martes, 30 de octubre de 2012

Restaurantes, cafeterías, cervexerías colaboradoras

WWW.RESTAURANTECENTRAL.ES  Comida online        

   VAGALUME   Cafés a 0,85 €   

Cambios Categorías

Alertados pola dirección técnica de millaraio, os organizadores da carreira de Ames correxiron as categorías  que xa deben responder a nova tempada.

Deixamos unha ligazón onde podedes consultar a corrección do regulamento no que se refere as categorías:

http://www.atletismogalego.com/fga/p2.asp?id=2340

Recordamos que aqueles que non van poder participar e ainda non o comunicaron ao Clube, o fagan canto antes para que fagamos as inscripcións apenas dos que iran a competir.

Un saúdo!

jueves, 25 de octubre de 2012

CARREIRA CONCELLO DE AMES


O próximo 4 de novembro vaise celebrar en Bertamiráns a XIII Carreira PedestrePopular de Ames, considerada "Carreira do Clube" de interese especial para Millaraio unha vez que tamén axudamos na colaborarión e se fai no noso concello!!


O regulamento da proba con todo o detalle, podedes consultar aqui:


Tamén é a primeira carreira da tempada, que comenza oficialmente no dia 1º de novembro, e debedes atender que xa se fai o cambio de categorias! A inscripción é gratuita para os escolares e corre a cargo do clube que vai anotar a todos os atletas. Pedimos que aqueles que saben que non  van poder acudir, que o comuniquen por correo en millaraio@gmail.com.

Faremos a foto do clube ese día as 12:00, polo que sería moi importante a presenza de todos os atletas, directivos e adestradores!

Este ano como novidade, a inscripción dos Xuveniles e adultos correrá a cargo de Championchip, polo tanto os xuveniles deben inscribirse individualmente polo sistema de Championchip (www.championchipnorte.com), facendo constar que sodes membros do club Millaraio e, despois da carreira, o Clube vos fará  o reintegro completo da vosa inscripción. Teredes que abonar 3€ se sodes propietarios do chip amarelo, ou 4€ se non sodes propietarios. Os xuveniles que non teñan a intención de correr pola distancia elevada da carreira deben falar con director técnico.

Agardamos a presenza de todos os atletas e tamén pedimos unha axuda aos pais que poidan botar unha man en temas de organización como distribución de augas, camisetas, colocación de vallas, cortes de cruces etc. Enviar un correo a miguelbuela@gmail.com.

Un saúdo!



domingo, 21 de octubre de 2012

MILLARAIO NO CIRCUITO DE CARREIRAS CORRE-SAN

O pasado domingo día 14 de outubro celebrouse a cuarta e última proba do  I Circuito de Carreiras Saudables do Concello de Santiago "Corre San".
O noso club tivo unha destacada participación no circuito, de xeito que, ademais de conquerir varios premios individuais para os nosos atletas, como club acadamos tamén premio á elevada paticipación.
Agardamos que o "Corre San" logre a súa consolidación nos próximos anos e que a nosa participación vaia medrando ainda máis.
¡Noraboa a todos os que o fixechedes posible!

miércoles, 17 de octubre de 2012

Clínica Dental Macía


Como xa sabedes todos os socios, o noso patrocinador principal é o Centro Dental Macía. Queremos aproveitar este espazo de comunicación para difundilo novamente e lembrárvolo tanto aos socios de anos anteriores como ás novas incorporacións.
Animarvos a pasar polas súas dependencias para coñecer os servizos que ofrecen, a súa profesionalidade e atención personalizada e comprobar as modernas instalacións das que dispoñen. Salientar que dispoñen do primeiro SPA dental de España. Deste xeito, contribuiredes a mellorar a vosa saúde bucodental e estaredes apoiando ao patrocinador principal do club.
Ademais, agora podedes aproveitarvos de múltiples oportunidades e descontos presentando a Tarxeta Dental Macía en moitos establecementos comerciais do municipio de Ames. Podedes consultar a lista actualizada dos establecementos na páxina de Centro Dental Macía http://www.dentalmacia.com/es/descuentos-comerciales.

martes, 16 de octubre de 2012

PRIMEIROS PUNTOS MILLARAIO

O club xa ten lista a loteria de Nadal,así que podedes pedila a directiva cando queirades,e comezar a sumar puntos de colaboración do club esta tempada.

Recordamos que a puntuación é a seguinte:

o Talonario 10 €- 1 pto.

o Talonario 25 €- 2,5 ptos.


Tamén queremos animar ós pais empresarios a que vos fagades socios colaboradores e salgades publicitados no noso blog con case 30.000 visitas dende a sua creación e unha media de 100 visitas diarias. moitas pequenas colaboracións fan moito.

Outras maneiras de conseguir puntos son acudir as carreiras do club: 1 punto, (de pista , cros consultar cos adestradores), e carreiras populares 0.25 ata un maximo de 3 puntos por tempada nestas.
Se queredes mais información sobre cómo conseguir puntos falade con María José

viernes, 12 de octubre de 2012

AGRADECEMENTO A MIGUEL UZQUIAGA E ANGELES ESCOURIDO

Esta tempada encontrámonos coa nova de que Mario Uzquiaga Escourido deixa o club.
Pensamos que moitos de vós coñecedes tamén aos seus pais Miguel Uzquiaga e Ángeles Escourido, pois levaban colaborando no club prácticamente dende o primeiro día en que botou a andar. De feito, Ángeles foi a que creou este Blog e a que o encheu de contidos durante dous anos. Miguel tamén colaborou moito co club, tanto dende a directiva como fora dela, sobre todo nos comenzos, que son as épocas mais duras.
É tamén de citar a marca que o blog, creado naqueles momentos de inicio do club, chegase este mes à marca de 30.000 visitas, servindo como medio de comunicación, información e difusión de actividades e novas sobre o atletismo!
Por todo elo  MillaRaio lles quere mostrar publicamente o seu agradecemento e lamenta que cese a súa vinculación co club, confiando en que poidan voltar a incorporarse ao proxecto en vindeiras tempadas.

martes, 9 de octubre de 2012

Carreira de Brión

 
O pasado domingo celebrouse a Carreira pedestre de Brión onde participaron algúns doso nosos atletas de diferentes categorias. Os primeiros en facelo foron os cativos ata 12 anos que fixeron o percorrido de 500m sendo para algúns deles a súa primeira experiencia de competición con o Clube e todos saíron moi ben!!!
Logo, na carreira para mayores,  Rocio García e Andrea González e aceptaron o desafio de cumprir os 7 Km de percorrido, lograron completar o percurso en primeira e segunda posición das súas categorias, así como o veterán Mario González tamén facia súa entrada en meta na carreira con un duro percorrido.

Lamentamos a no inclusión de carreiras con distancias apropiadas para os atletas de 12 a 15 anos, o que impide que esta carreira sexa considerada "Carreira do Clube". esperamos que nas vindeiras edicións a oganización teña en conta este detalle.  Os resultados pódense consultar no seguinte enlace:


sábado, 6 de octubre de 2012

Circuito Carreira CorreSan - Última etapa

O vindeiro Domingo día 14/10 se realizará a 4ª e última etapa do circuito de carreiras organizado polo concello de Santiago. Todos aqueles atletas que correran anteriormente algunha das etapas apareces na clasificiación xeneral do circuito que podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=1035

Xa veredes que algúns atletas de Millaraio aparecen entre os primeiros e teran a oportunidade de facerse con algún galardón na estrega de premios que se fará no estadio de San Lázaro o termino das probas no mesmo día. Tamén optamos ao premio de clube de maior particiación!

Outra novidade é a inclusión no programa de probas para prebenxamíns e benxamíns. A inscripción para estas probas será feita individualmente no mesmo día, no estádio de San Lázaro, a partir das 10:30 sendo o inicio das carreiras de menores as 11:30. /recordade que rixen pola categoria 2011-12 polo que Prebenxamíns son 2005-06 e benxamíns son 2003-04)

Recordamos que esta non é considerada unha "Carreira do Clube" ainda que é recomendada dende o Departamento técnico (Os alevíns e Benxamíns deben correla con tranquilidade, como adestramento). As "Carreiras do Clube" aparecen determinadas no calendario enviado con o proxecto deportivo e as demais carreiras que aparecen no calendario de Millaraio son apenas suxerencias e estan publicadas a modo informativo.

Podedes consultar detalles do circuito da carreira e o regulamento xeral de CorreSan en:

http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=1043


un saúdo!

martes, 2 de octubre de 2012

Restaurantes, cafeterías, cervecerías colaboradoras

WWW.RESTAURANTECENTRAL.ES  Comida online        

   VAGALUME   Cafés a 0,85 €   

  BAR JOY   Milladoiro
                                           

lunes, 1 de octubre de 2012

Resultados CorreSan

Gran participación de atletas do Clube na carreira do circuito CorrerSan o pasado sábado!

Tedes os resultados na páxina da Delegación de atletismo de Santiago:

http://www.fgatletismo.es/santiago/

Noraboa a todos aqueles que enfrentarón a dureza da carreira e fixerón que o azul de Millaraio fora a cor mais vista de todas na carreira de menores!
A próxima carreira será o vindeiro 14/10 nas inmediacións do estadio de San Lázaro onde tera saída e meta. Pedimos a organización que faga un esforzo por poñer unha carreira para os Benxamíns tamén e parece que están traballando no tema para que poidamos levar a todos os atletas do Clube!

Un saúdo!

Horarios Definitivos

Xa tedes no Calendario os horarios definitivos para este curso!  Para que poideran vir algúns atletas cadetes e Xuveniles que teñene clase pola tarde, conseguimos axustar o horario dos lúns para que sexa de 18:30 a 19:30 nas pistas de atletismo.

Así quedan os horarios:

LÚNS :

 Coles/Infantiles: 18:00 a 19:00 - Pistas USC
 Cadetes/Xuveniles: 18:30 a 19:30 -Pistas USC

Benxamín/Alevín: 18:30 a 19:30 - Pabellón Milladoiro

MÉRCORES:


Coles/Infantiles/Cadetes/Xuveniles: 18:00 a 19:00 - Pistas USC

Benxamín/Alevín: 18:30 a 19:30 - Pabellón Milladoiro



SÁBADOS TODOS PISTAS DE ATLETISMO USC:

- Infantíl - Cadete- Xuvenil   -  11:00 a 12:30
- Alevín - 12:00 a 13:30
- Benxamín - 12:30 a 13:30

Un saúdo!