jueves, 20 de octubre de 2011

Carreira Pedestre Concello de Ames - Bertamiráns

No próximo día 23 de outubro a partir das 11:00 terá lugar a xa tradicional Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, con saída e meta no Paseo Fluvial de Bertamiráns.

Para Millaraio é unha carreira moi importante unha vez que corremos "na casa" e que é a primeira carreira a que acudimos como clube despois da última reestruturación das nosas actividades, alcanzando un novo Record con mais de 70 inscritos, que podería facer támen con que fora o record de participantes de un mesmo club nesta proba.

A participación non é importante só pola cantidade de atletas, pois hai outros bons motivos para acudir todos à carreira  do Domingo. Primeiro porque tradicionalmente facemos a foto da tempada nesta carreira e queremos todos presentes para que quede rexistrado nos nosos archivos o Equipo Millaraio 2011/2012 completo. Para non perder tal acontecemento hai que estar as 10:30 no local da carreira preparados e con boa cara! (nada de cara de sono!)

Por outra banda, os que veñan à carreira terán un "Ponto Millaraio" creditado para logo facer o cambio por material deportivo, sempre  e cando se leve o equipaxe completo do clube:  Chandal e Camiseta Azul de quecemento. Tamén teremos que llevar a camiseta de competición que se entregará no adestramento do Sábado ou, no último caso, no Domingo (apenas para os que non poidan acudir o adestramento Sábado). Por tal motivo, podedes acudir con outra camiseta no adestramento do Sábado unha vez que se dará prioridade a ter equipaxe completo Domingo.

Todos os nosos atletas xa están inscritos na carreira e deben facer a súa inscripción apenas aqueles que non nos entregarón a ficha pois é imposible apuntar atletas sen os datos completos. neste caso facer mención de "Millaraio" como clube na inscripción.

Deixamos a información de categorias e horas das carreiras:

Categoría / Ano de nacemento / Hora / Distancia
Pitufo / Nados no 2007 e posteriores / 11:00 h / 250 m
Prebenxmín / 2004-06 / 11:05 h / 500 m
Benxamín / 2002-03 / 11:10 h / 500 m
Alevín / 2000-01 / 11:20 h / 1.500 m
Infantil / 1998-99 / 11:35 h / 2.500 m
Cadete / 1996-97 / 11:35 h / 2.500 m

Carreira de 7.500 m
Xuvenil-junior / 1992-95 / 12:00 h
Promesa-sénior / 1991 ata veteráns / 12:00 h
Veterano A masculino / 1976-66 / 12:00 h
Veterano B masculino / 1965-56 / 12:00 h
Veterano C masculino / 1955 e anteriores / 12:00 h
Veterana D feminino / 1976-61 / 12:00 h
Veterana E feminino / 1960 e anteriores / 12:00 h
Recorade que as categorias son as mesmas da tempada pasada, unha vez que o cambio de tempada se fai a primeiros de Novembro!

No hay comentarios: