Deixamos o enlace cos inscritos para a competición de A Pobra. Botar un ollo e en caso de que haxa algunha anomalia , enviar un correo ao club millaraio@gmail.com para que poidamos tentar arranxalo:´
http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2012/04/INSCRICIÓNS-POR-CLUBE.pdf
Deixamos tamén o Horario definitivo:
http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2012/04/HORARIO-A-POBRA-210412-MODIFICADO.pdf
Por outra banda, confirmar que NON SE DARAN BOCADILLOS nesta fase, pois é unha fase comarcal e ofrecen este obsequio apenas nas fases provinciais e campionatos galegos.Confirmamos a saído do autobus as 9:00 dende a parada a carón do parque Eugenio Granel (Paxonal) e que a volta será ao acabar as probas, pero sempre hai a posibilidade de regreso con alguén do clube que vai en coche.
O noso clube levará un importante numero de atletas para a competición (58) en busca de mellorar as suas marcas e probar novas experiencias unha vez que é unha das poucas competicións que ofrece todo o abanico de probas oficiais para os mais pequenos.
Por último, recordar que para a próxima fase pasarán as 16 mellores marcas en cada proba, incluidas as fases de toda a provincia da Coruña, para disputar o campionato provincial no dìa 12/05, competición que dá acceso ao campionarto galego.
Agradecemos a atención e a resposta rápida de todos ante o incidente con os horarios e pedimos disculpas polos problemas, ainda que non foran causados polo clube.
Un saúdo e a animar moito mañan!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario