martes, 29 de junio de 2010

¡Marchamos de vacacións!


Chegou o final da tempada 2009-2010 en MillaRaio. Parecía tan lonxe aló por outubro, cando esta páxina naceu, e xa están aquí o verán e as vacacións.

Despedímonos ata setembro, mes no que comenzará a próxima tempada. Voltaremos con máis socios, novos proxectos e con forzas renovadas despois das vacacións que tan merecidas temos todos, pequenos e grandes.

Quero dar as grazas á directiva actual de MillaRaio pola confianza depositada en mín para botar a andar, durante a presente tempada, este blog. Manifestar, unha vez máis, a absoluta liberdade que me concederon tanto para escoller os temas publicados como no tratamento dos mesmos e o seu respaldo incondicional ao longo de todo o ano. Algo para mín impagable.

Agradecer tamén aos lectores e seguidores deste espazo, socios do club ou non, que fixeron posible as 18.947 visitas en nove meses de funcionamento da páxina. Grazas pola vosa confianza porque nos motiva a seguir traballando máis e mellor.

Só me queda desexarvos que pasedes un verán estupendo e non esquezades que nos vemos en setembro.

martes, 22 de junio de 2010

Carreira Popular Torre de Hércules

O domingo, 27 de xuño, celebrarase o I Trofeo conmemorativo da Declaración como Patrimonio da Humanidade, a partir das 11:30 h nas proximidades do Parque da Torre de Hércules.
Inscrición ata o mércores 23 de xuño ás 20:00.

Categorías menores 
Benxamín/2001-02/500 m/12:15 h
Alevín/1999-2000/500 m/12:20 h
Infantil e Cadete feminina/1995-1998/1000 m/12:25 h
Infantil e Cadete masculina/1995-1998/1000 m/12:35 h
Prebenxamín/posterior ó 2002/100 m/12:45 h

Entrega de dorsais e chips na zona de saída da carreira de 8:30 a 10:00 horas.
A entrega de premios realizarase na zona próxima á Torre de Hércules a partir das 13:00 horas.

domingo, 20 de junio de 2010

Carreiras na Coruña, Celanova e A Estrada

III Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma (A Coruña)
O sábado, 26 de xuño, en San Pedro de Visma (A Coruña), a partir das 18:00 h
Saída e meta nas inmediacións do Centro Cívico de San Pedro de Visma.
Recollida de dorsais o día da carreira, na zona habilitada coma secretaría no Parque de Bens.

Categorías, horarios e distancias
Biberóns/2002 e posteriores/11:55 h/100 m
Benxamíns/2000-01/11:45 h/ 300 m
Alevíns/1998-99/11:45 h/ 300 m
Infantil/1996-97/11:45 h./600 m
Resto de categorías/11:00 h/ 5.500 m 
Cadete (1994-95), Xuvenil (1992-93), Junior (1990-91), Senior, (1989 ata veteráns), Veteráns A (1969-51), Veteráns B (1950 e anteriores)

Premios: trofeo ao 1º clasificado/a e medalla ao 2º e 3º, trofeo ao corredor máis novo, ao máis veterán e á entidade que aporte máis corredores. Os participantes que crucen a liña de meta, recibirán unha camiseta conmemorativa da carreira, ata esgotar existencias. As categorías de menores tamén recibirán outros agasallos ó rematar a carreira.

VII Carreira Nocturna de Celanova
O sábado, 26 de xuño, en Celanova (Ourense).
Inscrición ata o 24 de xuño, gratuíta. 
Retirada de dorsais o sabado 26, na oficina de turismo e na saída dende as 18:00 h.
Trofeos aos primeiros clasificados nenos/as das seguintes categorías: prebenxamíns, benxamíns, alevín, cadete e xuvenil e recibirán medalla tódolos pitufiños que consigan cruzar a liña de meta.

Percorridos e categorías
Pitufos/2005-2007/100 m
Prebenxamín/2003-2004/500 m
Benxamín/2001-2002/500 m
Alevín/1999-2000/1600 m
Infantil/1997,1998/1600 m
Cadete/1995-1996/1600 m

A saída das carreiras escolares darase na Praza Maior ás 21:00 h.

I Carreira Popular Concello da Estrada
O domingo, 27 de xuño, a partir das 10:00 h na Estrada.
Saída e chegada na praza do concello. 
Inscripcións ata o 23 de Xuño. A inscripción e gratuíta.
Os dorsais poderanse recorrer ata media hora antes do comenzo da proba.

Categorías e distancias
Pitufos/3 a 5 anos/100 m
Benxamíns/6 a 8 anos/300 m
Infantís/9 a 12 anos/1 km
Cadetes/13 a 15 anos/2.5 km
Xuvenís/16 a 19 anos/6.5 km
Promesas/20 a 29 anos/6.5 km
Senior/30 a 36 anos/6.5 km
Veteráns/36 anos en diante/6.5 km

O perfíl do percorrido é casi na súa totalidade chan.
Entregaránse medallas conmemorativas a tódolos participantes nas categorías pitufos, benxamíns e infantís (non haberá trofeos para estas categorías).
Trofeo os tres primeiros por categorías e sexo.

sábado, 19 de junio de 2010

A Milla en fotos

Hugo González e Sunny Seijas, 
2º e 3º clasificados en prebenxamín masculino

Fátima Dell Blanco, 
2ª clasificada en prebenxamín feminino

Entrada en meta de Leo Guazzone, 
vencedor en benxamín masculino 
e Hugo Rodríguez Abel

Entrada en meta de Jaime Ferro, 
2º clasificado en benxamín masculino

Entrada en meta de Antón Nogueira, 
3º clasificado en benxamín masculino, 
Adrián Vispalia e Alba López Portabales

Cristina Sánchez e Sara Vispalia,
2ª e 3ª clasificadas en infantil feminino

Natalia Sánchez recolle un balón que 
lle tocou no sorteo posterior á carreira

Pablo Nogueira tamén recibiu un balón

miércoles, 16 de junio de 2010

Clasificacións da X Milla Urbana de Milladoiro


MillaRaio colaborou co Concello de Ames na organización da Milla Urbana de Milladoiro. Este ano a milla tivo menos participación que en edicións anteriores, arredor de 130 corredores. Un total de 23 nenos e nenas de MillaRaio participaron a pasada fin de semana na carreira.

Prebenxamín homes (330 m)
2. Hugo Gonzáles Olveira (1.15)
3. Sunny Seijas Portas (1.22)
4. Iago Ramos López (1.27)
5. Brais Budiño Cancelas (1.27)
6. Miguel Piñón Álvarez (1.28)
7. Ephrem Canal Piñón (1.29)
8. Mario Uzquiaga Escourido (1.35)
9. Brais Márquez Tarrio (1.38)
10. Mario López Lareo (1.40)
12. Aldán Cascallar Mayo (2.32)

Prebenxamín mulleres (330 m)
2. Fátima Dell Blanco (1.31)

Benxamín homes (990 m)
1. Leonardo Guazzone Mariño (3.52)
2. Jaime Ferro Vilas (4.19)
3. Antón Nogueira González (4.24)

Benxamín mulleres (990 m)
5. Xela Cascallar Mayo (5.28)

Alevín homes (990 m)
4. Hugo Rodríguez Abel (3.54)
5. Jacobo Nogueira Colmeiro (4.02)
6. Adrián Vispalia Moreno (4.25)
7. Pablo Nogueira González (4.41)

Alevín mulleres (990 m)
5. Alba López Portabales (4.26)
6. Natalia Sánchez Pardo (5.02)

Infantil mulleres (1.609 m)
2. Cristina Sánchez Pardo (7.40)
3. Sara Vispalia Moreno (8.58)

Moitos papás e mamás do club tamén se animaron a participar: Miguel Buela, Joaquín Sánchez, Carlos Seijas, José Mª Vispalia, Tito Guazzone, Víctor González, Josefina Pardo, Adriana Mariño, Ángeles Escourido, Mónica Lareo.

Na categoría promesa-senior o adestrador e director deportivo de MillaRaio, Juan Pablo Fernández Rodrigues, resultou vencedor. 

Parabéns a todos.

lunes, 14 de junio de 2010

Resultados do I Trofeo de Atletismo Vila de Noia



60 ml homes benxamín
4. Leonardo Guazzone Mariño (10.50)
7. Antón Nogueira González (11.12)

60 ml homes alevín
5. Hugo Rodríguez Abel (10.36)
6. Jacobo Nogueira Colmeiro (10.64)
8. Pablo Nogueira González (11.90)

500 ml homes benxamín
1. Leonardo Guazzone Mariño (1.41.68)
6. Antón Nogueira González (2.01.89)

500 ml homes alevín
4. Hugo Rodríguez Abel (1.44.20)
5. Jacobo Nogueira Colmeiro (1.45.53)
7. Pablo Nogueira González (2.06.14)

60 ml mulleres alevín 
7. Alba López Portabales (10.62)
10. Natalia Sánchez Pardo (11.18)

80 ml mulleres infantil
3. Cristina Sánchez Pardo (12.95)

500 ml mulleres alevín
3. Alba López Portabales (1.55.67)
7. Natalia Sánchez Pardo (2.16.91)

500 ml mulleres infantil
3. Cristina Sánchez Pardo (1.50.97)

PARABÉNS

domingo, 13 de junio de 2010

Carreiras en Xinzo de Limia e Sober

VI Carreira Nocturna Xinzo de Limia
Celebrarase o sábado, 19 de xuño.
Saída e meta na Praza Maior de Xinzo de Limia
Inscrición ata o 17 de xuño, gratuíta para tódalas categorías.

Categorías, horarios e distancias:
Pitufos/2003 e posteriores/20:30 h/285 m
Benxamín/2001-2002/20:45 h/500 m
Alevín/1999-2000/20:45 h/500 m
Infantil/1997-1998/21:00 h/3.000 m
Cadete/1995-1996/21:00 h/3.000 m
Xuvenil, Iúnior, Promesa, Sénior e Veteráns/21:30 h/6.000 m

Premios 
Pitufos: medallas para os 35 primeiros.
Benxamín e alevín: medallas para os/as 3 primeiros/as
Infantil e cadete: trofeos para os/as 3 primeiros/as

II Carreira Popular Concello de Sober
O domingo, 20 de xuño, a partir das 10:25 h na praza do concello de Sober. 
A inscrición é gratuíta, o prazo remata o xoves 17.
Na proba absoluta cobraranse 2 euros polo aluguer do chip.
Recollida de dorsais e chips dende as 9:00 h ata 30 minutos antes do comenzo de cada proba. 

Distancias cortas, categorías e horarios:
1ª/2005 e posteriores/100 m/10:25 h
2ª/2004-2003/800 m/10:30 h 
3ª/2002-2001/800 m/10:40 h
4ª/2000-1999/1.500 m/10:55 h/control chip
5ª/1998-1997/1.500 m/11:05 h/control chip
6ª/1996, 1995, 1994/2.500 m/11:20 h/control chip
7ª/1993, 1992,1991/2.500 m/11:35 h/control chip
Distancias largas/9.600 m/12:05 h

Entregaranse medallas a tódolos participantes nas distancias cortas. O remate de toda-las probas os corredores participantes serán invitados a un aperitivo.

martes, 8 de junio de 2010

Clara en el país de los alimentos


A través do blog de temática infantil peques y más coñecín a campaña que está a realizar Tulipán coa axuda da Sociedad Española de Dietética y Ciencias de la Alimentación para promocionar unha alimentación san entre os nenos/as. 

Na páxina oficial de Clara en el país de los alimentos atoparedes vídeos coas aventuras de Clara e os seus amigos e xogos variados, por exemplo coa pirámide dos alimentos, que seguro lles gustarán aos nosos atletas.

En come con Clara podedes crear un vídeo persoal para o voso fillo/a que lle axudará a mellorar as súas costumes á hora de comer.

Todos sabemos que a falta de exercicio físico e unha alimentación incorrecta son as causas principais da cada vez maior obesidade infantil. Por iso ensinar aos nosos nenos e nenas a importancia do deporte e a comer axeitadamente a través de xogos ou con vídeos divertidos coma estes parece moi interesante.

lunes, 7 de junio de 2010

I Trofeo de Atletismo en pista en Noia e Milla Urbana en Milladoiro

I trofeo de atletismo en pista Vila de Noia 
Celebrarase o sábado 12 de xuño, no estadio de atletismo de Noia, de 11 a 13:20 h. Os atletas das categorías benxamín, alevín e infantil que o desexen asistirán,  baixo a supervisión de Juan Pablo,  á competición de Noia, que substituirá ao adestramento do sábado.

Os nenos/as de MillaRaio participarán nas probas de velocidade: 
11:00 h/ 60 ml/benxamín e alevín masculino e feminino
11:15 h/80 ml/infantil masculino e feminino 
11:45 h/ 500 ml/benxamín, alevín, infantil masculino e feminino

Os atletas prebenxamíns recibirán o seu adestramento como todos os sábados, nesta ocasión impartido pola atleta Paula Campanero, coñecida xa polos pequenos de MillaRaio.

O domingo 13 de xuño celebrarase a Milla urbana en Milladoiro. Esta carreira é de interés especial para MillaRaio por ter lugar no noso concello. Por  este motivo todos os nenos e nenas do club estarán inscritos para participar nela. A proba terá lugar a partir das 11:00 h na Travesía do Porto, en Milladoiro.

martes, 1 de junio de 2010

Clasificacións da carreira de A Silva (Cerceda)

Mario Vilar Veiga, 1º na categoría chupete masculino 

Lucia Bertussi Lorenzo, 2ª na categoría pitufa feminina

Iago Fuentes García, 3º en alevín masculino 

Alba López Portabales, 5ª en alevín feminino 

Noelia Vilar Veiga non é atleta do club 
pero quixo acompañar ao seu irmán, Mario Vilar, 
e correu na categoría chupete feminino acadando a 4ª posición.

A mamá Natalia Lorenzo tamén se animou a participar. Nesta ocasión, con permiso dos outros participantes, publicamos as palabras dun pai que asistiu a carreira "destacar la carrera de Iago Fuentes García, hizo una carrera de menos a más con muy buena progresión y a punto de terminar segundo"

Non fai falta repetir que en MillaRaio valoramos a todos os atletas polo mero feito de participar, chegar a meta e superarse a si mesmos cada día. Aínda que algúns nenos e nenas xa nos teñen máis que acostumados a conseguir trofeo en cada carreira á que asisten. Parabéns a todos os que participaron.