Un ano mais o Clube de Atletismo Millaraio participa como colaborador da Festa do Deporte organizada polo Concello de Ames, onde daremos aos rapaces e rapazas a posibilidade de experimentar algunhas probas da modalidade deportiva que mais ten crecido no noso Concello!
As actividades serán no Pavillón Deportivo de Milladoiro e nas súas inmediacións e os rapaces que non coñecen poderán probar os salto triplo e tamén o salto en altura e a carreira de velocidade (se o tempo acompaña). Aqueles que se acheguen ás actividades tamén poderán ver o desenvolvemento dos nosos atletas que xa teñen un bo coñecemento destas probas tan técnicas e bonitas do atletismo!
Esperamos todos os que queiran probar e tamén os nosos atletas a partir das 17:00 do Sábado 24/10 para disfrutar e facer do deporte unha grande festa! Os atletas do Clube que participen ganarán o seu primeiro “Punto Milla” da tempada, que logo ponde cambiar por material deportivo.
Vémonos Sábado no Milladoiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario