lunes, 9 de enero de 2012

Noticias Millaraio 2012


Antes de nada, desexar a todos un grande ano de 2012, cheo de saúde, paz e conquistas!
Para o noso Clube é un ano moi importante, unha vez que pretendemos acudir con moitos atletas a diferentes competicións escolares e federadas. O calendario de atletismo comeza a ter forma e en poucos días teremos aquí no blog un adianto con as competicións a que iremos acudir e que xa presentan definición de datas el locais.
Para preparar mellor os nosos atletas e aproveitar ao máximo as posibilidades materiais, faremos algunhas modificacións na estrutura, que para nada van alterar de maneira agresiva a rutina de días e horarios, pero si afectarán algúns sábados, principalmente os adestramentos dos Benxamíns/Prebenxamíns que farán mais sesións nas pistas de atletismo.
O calendario completo para as próximas semanas será exposto no próximo fin de semana, pero pedimos que teñades en conta a data do 21/01 recordando que se disputará a segunda fase do Cros no Parque de Paxonal. Aínda falta a confirmación oficial respecto a participación libre de todos os atletas.
Por último, adiantarvos unha información referente a unha nova posibilidade de práctica deportiva que teñen os atletas de Millaraio. A partir de este mes, aqueles atletas do clube que queiran complementar súa actividade deportiva  de atletismo con natación (1 ou 2 veces por semana) poden facelo polo convenio acordo que temos con o Clube de Triatlón Arcade Inforhouse. A coordinación das sesións é feita por Juan Pablo Fernandez e Luis Feito, ambos adestradores de Millaraio, tendo como obxectivo o aprendizaxe e a mellora técnica.
As clases son na piscina do Sar, de 19:00 a 20:00 horas e se poden escoller entre Martes, Xoves e Venres, ata límite de prazas en cada horário. Non hai obriga de competir, pero si posibilidade de probar en carreiras de Biatlón (Nadar+correr) ou, en casos especiais, Triatlón.

Os interesados deben enviar un correo a:

Un saúdo e ánimo na volta aos adestramentos!

No hay comentarios: