O pasado sábado 01 de decembro tivo lugar a VII gala do deporte do Concello de Ames na Casa da Cultura do Milladoiro, a gala foi presentada polos xornalistas Diego Viaño e Terio Carrera que exerceron de mestres de
cerimonia e foron os encargados de presentar e conducir esta gala. A
Gala estivo presidida polo alcalde de Ames, Santiago Amor, que estivo
acompañado do concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, e doutros
concelleiros e concelleiras da corporación municipal. Ademais, o acto
contou coa presenza do triatleta Javier Gómez Noya, subcampión olímipico en Londres 2012.
Na gala recoñeceuse a labor do noso clube, gañando o Millaraio o premio ao mellor clube do Concello de Ames neste 2012, asi que PARABÉNS A TODOLOS ATLETAS, PAIS E NAIS por este novo éxito do clube. Tamén temos que agradecer ós nosos patrocinadores, en especial a CENTRO DENTAL MACIA, polo constante apoio ó noso clube.
Tamén foi galardoado co premio de recoñecemento especial o noso presidente FRANCISCO MIGUEL BUELA CRUCES, tanto pola sua maravillosa e incansable labor fundando e facendo crecer o noso clube o MILLARAIO, coma polo seu traballo en prol do deporte e en especial do atletismo dentro do Concello de Ames, felicidades Miguel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario