Xa tedes no Calendario os detalles das próximas semanas entre os cuais destacamos alguns cambios e outras actividades extras moi importantes! Durante a semana seguimos con a misma estructura das últimas semanas.
O primeiro recado ten relación co cambio de local de adestramento o próximo sábado, pois as pistas non abren polo festivo da USC. Polo tato se manteñen os horarios e se fai o adestramento DOS DOUS GRUPOS NO COLEXIO DE VENTIN. Tedes mais detalles e mapa no calendario.
Por outra banda, no mesmo sábado 28/01, gustrianos facer unha breve reunión para explicar o calendario de competicións, como funciona a participación e a clasificación en probas de pista e cales son as mais importantes para os nosos atletas e para o Clube. Para non faceros vir noutro horario, faremos duas reunións: Unha as 13:00 con o pais dos Benxamins e Prebenxamín e outra, ás 13:15 con os pais dos alevíns e mayores. Como vedes é algo breve, pero moi importante para aclarar os próximos pasos competitivos dos nosos atletas.
Por último, terá lugar en Santiago no circuito do Monte do Gozo, o "I Cross de Compostela" que pode ser unha boa oportunidade para participar en un cros con características diferentes aos cross disputados ata o momento. O clube non fará inscripcións colectivas e os interesados en participar deben enviar un correo de confirmación a jpfernandez@saludyrendimiento.es. Non recomendamos a participación de benxamíns, unha vez que a distncia (1400m) e a dureza do percorrido serían obstaculos duros para que disfrutaran da proba. Outro atractivo é a disputa do campionato Galego de Cross Absoluto, no mesmo circuito, momentos depois das carreiras de menores.
Mais información:
http://www.atletismogalego.com/REGULAMENTO%20I%20CROSS%20DE%20COMPOSTELA.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario