O temporal dos
últimos días fixo una pequena pausa para que pasara a primeira cita do cross
escolar na Alameda de Compostela o pasado sábado pola maña. Aínda que se
rexistraron algunhas baixas de última hora, o Clube levou un total de 56 atletas
presentando equipo en TODAS as categorías e, por primeira vez na súa historia,
facendo un pleno de clasificacións, pois levaremos un equipo por cada categoría
para a próxima fase Intercomarcal!
Calentamiento Alevines |
Millaraio
acaparou 6 primeiros postos e 2 segundos postos por equipos e tamén clasificou
a moitos atletas de maneira individual para a próxima etapa, a realizarse o
vindeiro 19/01, previsiblemente tamén na Alameda, onde se decidirán as prazas para o campionato provincial de campo a través, repartidas para os tres
primeiros equipos e os 8 mellores atletas individuais de cada categoría.
Unha vez mais
fomos a institución deportiva con maior representación e os nosos atletas se
comportaron de maneira exemplar, dando o mellor de si e demostrando unha vez
mais que contamos con un grupo de atletas marabilloso e que deixan as cores do
Clube sempre no mais alto pola súa dedicación, participación e empeño!
Resultados completos:
NOVIDADE
ADESTRAMENTOS:
Tendo en conta a
disposición do grupo e a proximidade das competicións de xaneiro co período vocacional,
dende a Xunta directiva e por suxestión da área técnica, decidiuse que o
vindeiro sábado faremos adestramento de maneira normal así como tamén teremos
adestramento NAS PISTAS da USC os xoves 27/12 e 03/01 para que non perdamos o
contacto cos adestramentos durante moito tempo.
Da mesma maneira faremos
adestramento con todos na pista o luns día 07/01 e recordamos que en ningún
caso é obrigatoria a asistencia! Todos os detalles estará expostos no calendario
do Clube.
No hay comentarios:
Publicar un comentario