Unha vez mais o noso Clube vai colaborar co Concello ofrecendo unha actividade de Atletismo na Festa da Mocidade, o vindeiro 15 de Outubro Sábado, às 17:00, na Praza de Xavian en Bertamiráns. A información completa podedes encontrar en :
http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=7051&idioma=gl&sec=32
Teremos actividades de Velocidade, Lanzamentos e Saltos onde quen queira probar será benvido e os atletas do noso clube que participen mostrando todo o que xa aprenderon, terán como premio 1 Ponto Millaraio, acumulable para logo cambiar en material deportivo!
Noso obxectivo é levar o atletismo a mais xente e tamén que se vexa o traballo que faz millaraio no fomento da actividade deportiva do noso Concello, ensinando un deporte tan completo como o Atletismo a mais de 70 rapazes e rapazas inscritos nas filas do Clube.
É moi importante que todos vaian vestidos coa equipación do clube para que se poida identificar quen somos os que xa pertenecen ao clube!
Vémonos sábado, no adestramento pola mañan e na Festa da Mocidade pola tarde. Un día de Deporte Completo con Millaraio!
No hay comentarios:
Publicar un comentario