jueves, 26 de abril de 2012

RESULTADOS COMPETICION A POBRA

Noraboa  a todolos atletas participantes na fase zonal da Pobra, o clube Millaraio acadou un grande éxito tanto en participacion coma en resultados, colocando a un bo numero de atletas no podio que podedes ver a continuación:

PRIMEIROS POSTOS:
  • ANDREA GONZALEZ, 80 m.v. infantil.
  • NICOLAS RODRIGUEZ, 80 m.v. infantil.
  • MARTIN FERNANDEZ, lonxitude cadete.
  • SAMUEL HUESCA, 100 m.l. cadete.
  • ANTON LOPEZ, 300 m.l. cadete.
  • CONSUELO QUINTANS, 3 km. marcha infantil.
SEGUNDOS POSTOS:
  • HUGO RODRIGUEZ, 80 m.v. infantil.
  • PABLO DIAZ, 1000 m.l. benxamin.
  • ANDREA GONZALEZ, lonxitude infantil.
  • NICOLAS RODRIGUEZ, 80 m.l. infantil.
  • CRISTINA SANCHEZ, 100 m.l. cadete e 300 m.v. cadete.
  • MARTIN FERNANDEZ, 100 m.l. cadete.
  •  GABRIEL MARTINEZ, pelota alevin.
  • PABLO FERNANDEZ, peso alevin.
  • HUGO GONZALEZ, altura benxamin.
  • MATEO GARCIA, lonxitude alevin e 60 ml alevin.
TERCEIROS POSTOS:
  • PABLO DIAZ, lonxitude benxamin.
  • LAURA CUESTA, 1000 m.l. alevin.
  • MIGUEL PIÑON, pelota benxamin.
  • SABELA FERRAS, 50 m.l. benxamin.
  • PABLO NOGUEIRA, peso infantil.

O resto dos resultados poderedes atopalos na seguinte dirección:
resultados A POBRA 

martes, 24 de abril de 2012

Control 27/04 e Adestramento 28/04 - Actividade Especial Xavalina

Unha vez rematadas as competición Zonais de Atletismo en Pista que deixarón moi boas sensacións e unha mellora nas marcas de practicamente todos os nosos atletas, esta semana teremos adestramentos co fin de axustar posibles pontos e de seguir aprendendop cousas novas!

No próximo sábado teremos adestramento nas pistas e en Ventín e por motivo da actividade de Xavelina teremos os seguintes horarios:

-  Benxamíns e prebenxamíns farán sua sesión nas instalacións de Ventín de 13:00 a 14:00.

- Alevíns e Infantiles de primeiro ano (2000, 2001 e 2002) adestrarán nas pistas da USC de 12:00 a 13:30.

- Infantiles de 2º, Cadetes e Xuveniles (1999,98,97,96)- Actividade de Xavalina de 11:00 a 13:30 nas pistas da USC.



CONTROL DE MARCAS:

A delegación de Santiago ten anunciado un control de marcas para o vindeiro venres, nas pistas da Universidade.  Ainda que a maioria xa participou en moitas competicións e aínda nos queda algunnhs por diante, aqueles que queiran participar poden facelo sen problemas e deben inscribirse directamente no correo da delegación ou, na folla de inscripción nas pistas de Atletismo. Os horarios ainda non están publicados, pero toda a información podedes aconsultar en :

http://www.fgatletismo.es/santiago/

Buscar a información do control Federado do día 27/04.

Una vez publicado o horario e as probas, as categorias Benxamín e Alevín teñen poucas opcións que son os 500m e o lanzamento de Peso. Xa para os infantiles é unha boa oportunidade de facer as probas de velocidade e vallas.


Un saúdo!

lunes, 23 de abril de 2012

I ANDAINA SOLIDARIA POR AMES

O Concello de Ames en colaboración co Club de Atletismo Milla Raio e Cáritas Diocesana do Milladoiro e Bertamiráns organizan a I Andaina Solidaria por Ames que se desenvolverá o vindeiro domingo 29 de abril.


Máis información  na seguinte ligazón:

Concello de Ames

viernes, 20 de abril de 2012

Confirmación Inscriciones A Pobra

Deixamos o enlace cos inscritos para a competición de A Pobra. Botar un ollo e en caso de que haxa algunha anomalia , enviar un correo ao club millaraio@gmail.com para que poidamos tentar arranxalo:´

http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2012/04/INSCRICIÓNS-POR-CLUBE.pdf


Deixamos tamén o Horario definitivo:

http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2012/04/HORARIO-A-POBRA-210412-MODIFICADO.pdf


Por outra banda, confirmar que NON SE DARAN BOCADILLOS  nesta fase, pois é unha fase comarcal e ofrecen este obsequio apenas nas fases provinciais e campionatos galegos.Confirmamos a saído do autobus as 9:00 dende a parada a carón do parque Eugenio Granel (Paxonal) e que a volta será ao acabar as probas, pero sempre hai a posibilidade de regreso con alguén do clube que vai en coche.

O noso clube levará un importante numero de atletas para a competición (58) en busca de mellorar as suas marcas e probar novas experiencias unha vez que é unha das poucas competicións que ofrece todo o abanico de probas oficiais para os mais pequenos.

Por último, recordar que para a próxima fase pasarán as 16 mellores marcas en cada proba, incluidas as fases de toda a provincia da Coruña, para disputar o campionato provincial no dìa 12/05, competición que dá acceso ao campionarto galego.

Agradecemos a atención e a resposta rápida de todos ante o incidente con os horarios e pedimos disculpas polos problemas, ainda que non foran causados polo clube.

Un saúdo e a animar moito mañan!!!

jueves, 19 de abril de 2012

URGENTE - Cambio de horarios A Pobra

Nos comunicarón a última hora dende a Federación que por un erro o horario que tiñan publicado na paxina web non era o oficial da competición do próximo sábado.

Abaixo deixaremos o enlace con o horario definitivo que ten bastantes cambios o que pode facer que varias das probas nas cuais participarán os nosos atletas que teñan problemas de horarios. Dende o clube xa fixemos chegar o mal estar e os transtornos que causa tal acontecimento, unha vez que teremos que reubicar a 70 atletas en un novo horario. Eles por sua parte piden desculpas e permitirán que fagamos os cambios ata venres, entendendo a situación.

Polo tanto, pedimos a todos os pais dos atletas que acudirán à competición que NOS CONFIRMEN OUTRA VEZ  as probas a que van a participar (segun o que xa se falou con cada atleta e a dispoñibilidade de horario) e se van en autobus! Para tanto deixamos abaixo o enlace con os novos horarios e pedimos que fagan correr a noticia para poder reubicar os atletas. Os atletas que poden ir mañan e tarde só corfimen esa condición e xa manteremos as probas unha vez que o cambio non condiciona súa participación.

NOVO HORARIO:

http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2012/04/HORARIO-A-POBRA-ATLETISMO-ESCOLAR-210412.pdf

confirmar canto antes en millaraio@gmail.com

Sentimos moito e esperamos poder axustar da mellor maneira posible a situación!

Un saúdo!

lunes, 16 de abril de 2012

Escolar En Pista A Pobra do Caramiñal - 21/04 - Intrucións para Inscripción.

Como xa sabedes o vindeiro Sábado temos o campinato Zonal Escolar en A Porbra do Caramiñal, que xunto coa competición realizada en Santiago, dá a opción de clasificación ao Campionato Provincial de Atletismo . As probas e horarios poden consultarse nas entradas enteriores e tamén estan no tablón de entrada no estadio de Atletismo.

Para esta ocasión non fai falta ter unha marca mínima así que todos os atletas poden acudir a competición, pero é necesario que TODOS OS ATLETAS CONFIRMEN QUE ASISTIRÁN E SE VAN A IR EN AUTOBUS GRATUITO con salida as 9:00 da mañan do Sábado na parada de autobuses do parque Eugenio Granel (o mismo do cros). A confirmación debe facerse por correo eletronico como mais tarde o Mércores antes das 22:00h.

A grande maioría xa confirmou as probas ou ben os horarios a que poden acudir, pero os que queren ir e ainda non o fixerón deben facelo no adestramento de hoxe lúns ou por correo eletrónico atá mañan.

Por último, os atletas de categoria Cadete e Xuvenil teran un control de marcas nas pistas de Santiago o vindeiro venres onde poderán facer algunhas probas. Deben o horario do control nas pistas e falar cos adestradores para poder definir a participación no venres e redefinir as do sábado, no seu caso.

Nas competicóns o clube buscará a clasificación de seus atletas para os campionatos provinciais e galegos e tamén cada atleta terá como meta mellorar suas marcas e probar outras probas do programa atlético!

lunes, 9 de abril de 2012

Adestrametos e competiciónes próximas semanas

Pasados os festivos de Semana Santa, retomaremos as actividades de adestramento hoxe, lúns as 18:00, nas pistas de atletismo da USC. Non hai adestramento no Pabillón do Milladoiro e baixan todos as pistas.

Por poutra banda, Mércores hai adestramentos normais no Pabillón e nas pistas mentres sábado teremos adestramento de TODOS NA PISTA para poder facer os últimos axustes antes da competición do día 21/04 na Pobra do caramiñal. Coma sempre chegan os maiores as 11:00 e os benxamíns e prebenxamíns as 12:30.

Para o escolar da Pobra todos (salvo prebenxamíns e Juveniles) están convocados e poden facer 2 probas os benxamíns e 3 probas os Alevíns, Infantiles e Cadetes. Esta proba é clasificatória para o campionato provincial, así como foi a de Santiago. Deixamos os horarios das probas para consulta para logo poder escoller as probas que mellor se encuadran aos horarios dos pais e as perspectivas de clasificación e desenvolvemento dos nosos atletas:


http://www.atletismogalego.com/hs210412.pdf


Para ese día os atletas contarán con Autobús para o transporte que sairá pola mañan e retornará pola tarde, ao final das competicións.

Por último e tamén relacionado às competicións, o clube esta definido algunhas competicións e controls de marcas para ofrecer oportunidades aos xuveniles e Cadetes de facer as mínimas esixidas para os campionatos galegos que se disputarán en Mayo.


martes, 3 de abril de 2012

Participación Millaraio Campionato Galego de Menores en P.C


Con esta nota queremos dar a noraboa tanto ós atletas participantes neste campionato coma ó marabilloso publico que nos acompañou durante toda a xornada competitiva. Queremos tamén agradecer  a axuda e interés prestado por todos, sen vos este proxecto  moi dificilmente podería  ser levado a cabo.
Gustaríanos salientar o marabilloso ambiente que se respirou tanto na pista coma nas gradas durante todo o día. En canto ós resultados foron estupendos, non só polos rapaces que conseguiron medalla senón por todos os participantes, moitos meténdose nas finais ou acadando postos de finalista, outros mellorando a súa marca con creces...ou simplemente estando aí!! vos facedes que este proxecto se faga realidade!! PARABENS PARA TODOS!!!

A actuación do Millaraio foi a seguinte:
50 metros lisos:
Mateo Muñoz Oreiro 5º na súa serie
Mateo García Aneiros 3º na súa serie
Luís García Jueguen 2º na súa serie.
Pablo Alonso Campo 1º na súa serie e 5º na final.
Antón Gomez García 3º na súa serie

500 m.l:
Antón Nogueira González 6º na súa serie
Daniel Mato Gomez 2º na Final.
Pablo Díaz Oiza 5º na súa serie.
Hugo González Oliveira foi descalificado. 

1000m.l
Diego Alonso Campo 8º na súa serie.
Nicolás Iglesias Vilela 11 na súa serie. 

50 m.v:
Nicolás Rodríguez Cadarso De la Peña 1º na Final
Salto de Altura:
Mateo Muñoz Oreiro 8º na Final Infantil
Pablo Souto García 5º na Final Benxamín
Salto de Lonxitude:
Pablo Alonso Campo 1º na final Benxamín.
Antón Gomez García 7º
Pablo Díaz Oiza 15º
Luís García Jueguen 21º

Peso
Nicolás Rodríguez Cadarso De la Peña 3º na Final Infantil
Pablo Nogueira Fernández 6º na final.
Miguel Piñón Álvarez 6º na final Benx.
Mario López Lareo 11 na final.
Gabriel Martínez Pachon 19º na final Alevín. 

MULLERES:
50m.l
Icía Felipez García 4ª na súa serie.
Rocio García Villaverde 5ª na súa serie.
Carlota Lías Pías 3ª na súa serie.
María Hernando Martínez 2º na súa serie.
Marta García Villaverde 5ª na súa serie.
Claudia Costas Román 5ª na súa serie.
Laura Cuesta Pereira 3ª na súa serie.
Noelia Castro Rey 6º na súa serie.
Helena Montero Sueiro 4ª na súa serie.
Sabela Ferras García 3ª na súa serie. 

500m.l:
María Hernando Martínez 6ª na súa serie.
Rocio García Villaverde 6ª na súa serie.
Laura Cuesta Pereiro 5ª na súa serie.
Lucia Parra Fernández 11ª na súa serie.
Noelia Castro Rey 5ª na súa serie.
Teodora Ruso Vidal 14ª na súa serie.
Degnesh María Mato Gomez  7ª na súa serie. 

50 m.v:
Andrea González García 3ª na final.
Salto de Lonxitude:
Andrea González García 13 na final. 

Peso:
Aldara Díaz Marín 12ª na final.
Sabela Ferras García 8ª na final. 

Por último darlle ánimos a Lucia Parra que aínda torcendo un nocello na súa carreira de 500 acabou a carreira tendo que ser despois evacuada ó hospital para facer probas. Ó parecer a lesión non foi de gravidade e agardamos tela moi pronto nos próximos adestramentos.