domingo, 30 de diciembre de 2012

San Silvestre Alameda- Carrera Libre Participación

Deixámosvos a información da San Silvestre que esta tarde-noite se celebrará na Alameda de Santiago.
Non é carreira do clube, pero aconsellamos a participación dos rapaces para que sirva como complemento para o seu adestramento xa que nestas datas o seu rendemento pode verse diminuido tanto polas comilonas coma polo menor número de adestramentos.

 http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=11844

Desexámosvos un Feliz Ano 2013 a todos!!

domingo, 16 de diciembre de 2012

Millaraio gran protagonista do Zonal de Campo a Través


O temporal dos últimos días fixo una pequena pausa para que pasara a primeira cita do cross escolar na Alameda de Compostela o pasado sábado pola maña. Aínda que se rexistraron algunhas baixas de última hora, o Clube levou un total de 56 atletas presentando equipo en TODAS as categorías e, por primeira vez na súa historia, facendo un pleno de clasificacións, pois levaremos un equipo por cada categoría para a próxima fase Intercomarcal!


Calentamiento Alevines


Millaraio acaparou 6 primeiros postos e 2 segundos postos por equipos e tamén clasificou a moitos atletas de maneira individual para a próxima etapa, a realizarse o vindeiro 19/01, previsiblemente tamén na Alameda, onde se decidirán as prazas para o campionato provincial de campo a través, repartidas para os tres primeiros equipos e os 8 mellores atletas individuais de cada categoría.


Unha vez mais fomos a institución deportiva con maior representación e os nosos atletas se comportaron de maneira exemplar, dando o mellor de si e demostrando unha vez mais que contamos con un grupo de atletas marabilloso e que deixan as cores do Clube sempre no mais alto pola súa dedicación, participación e empeño!

Resultados completos:


NOVIDADE ADESTRAMENTOS:

Tendo en conta a disposición do grupo e a proximidade das competicións de xaneiro co período vocacional, dende a Xunta directiva e por suxestión da área técnica, decidiuse que o vindeiro sábado faremos adestramento de maneira normal así como tamén teremos adestramento NAS PISTAS da USC os xoves 27/12 e 03/01 para que non perdamos o contacto cos adestramentos durante moito tempo.

Da mesma maneira faremos adestramento con todos na pista o luns día 07/01 e recordamos que en ningún caso é obrigatoria a asistencia! Todos os detalles estará expostos no calendario do Clube.


sábado, 15 de diciembre de 2012

Sudaderas e lotería

Comentaros a todos os socios que se amplia o prazo para probar as sudaderas e cazadoras ata finais de ano. Para probalas podedes achegarvos pola tenda Centro Deportivo (situada en San Pedro de Mezonzo, Santiago). As sudaderas están totalmente subvencionadas polo clube e entregaranse de forma gratuíta, so tendes que pasar pola tenda  e deixar indicado o voso nome e a talla.
Insistir en que unha vez rematado o prazo o club non se fai responsable de que existan nenos/as sin esta prenda. Por outra banda, as cazadoras teñen un custo de 25 euros e poden ser adquiridas ben usando os puntos que teña o atleta ou ben pagando esta cantidade. A cazadora esta parcialmente subvencionada polo club.
Tamén informaros que o club adquiriu 2 décimos para xogar a lotería do número 5.857. No caso de que o número sexa premiado, este diñeiro será destinado a realizar actividades deportivas.

jueves, 13 de diciembre de 2012

PRIMEIRA GRANDE CITA DO INVERNO- CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Como todos xa saben, o vindeiro sábado 15/12 terá lugar a fase zonal de campo a través escolar no Parque da Alameda, sendo a primeira competición da tempada onde o Millaraio compete por equipos.

Na pasada carreira de Vedra os atletas deixaron unha grande mostra de participación levando a mais de 50 atletas á carreira nunha maña moi fría, que resultou ser unha preparación ideal para as carreiras de resistencia da tempada de cross que comeza coa de sábado. Ademais, vimos con moito entusiasmo a evolución de todos os atletas que xa ven os froitos do seu traballo na mellor resistencia que demostran día tras día, sendo que moitos xa alcanzaron postos de podio nun total de 7 medallas en diferentes categorías de Benxamín a Cadete, sendo o Clube mais galardoado entre todos os participantes no conxunto xeral da competición!



Na competición do vindeiro sábado esta en xogo a clasificación para a próxima fase do Escolar de cros para a cal os 3 mellores equipos de cada categoría se clasifican directamente, así como os 8 mellores atletas de maneira individual. Os equipos se formaron inicialmente por criterios de confirmación de asistencia e logo atendendo a criterios técnicos como evacuación nos adestramentos, comportamento nas carreiras anteriores, estratexia de equipo para aumentar posibilidade de clasificación...etc.  Para as próximas fases os equipos poden sufrir modificacións atendendo ao mesmos criterios.

O mais importante é que todos os atletas están preparados para afrontar ese reto e facer do Millaraio unha vez mais o Clube con mais atletas disputando a fase Zonal do Campo a Través escolar. Estaremos na entrada da alameda (Preto das estatuas das Marias) coa carpa do Millaraio como ponto de encontro e de abrigo!







Horarios aproximados de inicio de proba: (hai que estar 45 minutos antes da súa proba)

                    Hora                       Categoría                     Distancia aproximada
     ---------------------------------------------------------------------------------------------
11                   Benxamin feminino                         500 ms
11,07             Benxamín masculino                     500ms
11,15            Alevin feminino                              600 ms
11,25             Alevin masculino                            800 ms
11,35             Infantil feminino                             800 ms
11,50             Infantil masculino                           1.200 ms
12,05             Cadete feminino                             1.200 ms
12,20             Cadete masculino                          2.500 ms


VÉMONOS O SÁBADO!

lunes, 10 de diciembre de 2012

SUDADERAS E COMIDA DE NADAL DO CLUBE

Comentarvos a todos que finalmente a comida de nadal do clube, que se realizará o sábado día 15 de decembro no restaurante Squash (Milladoiro) será as 14:30 horas. Durante a comida sortearanse algúns agasallos entre os socios e socias que asistan a esta celebración.

Por outra banda recordarvos que o prazo para probar as novas sudaderas do clube na tenda Centro Deportivo (situada en San Pedro de Mezonzo, Santiago), remata o vindeiro día 11 de decembro.
As sudaderas están totalmente subvencionadas polo clube e entregarnse de forma gratuita, so tendes que pasar pola tenda  e deixar indicado o voso nome e a talla.

Empresas patrocinadoras e colaboradoras

* Librerías e papelerías

     O TINTEIRO, libros de texto, material escolar, regalos.  
                         Milladoiro

* Cristalería de automoción

       GLASSDRIVE -  GRUPO AUTO VIDRIO
                         Milladoiro, Ribeira, Cee

* Restaurantes, cafeterías, cervecerías

 WWW.RESTAURANTECENTRAL.ES  Comida online        

   VAGALUME   Cafés a 0,85 €   

  BAR JOY
                                           Milladoiro 

* Cortinas e edredóns

          MAYZU. O Milladoiro

* Mascotas, animais

          CENTRO MASCOTA. O Milladoiro 

Queremos agradecer a todos os patrocinadores e colaboradores o seu apoio. Como xa sabedes, todos son importantes, pois cada un na súa media axuda a consolidar este proxecto deportivo. 

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Xa temos novo Presidente: José David García Arcos

Como vos anunciamos hai xa uns días, xa temos novo Presidente no Club de Atletismo MillaRaio. Se trata de José David García Arcos, pai do atleta Luis García Jueguen. Soamente se presentou esta candidatura, polo que, según a convocatoria, o día seguinte de rematar o prazo para presentar candidaturas y posto que cumpría os requisitos necesarios, foi proclamado presidente electo do clube.

Asi pois, xa non será necesrio que o día 15 se celebren eleccions,polo que todos poderemos disfrutar da xornada de cross progarmada par ese día, e do xantar de nadal.

Noraboa David!

martes, 4 de diciembre de 2012

REMATA O PRAZO PARA A COMIDA DO CLUBE

Hola a todos, recordarvos que mañán dia 5 de Decembro remata o prazo para inscribirse na comida de Nadal do clube.

A comida será coma os dous últimos anos no RESTAURANTE SQUASH no Milladoiro.
 O menú será o mesmo que o do ano pasado.  
NENOS: Entremeses, pasta a bolognesa postre, refrescos e auga  PREZO 7€
ADULTOS: Entremeses, a elixir carne ou peixe, viño, auga, postre e café PREZO 10€
Para anotarvos tedes como data límite o 5 de Decembro  no seguinte correo: miguelbuela@gmail.com.  
Para pagar teredes que facelo na conta de Novagalicia Banco 2080 0372 82 3040011333 antes do dia 7 de Decembro. As persoas que no teñan conta en Novagalicia Banco para evitar que teñan que pagar 3€ de GASTOS POLA TRANSFERENCIA poden entregarlle os cartos as persoas da directiva que encontren nos adestramentos antes do dia 7.
Para facilitar a anulación por causas xustificadas, o club devolverá os cartos a todas as persoas que o comuniquen con tres días de antelación; se faltan menos de tres días non se devolverán os cartos porque o restaurante xa terá comprada a materia prima.
Na inscripción dos adultos por favor indicade se queredes carne ou pescado.
ESTE ANO NON SE ANOTARA A NADIE FORA DE PRAZO o supoñer moitos problemas coa organización.
Animádevos!!!!

Control de Marcas

No mesmo día en que o Clube recebeu a distición de mellor Clube de Ames os nosos atletas facian, pola mañana, o primeiro contacto con as probas de pista na tempada. O control de Marcas tiña como obxectivo, retomar a experiencia das competicións en pistas antes de comenzar as competición baixo teito en xaneiro e febreiro.

Sabemos todos que é inicio de tempada e que os traballos ainda non se centran na preparación específica de probas de pista, pero os nosos atletas fixeron un gran papel, acadando en moitos casos millores marcas persoais en diferentes probas e mínimas para o campionato cadete en saltos e velocidade, facendo prever que teremos boa representación no campionato en febreiro!

Mención especial para a duas valientes da Marcha Vanesa Varela e Natalia Sanchez que estrenarón o palmares de participacións do clube en campionatos galegos esta tempada. Vanesa completou por primeira vez unha proba tan dura como os 5km marcha cunha marca sobre 40' e Natalia, aínda que sen moito entreno específico,  mellorou sua marca en 3Km parando o crono en 25'35" mellorando en mais de 5' a marca da sua primeira competición na proba o ano pasado.

Resultados:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201213/Santiago/S011212.pdf

lunes, 3 de diciembre de 2012

VII GALA DO DEPORTE DE AMES

O pasado sábado 01 de decembro tivo lugar a VII gala do deporte do Concello de Ames na Casa da Cultura do Milladoiro, a gala foi presentada polos xornalistas Diego Viaño e Terio Carrera que exerceron de mestres de cerimonia e foron os encargados de presentar e conducir esta gala. A Gala estivo presidida polo alcalde de Ames, Santiago Amor, que estivo acompañado do concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, e doutros concelleiros e concelleiras da corporación municipal. Ademais, o acto contou coa presenza do triatleta Javier Gómez Noya, subcampión olímipico en Londres 2012.


 Na gala recoñeceuse a labor do noso clube, gañando o Millaraio o premio ao mellor clube do Concello de Ames neste 2012, asi que PARABÉNS A TODOLOS ATLETAS, PAIS E NAIS por este novo éxito do clube. Tamén temos que agradecer ós nosos patrocinadores, en especial  a CENTRO DENTAL MACIA, polo constante apoio ó noso clube.



Tamén foi galardoado co premio de recoñecemento especial o noso presidente FRANCISCO MIGUEL BUELA CRUCES, tanto pola sua maravillosa e incansable labor fundando e facendo crecer o noso clube o MILLARAIO, coma polo seu traballo en prol do deporte e en especial do atletismo dentro do Concello de Ames, felicidades Miguel.