Como todos xa
saben, o vindeiro sábado 15/12 terá lugar a fase zonal de campo a través
escolar no Parque da Alameda, sendo a primeira competición da tempada onde o
Millaraio compete por equipos.
Na pasada
carreira de Vedra os atletas deixaron unha grande mostra de participación levando
a mais de 50 atletas á carreira nunha maña moi fría, que resultou ser unha
preparación ideal para as carreiras de resistencia da tempada de cross que comeza coa de
sábado. Ademais, vimos con moito entusiasmo a evolución de todos os atletas que
xa ven os froitos do seu traballo na mellor resistencia que demostran día tras
día, sendo que moitos xa alcanzaron postos de podio nun total de 7 medallas en
diferentes categorías de Benxamín a Cadete, sendo o Clube mais galardoado entre
todos os participantes no conxunto xeral da competición!
Na competición do
vindeiro sábado esta en xogo a clasificación para a próxima fase do Escolar de
cros para a cal os 3 mellores equipos de cada categoría se clasifican
directamente, así como os 8 mellores atletas de maneira individual. Os equipos
se formaron inicialmente por criterios de confirmación de asistencia e logo
atendendo a criterios técnicos como evacuación nos adestramentos, comportamento
nas carreiras anteriores, estratexia de equipo para aumentar posibilidade de
clasificación...etc. Para as próximas
fases os equipos poden sufrir modificacións atendendo ao mesmos criterios.
O mais importante
é que todos os atletas están preparados para afrontar ese reto e facer do
Millaraio unha vez mais o Clube con mais atletas disputando a fase Zonal do
Campo a Través escolar. Estaremos na entrada da alameda (Preto das estatuas das Marias) coa carpa do Millaraio como ponto de encontro e de abrigo!
Horarios
aproximados de inicio de proba: (hai que estar 45 minutos antes da súa proba)
Hora Categoría Distancia aproximada
---------------------------------------------------------------------------------------------
11 Benxamin feminino
500 ms
11,07 Benxamín masculino 500ms
11,15 Alevin feminino 600 ms
11,25 Alevin masculino 800
ms
11,35 Infantil feminino 800 ms
11,50 Infantil masculino 1.200
ms
12,05 Cadete feminino 1.200
ms
12,20 Cadete masculino 2.500
ms
VÉMONOS
O SÁBADO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario