O dia 17 de setembro comeza unha nova tempada para Millaraio onde teremos novos desafíos e retos a seren alcanzados tanto polo Clube como por cada uno dos atletas que o representan!
É importante destacar que os tempos de crise están cambiando algunhas cousas. O inicio de tempada previsto nas pistas de atletismo foi imposible, xa que estarán pechadas todo o mes de setembro. A nosa antiga sede de adestramentos, o pavillón na nave do Polígono, non abrigará mais actividades deportivas e os adestramentos no medio da semana serán desprazados ao Pavillón de Milladoiro (tamén cedido polo concello), ao lado da Piscina Municipal. En pouco tempo teremos definidos os horarios e os locais definitivos que serán publicados aquí no blog.
Por outra banda, hai boas novas respecto aos apoios que recibe o Clube de varias entidades. Tanto entes públicas como empresas están a valorar Atletismo Millaraio como un proxecto importante e confían na súa labor e nos resultados deportivos e sociais. Moitas empresas do noso entorno colaboran e teñen seus nomes publicados abaixo. Cabe destacar tres en especial por ter apoiado o proxecto en forma de patrocinio.
Agradecemos o esforzo de Salvac@n, que nun momento complicado segue apoiando noso proxecto e, principalmente, o Centro Dental Macía, que merece unha mención especial por estar colaborando dende o principio tanto co clube como cos eventos organizados pola nosa entidade, destacando que aumentaron o seu apoio na medida que nós aumentamos tamén os atletas inseridos no proxecto. Por último agradecer a empresa de decoración e materiales Segundo Rey, pola importante colaboración que prestou ao clube, sendo a que mais colaborou despois das duas principais patrocinadoras.
Nos gustaría citar as entes públicas que recoñecen a nosa importancia na promoción e consolidación do Deporte de Base:
O Concello de Ames concedeunos axudas económicas e ten buscado alternativas sempre que se lle requisaron para facer posibles os nosos proxectos, tanto en medios materiais, como en espazos e actividades, recoñecendo que Millaraio é un dos Clubes que máis fomenta o deporte de Base no noso concello.
A Deputación da Coruña que fixo posible a adquisición de material, subvencionando un 40% do valor das parcas de inverno, tan importantes para abrigar aos nosos rapaces e rapazas nas competicións atléticas ao aire libre no inverno.
A Xunta de Galicia nos apoia con subvencións moi importantes para o mantemento das actividades do Clube e a adquisición de materiais entre os cales podemos citar o colchón de saltos e os seus accesorios para salto en Altura, moi importante para os adestramentos no Pavillón.
Non podemos deixar de agradecer o apoio e a confianza dos socios no noso proxecto. Sen eles sería imposible facer realidade un traballo con a calidade e a estrutura que pretendemos ter na presente tempada.
Seguiremos traballando para facer o noso proxecto crecer e propoñer actividades complementarias e melloras estruturais que nos permitan seguir no camiño de converter a Millaraio nun dos principais referentes do atletismo de base da comarca e da Provincia.
Un saúdo e vémonos mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario