En primeiro lugar agradecervos a tódolos atletas a vosa asistencia a esta carreira, sobre todo polo mal tempo que nos acompañou durante toda a mañán. Gracias ó voso compromiso logramos ser o clube de atletismo con maior representación na Carreira Popular de Ames.
En segundo lugar comentar que finalmente, e debido ó mal tempo non foi posible realizar a foto de grupo, avisarémosvos con tempo para facer a foto da tempada 2011/2012 coas novas equipacións.
Deixamos unha ligazon cos resultados ofrecidos pola Delegación de Atletismo de Santiago:
http://www.fgatletismo.es/santiago/wp-content/uploads/2011/10/RESULTADOS-ESCOLARES-AMES-2011.pdf
Finalmente darlle os noso parabens ós tres atletas de Millaraio que subiron ó podio esta mañán:
Miguel Piñón Álvarez, segundo clasificado na categoría Prebenxamín masculina.
Teodora Ruso Vidal, terceira clasificada na categoría Prebenxamín femenina.
Laura Cuesta Pereiro, segunda clasificada na categoría Alevín femenina.
Un aplauso para vos, seguide así rapaces...
No hay comentarios:
Publicar un comentario