lunes, 16 de abril de 2012

Escolar En Pista A Pobra do Caramiñal - 21/04 - Intrucións para Inscripción.

Como xa sabedes o vindeiro Sábado temos o campinato Zonal Escolar en A Porbra do Caramiñal, que xunto coa competición realizada en Santiago, dá a opción de clasificación ao Campionato Provincial de Atletismo . As probas e horarios poden consultarse nas entradas enteriores e tamén estan no tablón de entrada no estadio de Atletismo.

Para esta ocasión non fai falta ter unha marca mínima así que todos os atletas poden acudir a competición, pero é necesario que TODOS OS ATLETAS CONFIRMEN QUE ASISTIRÁN E SE VAN A IR EN AUTOBUS GRATUITO con salida as 9:00 da mañan do Sábado na parada de autobuses do parque Eugenio Granel (o mismo do cros). A confirmación debe facerse por correo eletronico como mais tarde o Mércores antes das 22:00h.

A grande maioría xa confirmou as probas ou ben os horarios a que poden acudir, pero os que queren ir e ainda non o fixerón deben facelo no adestramento de hoxe lúns ou por correo eletrónico atá mañan.

Por último, os atletas de categoria Cadete e Xuvenil teran un control de marcas nas pistas de Santiago o vindeiro venres onde poderán facer algunhas probas. Deben o horario do control nas pistas e falar cos adestradores para poder definir a participación no venres e redefinir as do sábado, no seu caso.

Nas competicóns o clube buscará a clasificación de seus atletas para os campionatos provinciais e galegos e tamén cada atleta terá como meta mellorar suas marcas e probar outras probas do programa atlético!

No hay comentarios: