non podemos deixar de agradecer o apoio e a confianza dos socios no noso proxecto. Sen eles sería imposible facer realidade un traballo con a calidade e a estrutura que pretendemos ter na presente tempada.
Seguiremos traballando para facer o noso proxecto crecer e propoñer actividades complementarias e melloras estruturais que nos permitan seguir no camiño de converter a Millaraio nun dos principais referentes do atletismo de base da comarca e da Provincia.

Un saúdo e vémonos mañá!

DE NOVO CAMBIOS PARA O DIA 24 DE SEPTEMBRO

Socios do Millaraio:
Xa sabemos que onte indicamos os horarios do dia 24, pero o final hai novos cambios. Remitovos a nota que mandou o adestrador  para o dia 24 de septembro.

  Pola mañan No Pavillón do Milladoiro, adestramento dos mayores de 11:30 a 12:30 - (os cadetes e juvelies quedan hasta 13:00)
  Os peques de 12:30 a 13:30.

Pola Tarde:  Temos actividade do Dia do deporte, tamén no Pabellón de milladoiro a Partir das 17:00 atá as 19:00. Estan invitados a participar todos os atletas do clube e a súa participación implica ganar 1 punto Millaraio. Actividades de Demostración:  Salto Altura e salto triplo.

A actividade da festa do deporte esta descrita na paxina do concello:
 http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=6897&idioma=gl&sec=32

Así que quedan os mesmo horarios pero en vez de festa do deporte hai adestramento e a festa do deporte faise pola tarde.

Sinto que as coisas non se poidan comunicar con algo mais de antelación, pero sabedes que son moitos os cambios tanto na estructura do clube como nas condicións de espacios que utilizamos e atá que se estabilize iremos facendo un pocuo encima da marcha.

Temos que facer notar que o cambio de lugar de adestramento dos sábados no mes de septembro ven dado polo feito que as pistas da USC non abrirán ata o 1 de Outubro, a partir desa data os adestramentos faranse nese lugar nos horarios que xa se comunicarán

jueves, 15 de septiembre de 2011

LISTADO DE EMPRESAS COMO NOVOS SOCIOS COLABORADORES

Dentro da política da Directiva na captación de novos socios colaboradores procedemos a publicar un listado das empresas que ata o momento temos como socios para esta tempada 2011-12. Si algún dos socios do clube coñece alguna empresa, xa sexa do concello de Ames ou de outro concello, que quera colaborar co clube, agradeceríamos que chegasen esa información a algún membro da directiva e falaríase de como poñerse en contacto con dita empresa. As empresas socios colaboradores son:

MACIA, SALVACOM, LUZETE, ANTIQUA, CAFETERIA CENTRAL, BAR JOY, AUTO VIDRIO PLUS, MAYZU, BABIA, ANIMAL CENTER, FOGAR DE SEIDON, CAFETERIA LA ROTONDA e RESTAURANTE SQUASH, VALIÑO, VAGALUME, NOA, OPTICA VINTE, CALVIÑO

Esperamos engadir co tempo mais empresas a esta lista. Iremos informando das novas incorporacións e reincidir en que toda axuda por parte dos socios será ben recibida. Vémonos o 17 no Pavillón do Milladoiro.

CAMBIO DE HORARIO NO ENTRENAMENTO DO DIA 24 DE SEPTEMBRO

Queridos socios:
queremos informarvos dun cambio para o entrenamento do dia 24 de septembro. A actividade será pola mañá e os rapaces maiores se presentarán as 11:30 e os pequenos as 12:30. Esta actividade durará ata as 14:00. Os que nos puideran ir o 17 este dia poderán probar a camiseta da nova equipación.
 
Un saúdo cordial

lunes, 5 de septiembre de 2011

COMENZO DOS ENTRENAMENTOS DA TEMPORADA 2011-12

Xa coñecemos o día e o sitio onde comenzaremos os entrenamentos desta nova tempada 2011-12. O día é o 17 de Septembro e o sitio o Pavillón de Deportes do Milladoiro (o que está o lado da Casa de Cultura). Os horarios serán os seguintes:
    -para os nacidos no 2003-2004-2005-2006 das 13:00 as 14:00
    -para o resto das 12:00 as 13:00
Esperamos que todos podades vir este primeiro día.