O vindeiro sábado 25 celébrase a Festa da Mocidade no Milladoiro, onde tódolos/as mozos/as do Concello de Ames poderán gozar da música, das atraccións e das diversas actividades dentro das cales se atopa o Atletismo.
O Club de Atletismo Millaraio foi invitado polo Concello de Ames, grazas o bo traballo da Dirección Deportiva e da Directiva, para achegar a práctica do atletismo os/as mozos/as do noso concello.
A actividade comezará ás 16:30 h no Pavillón de Deportes do Milladoiro, coa supervisión do Director Deportivo e adestradores do club, que achegarán os/as mozos/as a descubrir o atletismo. Ademáis de excplicarlle as diversas modalidades deste deporte, os/as mozos/as poderán levar a cabo a práctica de probas de velocidade, saltos, lanzamentos, etc.
Dende o Club de Atletismo Millaraio convócase a tódolos/as mozos/as a probar co atletismo e si lles gusta invitámolos a "Corre con Nós" e forma parte do club.
Unha aperta da Xunta Directiva.
1 comentario:
Estupenda iniciativa. Felicitar a la directiva y al director deportivo por ello.
Lástima que no podamos asistir para apoyar... pero haremos lo posible por dar a conocer la noticia, que ya está también en twitter @angelesrapa.
Animar a todos los socios del club que lo publiquen en sus cuentas de facebook, twitter o enviar por correo a los amigos, para dar un poco más de publicidad al evento.
Angeles
Publicar un comentario