jueves, 25 de octubre de 2012

CARREIRA CONCELLO DE AMES


O próximo 4 de novembro vaise celebrar en Bertamiráns a XIII Carreira PedestrePopular de Ames, considerada "Carreira do Clube" de interese especial para Millaraio unha vez que tamén axudamos na colaborarión e se fai no noso concello!!


O regulamento da proba con todo o detalle, podedes consultar aqui:


Tamén é a primeira carreira da tempada, que comenza oficialmente no dia 1º de novembro, e debedes atender que xa se fai o cambio de categorias! A inscripción é gratuita para os escolares e corre a cargo do clube que vai anotar a todos os atletas. Pedimos que aqueles que saben que non  van poder acudir, que o comuniquen por correo en millaraio@gmail.com.

Faremos a foto do clube ese día as 12:00, polo que sería moi importante a presenza de todos os atletas, directivos e adestradores!

Este ano como novidade, a inscripción dos Xuveniles e adultos correrá a cargo de Championchip, polo tanto os xuveniles deben inscribirse individualmente polo sistema de Championchip (www.championchipnorte.com), facendo constar que sodes membros do club Millaraio e, despois da carreira, o Clube vos fará  o reintegro completo da vosa inscripción. Teredes que abonar 3€ se sodes propietarios do chip amarelo, ou 4€ se non sodes propietarios. Os xuveniles que non teñan a intención de correr pola distancia elevada da carreira deben falar con director técnico.

Agardamos a presenza de todos os atletas e tamén pedimos unha axuda aos pais que poidan botar unha man en temas de organización como distribución de augas, camisetas, colocación de vallas, cortes de cruces etc. Enviar un correo a miguelbuela@gmail.com.

Un saúdo!



No hay comentarios: