O vindeiro Domingo día 14/10 se realizará a 4ª e última etapa do circuito de carreiras organizado polo concello de Santiago. Todos aqueles atletas que correran anteriormente algunha das etapas apareces na clasificiación xeneral do circuito que podedes consultar no seguinte enlace:
http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=1035
Xa veredes que algúns atletas de Millaraio aparecen entre os primeiros e teran a oportunidade de facerse con algún galardón na estrega de premios que se fará no estadio de San Lázaro o termino das probas no mesmo día. Tamén optamos ao premio de clube de maior particiación!
Outra novidade é a inclusión no programa de probas para prebenxamíns e benxamíns. A inscripción para estas probas será feita individualmente no mesmo día, no estádio de San Lázaro, a partir das 10:30 sendo o inicio das carreiras de menores as 11:30. /recordade que rixen pola categoria 2011-12 polo que Prebenxamíns son 2005-06 e benxamíns son 2003-04)
Recordamos que esta non é considerada unha "Carreira do Clube" ainda que é recomendada dende o Departamento técnico (Os alevíns e Benxamíns deben correla con tranquilidade, como adestramento). As "Carreiras do Clube" aparecen determinadas no calendario enviado con o proxecto deportivo e as demais carreiras que aparecen no calendario de Millaraio son apenas suxerencias e estan publicadas a modo informativo.
Podedes consultar detalles do circuito da carreira e o regulamento xeral de CorreSan en:
http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=1043
un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario