miércoles, 26 de octubre de 2011

Sábado - Xornada de Lanzamento de Peso con Vitor Gallego -Record de Galicia

O vindeiro Sábado nas pistas de Atletismo da USC contaremos con a presenza do Lanzador de Peso e Disco Victor Gallego, Múltiple Campeón Gallego nas duas discipinas e un dos mellores de España na actualidade.

Victor, que tamén é adestrador e profesor de maxistério, impartirá unha clase aos atletas Infantiles, Cadetes e Xuveniles e tamén fará demostracións das técnicas de lanzamento de peso utilizadas no mais alto nível de competicóns atléticas.


Pedimos aos atletas cadetes e xuveniles que cheguen 15 minutos antes do habitual para realizar o quecemento e así aproveitar mellor o tempo con ese gran atleta e profesional que aceitou colaborar con o proxecto do clube de acercar a seus atletas os mellores deportista e adestradores de atletismo da nosa comunidade.

Un saúdo,

Dirección Técnica.

domingo, 23 de octubre de 2011

Resultados da Carreira Popular de Ames

En primeiro lugar agradecervos a tódolos atletas a vosa asistencia a esta carreira, sobre todo polo mal tempo que nos acompañou durante toda a mañán. Gracias ó voso compromiso logramos ser o clube de atletismo con maior representación na Carreira Popular de Ames.

En segundo lugar comentar que finalmente, e debido ó mal tempo non foi posible realizar a foto de grupo, avisarémosvos con tempo para facer a foto da tempada 2011/2012 coas novas equipacións.

Deixamos unha ligazon cos resultados ofrecidos pola Delegación de Atletismo de Santiago:

http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2011/10/RESULTADOS-ESCOLARES-AMES-2011.pdf

Finalmente darlle os noso parabens ós tres atletas de Millaraio que subiron ó podio esta mañán:

Miguel Piñón Álvarez, segundo clasificado na categoría Prebenxamín masculina.
Teodora Ruso Vidal, terceira clasificada na categoría Prebenxamín femenina.
Laura Cuesta Pereiro, segunda clasificada na categoría Alevín femenina.

Un aplauso para vos, seguide así rapaces...




jueves, 20 de octubre de 2011

Carreira Pedestre Concello de Ames - Bertamiráns

No próximo día 23 de outubro a partir das 11:00 terá lugar a xa tradicional Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, con saída e meta no Paseo Fluvial de Bertamiráns.

Para Millaraio é unha carreira moi importante unha vez que corremos "na casa" e que é a primeira carreira a que acudimos como clube despois da última reestruturación das nosas actividades, alcanzando un novo Record con mais de 70 inscritos, que podería facer támen con que fora o record de participantes de un mesmo club nesta proba.

A participación non é importante só pola cantidade de atletas, pois hai outros bons motivos para acudir todos à carreira  do Domingo. Primeiro porque tradicionalmente facemos a foto da tempada nesta carreira e queremos todos presentes para que quede rexistrado nos nosos archivos o Equipo Millaraio 2011/2012 completo. Para non perder tal acontecemento hai que estar as 10:30 no local da carreira preparados e con boa cara! (nada de cara de sono!)

Por outra banda, os que veñan à carreira terán un "Ponto Millaraio" creditado para logo facer o cambio por material deportivo, sempre  e cando se leve o equipaxe completo do clube:  Chandal e Camiseta Azul de quecemento. Tamén teremos que llevar a camiseta de competición que se entregará no adestramento do Sábado ou, no último caso, no Domingo (apenas para os que non poidan acudir o adestramento Sábado). Por tal motivo, podedes acudir con outra camiseta no adestramento do Sábado unha vez que se dará prioridade a ter equipaxe completo Domingo.

Todos os nosos atletas xa están inscritos na carreira e deben facer a súa inscripción apenas aqueles que non nos entregarón a ficha pois é imposible apuntar atletas sen os datos completos. neste caso facer mención de "Millaraio" como clube na inscripción.

Deixamos a información de categorias e horas das carreiras:

Categoría / Ano de nacemento / Hora / Distancia
Pitufo / Nados no 2007 e posteriores / 11:00 h / 250 m
Prebenxmín / 2004-06 / 11:05 h / 500 m
Benxamín / 2002-03 / 11:10 h / 500 m
Alevín / 2000-01 / 11:20 h / 1.500 m
Infantil / 1998-99 / 11:35 h / 2.500 m
Cadete / 1996-97 / 11:35 h / 2.500 m

Carreira de 7.500 m
Xuvenil-junior / 1992-95 / 12:00 h
Promesa-sénior / 1991 ata veteráns / 12:00 h
Veterano A masculino / 1976-66 / 12:00 h
Veterano B masculino / 1965-56 / 12:00 h
Veterano C masculino / 1955 e anteriores / 12:00 h
Veterana D feminino / 1976-61 / 12:00 h
Veterana E feminino / 1960 e anteriores / 12:00 h
Recorade que as categorias son as mesmas da tempada pasada, unha vez que o cambio de tempada se fai a primeiros de Novembro!

miércoles, 19 de octubre de 2011

CARLA XA CONSIGUEU OS 25 PUNTOS DE ESTA TEMPORADA

Entrevista a Carla Buela 16-10-2.011

-¿Carla que ben que xa consegiches os vintecinco puntos e que os podes cambiar
por material deportivo?

-Si
-¿foi difícil?

-Non
-¿cales foron so primeiros puntos que conseguiches?

- O de asistir a festa do deporte ca vestimenta de Milla Raio, e facer socios a tres
amigos dos meus pais no mesmo dia.
-¿cantos socios colaboradores fiseches?

-Eu fixen os meus abós, algun tio e a tres amigos dos meus pais, meu pai fixo os outros ata 11 socios en
total, amigos de él
-¿enton ata chegar os 25 ptos vendeches moita loteria?
-Bueno, eu vendin 20 participacions, o resto vendeuno meu pai que
coñece a moitisima xente que quixo comprala.
-¿Cal e o último punto que conseguiches?
-O da festa da mocidade en Bertamirans, por ir a festa, participar e
ir ca vestimenta do club.
-¿Vas a seguir conseguindo puntos, a pesar de que non os pordrás chegar a
cambiar, porque xa chegaches o tope desta tempada?

-Si, porque o paso moi ben en Milla Raio, e ademais asi axudo a que
poidamos conseguir mais equipamento, mochilas, camisetas, vallas etc.
-¿ que cantades cando vades a unha carreira os do club?
-Millaraioooo, millaraioooo…  canta entre sonrisas.

Moitas gracias por apoiar a Milla Raioooo

lunes, 10 de octubre de 2011

Millaraio na Festa da Mocidade de Ames

Unha vez mais o noso Clube vai colaborar co Concello ofrecendo unha actividade de Atletismo na Festa da Mocidade, o vindeiro 15 de Outubro Sábado, às 17:00, na Praza de Xavian en Bertamiráns. A información completa podedes encontrar en :

http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=7051&idioma=gl&sec=32

Teremos actividades de Velocidade, Lanzamentos e Saltos onde quen queira probar será benvido e os atletas do noso clube que participen mostrando todo o que xa aprenderon, terán como premio 1 Ponto Millaraio, acumulable para logo cambiar en material deportivo!

Noso obxectivo é levar o atletismo a mais xente e tamén que se vexa o traballo que faz millaraio no fomento da actividade deportiva do noso Concello, ensinando un deporte tan completo como o Atletismo a mais de 70 rapazes e rapazas inscritos nas filas do Clube.

É moi importante que todos  vaian vestidos coa equipación do clube para que se poida identificar quen somos os que xa pertenecen ao clube!

Vémonos sábado, no adestramento pola mañan e na Festa da Mocidade pola tarde. Un día de Deporte Completo con Millaraio!


viernes, 7 de octubre de 2011

Novas Camisetas de Competición


Como xa sabedes estrearemos esta tempada a nova equipación de competición de Millaraio! Durante as vacacións a Dirección Deportiva fixo xestións e contactos para ter unha mostra de camisetas de diferentes tamaños para facer a proba nos primeiros adestramentos e tentar estrealas na carreira de Bertamiráns, primeira carreira que vamos acudir como Clube na nova tempada. Un problema co provedor, que non podía finalmente ofrecer camisetas para os mais pequenos, atrasou as probas das camisetas.

Novas xestións foron feitas e xa teremos na semana que ven as mostras para probar e, se non hai mais imprevistos, o novo provedor garantiza que poderemos estrear  as novas camisetas o dia 23/10 na Carreira de Bertamiráns como previsto!

Unha vez mais agradecer os patrocinadores e os organismos públicos polas axudas e patrocinios que permiten que sigamos mellorando a calidade do traballo, os espazos e materiais de adestramento, tan importantes para o desenvolvemento dos nosos atletas!

miércoles, 5 de octubre de 2011

NOVA ACTUALIZACIÓN DAS EMPRESAS COMO SOCIOS COLABORADORES

Cada dia somos mais, as empresas van pouco a pouco confiando no noso proxecto. A dia de hoxe estas son as empresas que colaboran esta tempada con nos. Gracias a todas.
MACIA
 SALVACOM
LUZETE
ANTIQUA; NOGUEIRA, GONZÁLEZ Y SÁNCHEZ-BRUNETE, ABOGADOS; GRUPO JABE INGENIERIA; V. AUTO; BAR POLÍGONO;
 CAFETERIA CENTRAL
BAR JOY; AUTO VIDRIO PLUS; MAYZU; BABIA;  ANIMAL CENTER; FOGAR DE SEIDON; CAFETERIA LA ROTONDA E RESTAURANTE SQUASH; VIAJES VILORIA; BERNARDO NOGUEIRA PELUQUERIA MUJER HOMBRE ; COMPOSTELA MOTOR;
VALIÑO
VAGALUME; PANADERÍA SAN JOSÉ;
 NOA
OPTICA VINTE; CALVIÑO; CAFELITO

domingo, 2 de octubre de 2011

DIAS, HORAS E LUGARES DE ADESTRAMENTO

Bos dias socios, os que leichedes onte o blog e vedes agora esta entrada co mesmo título e diferente contido, explicarvos que consideramos que era millor non colgar esa cantidade de información no blog, estando o alcance de calqueira cos nomes dos nenos e outra información. Asi xa mandamos os antigos socios un correo con eses datos e os novos pedirvos que mandedos o voso correo electrónico por e-mail o correo de Millaraio, indicando o nome dos atletas. Gracias e perdoade esta confusión que se puido causar  e remitirvos o calendario por si tedes alguna dúbida