A participación
do Atletismo Millaraio no Campionato Galego Cadete en PC estivo chea de éxitos tanto a
nivel de mellores marcas coma de resultados por puestos.
Samuel Huesca
fixo un moi bo lanzamento de peso (9.70, Record do Clube!), mellorando mais de
1 metro e medio súa anterior marca, o que lle permitiu acadar o 6º posto.
Ademáis, correu os 50 m.l dunha forma extraordinaria, baixando de 7” por
primeira vez e quedando as portas da final.
O ansiado metal para o Clube chegaría
das dos pés de Martín Fernández que
acadou a medalla de prata no salto de lonxitude cunha marca de 5.32 quedándose
a menos de 50cm da mínima para o Campionato Nacional. O atleta que tamén estivo
a punto de pasar á final dos 50 m.l, realizou unha grande serie de saltos,
todos por encima dos 5m, demostrando unha boa regularidade!
A nosa atleta
completa de combinadas Andrea González, tiña unha maratón de probas por diante! Pola Mañana, correu as series e as semifinais
dos 50m.l (7”44) e participou na final de Salto de Lonxitude onde non tivo fortuna no axuste do talonamento e
realizou 3 nulos quedando fora da mellora. Pola tarde, na carreira con valos
fixo unha boa actuación (9”25, MMP), tendo en conta o pouco adestramento
específico de esta proba que ten feito ata agora.

Resultados Galego Cadete PC
É un grande orgullo para o clube levar a 7 atletas a unha competición autonomica onde se retan contra os mellores atletas de Galicia e por ribaTODOS melloran suas marcas persoais!
Parabéns para todos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario